Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tratamento de Augas Residuais e Naturais Código 610311609
Titulación
Licenciado en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Cuarto Quinto Optativa 10
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Con esta materia o alumnado adquirirá os coñecementos básicos acerca da caracterización de augas residuais, dos procesos (físicos, químicos e biolóxicos) e tecnoloxías de tratamento, e do predeseño de instalacións de tratamento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A11 Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química.
A13 Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A27 Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a problemática da contaminación da auga, as actuacións en prvención e as tecnoloxías dispoñibles para a súa depuración. A7
A11
A13
A22
A24
A25
B3
C1
C6
Resolver problemas relacionados cos distintos procesos de tratamento da auga. A11
A13
A24
A27
B2
B3
C6
Coñecer os parámetros de caracterización da auga e a súa determinación no laboratorio. A1
A7
A20
B2
C1
C6
Interpretar datos e resultados obtidos de medidas de laboratorio. A1
A14
A16
A20
A21
A24
B2
B3
C6
Manexar a bibliografía para a busca de información científico-técnica. A13
A14
A16
B6
B7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución - Augas residuais: orixen, volumes e características
- Efectos ambientais do vertido de augas residuais
- Lexislación.
- Alternativas e clasificación dos métodos de tratamento
Tema 2. Prevención da contaminación. Tecnoloxías limpas. - Prevención na orixe e minimización
- Minimización de augas residuais na industria. Exemplos
- saneamento ecolóxico: ECOSAN
- Medidas e opcións de reforma do modelo convencional de saneamento
Tema 3. Tratamentos físicos - Tratamentos preliminares: Desbaste. Reixas, Tamices, Desareadores, Teoría da sedimentación de partículas discretas, Dimensionamento dun desareador, Rendemento, Desengraxado
- Sedimentación: Sedimentadores: clasificación. Sedimentación clase II. Tanques de sedimentación primaria. Sedimentación clase III: sedimentación zonal ou retardada. Sedimentación clase IV: zona de compresión. Sedimentación acelerada. Sedimentadores secundarios. Dimensionado dos tanques de sedimentación secundaria.
- Flotación.
Tema 4. Procesos químicos de tratamento - Coagulación e floculación: Dinámica de partículas coloidais. Estabilidade. Forzas de atracción e repulsión entre partículas coloidais cargadas. Efecto da concentración iónica da solución. Punto isoeléctrico. Efecto do pH. Desestabilización de coloides. Coagulación.
- Oxidación e redución química: Oxidación completa e oxidación parcial. Oxidación e substitución. Oxidación con osíxeno. Oxidación con ozono. Oxidacións con permanganato e con compostos de cloro (Cl2 e ClO2).
- Outros procesos químicos.
Tema 5. Bases cinéticas e microbiolóxicas dos procesos biolóxicos - Introdución aos procesos biolóxicos
- Parámetros cinéticos no proceso aerobio
- Parámetros cinéticos no proceso anaeróbio
- Parámetros cinéticos na eliminación biolóxica de nutrientes
Tema 6. Tecnoloxías do tratamento aerobio - Proceso de lodos activos. Balance e deseño
- Aireación. Transferencia de osíxeno. Equipos de aireación
- Aireación prolongada. Balace e deseño
- Lagoas aireadas. Balance e deseño
- Filtros percoladores. Balance e deseño
Tema 7. Tecnoloxías do tratamento anaerobio - Sistemas de biomasa suspendida
- Sistemas de biomasa adherida.
- Sistemas híbridos.
Tema 8. Eliminación de nutrientes (N e P) - Introdución. Ciclo do N.
- Balances e deseño dunha planta de nitrificación combinada
- Desnitrificación.
- Eliminación de P por precipitación.
- Eliminación biolóxica de fósforo.
- Procesos de eliminación de N e P. Clasificación e esquemas dos procesos máis utilizados, AO, AAO, Bardenpho, Phostrip, SBR.
Tema 9. Tratamentos naturais e de baixo custo - Fosa séptica e Tanque Imhoff.
- Tratamento en dixestores anaerobios
- Depuración en humidais construídos
- Sistemas de depuración dixestor-humidal
- Algúns exemplos de instalacións e prestacións
- Parámetros de deseño e dimensionamento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A7 A11 A13 A14 A16 A20 A21 A22 A24 A25 A27 B2 B3 B6 B7 C1 C6 4 246 250
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Probas obxectivas: exame presencial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A7 A11 A13 A14 A16 A20 A21 A22 A24 A25 A27 B2 B3 B6 B7 C1 C6 Avaliarase o coñecemento da materia a través da realización dun exame presencial. 100
 
Observacións avaliación

O aprobado requerirá unha nota media mínima de 5 (sobre 10) na Proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica

Metcalf & Eddy. Tratamiento, evacuación y reutilización de aguas residuales. Labor. Barcelona (1995).

Henze, M., Harremoes, P., Jansens, J. & Arvin, E. Wastewater treatment. Springer-Verlag, New York (1995).

Weber, W.J. Control de la calidad del agua. Procesos fisicoquímicos. Ed. Reverté. Barcelona (1979).

APHA, Standard Methods for the Examination of Water and Wastewater. 20th ed., Washington DC, USA (1998).

VV.AA. Auga e sustentabilidade.Adega Cadernos nº 11. Santiago de Compostela (2003).

Lens, P; Zeeman, G. e Lettinga, G. (Ed.). Decentralised sanitation and reuse; concepts, systems and implementation. IAW Plublishing, London (2001).

Ramalho, R. S. Tratamiento de aguas residuales. Ed. Reverté. Barcelona (1991).

Proyecto Depuranat. Gestion sostenible del agua residual en entornos rurales. Ed. Netbiblo (ISBN978-84-9745-383-7), A Coruña (2008).

C.P. Leslie Grady, Jr.; Glen T. Daigger; Nancy G. Love and Carlos D. M. Filipe. Biological Wastewater Treatment. Third Edition IWA Publishing, CRC Press Taylor and Francis Group. (2012)

 

Bibliografía complementaria (). . www.agua-dulce.org
(). . www.ecodes.org
(). . www.unizar.es/fnca
(). . www.depuranat.itccanarias.org
(). . www.gtz.de/en/themen/umwelt-infrastruktur/wasser/9399.htm
Cuesta e Neira (Ed.) (2009). Auga e sustentabilidade. Enfoques para unha nova política de augas . (Lugo: Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É importante ter coñecementos de ferramentas informáticas tales como as follas de cálculo, procesadores de texto, etc.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías