Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Tratamento de Residuos Sólidos Urbáns e Industriais Código 610311610
Titulación
Licenciado en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Cuarto Quinto Optativa 5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia optativa impártese no segundo ciclo da Licenciatura en Química. Xunto con outras materias como Tratamento de augas residuais e naturais, conforma unha especialización en tecnoloxías ambientais desde a química. O programa inclúe tanto elementos básicos de xestión como as tecnoloxías de tratamento, co obxectivo dunha formación xeral ao tempo que avanzada sobre residuos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A11 Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A13 Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A27 Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as distintas tipoloxías de resíduos e as súas características A7
A12
A13
A17
A18
A20
A27
B3
B6
C1
C4
C7
Coñecer e valorar os aspectos básicos das técnicas e procesos para o manexo e tratamento de residuos. A11
A13
A23
A25
A27
B6
C5
C7
Avaliar a situación actual da xestión dos resíduos na comunidade ou nun ámbito territorial determinado. Valorar planos, propostas e proxectos relativos ao eido da xestión de resíduos A16
A27
A28
B3
C3
C4
C6
Desenvolver actividades profisionais relacionadas coa xestión de residuos na administración, no ensino ou na empresa privada. A24
A25
A27
B2
B3
B4
B6
B7
C4
C5
C6
C7
C8
Elaborar esquemas, cadros e resumos B1
B2
B3
Desenvolver a capacidade de traballar en grupo B5
B7

Contidos
Temas Subtemas
1. OS RESIDUOS 1.1. Definición. Tipos e características. Inventarios.
1.2. Impacto ambiental dos residuos e da súa xestión.
1.3. Alternativas de tratamento. Evolución. Aspectos económicos
1.4. Lexislación e Planos de xestión.
2. PREVENCIÓN
2.1. Razóns para a prevención. Introdución á minimización de residuos e emisións.
2.2. Planificación da minimización de residuos e emisións nas actividades produtivas e nos servizos.
2.3. Redución en orixe e reutilización de residuos sólidos urbanos.
3. CLASIFICACIÓN E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESÍDUOS 3.1. Recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.
3.2. Lexislación e planificación da recollida selectiva de envases e residuos de envases.
3.3. Recollida de residuos perigosos e especiais.
4. RECICLAXE DE FRACCIÓNS DE RESÍDUOS 4.1. Clasificación de RSU en destino. Calidade e comercialización.
4.2. Balances ambientais da reciclaxe e da compostaxe.
5. EDUCACIÓN AMBIENTAL NA XESTIÓN DOS RESIDUOS 5.1. Estratexias de educación ambiental. Programa de educación ambiental para a xestión de residuos sólidos urbanos.
6. TECNOLOXIAS DE TRATAMENTO.
I: A compostaxe de residuos.
6.1. O proceso de compostaxe. Parámetros de control
6.2. Tecnoloxías de compostaxe
7. TECNOLOXIAS DE TRATAMENTO.
II: Biometanización
7.1. Dixestión anaerobia
7.2. A tecnoloxía anaerobia para o tratamento da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos
8. TECNOLOXIAS DE TRATAMENTO.
III: Tratamentos térmicos
8.1. Procesos Térmicos. Datos enerxéticos dos residuos. Incineración de RSU
8.2. Avaliación e control da contaminación de incineradoras.
9. TECNOLOXIAS DE TRATAMENTO.
IV: Tratamentos fisicoquímicos
9.1. Residuos perigosos. Procedemento de xestión no CTRIG
9.2. Métodos de tratamento fisicoquímico. Exemplos
10. XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS ESPECIAIS 10.1. Residuos agrogandeiros. Residuos sanitarios.
10.2. Residuos da construción e derrubo (RCD). Lodos de depuración.
10.3. Pneumáticos usados. Aceites de locomoción e outros.
11. VERTIDO CONTROLADO DE RESIDUOS 11.1. Tipos e normativa sobre vertedoiros. Deseño, operación e control de vertedoiros.
11.2. Exemplos: Vertedoiro de RSU de Compostela; Vertedoiro de RP de As Somozas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 24 36 60
Prácticas de laboratorio 6 12 18
Proba obxectiva 3 0 3
Seminario 9 27 36
Saídas de campo 3.5 5.25 8.75
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos claves. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos, táboas e resumo que considere oportuno.
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos, e métodos de seguimento dos mesmos e caracterización de residuos, seguida da obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo. Implicará a consulta de fontes bibliográficas específicas.
Proba obxectiva Consiste nun exame con posibilidade de dous tipos de perguntas, preguntas tipo subtema e preguntas breves, que versarán sobre os contidos traballados na materia.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e achega de documentación para a súa análise, estudo-debate e conclusións no grupo.
Saídas de campo Realizarase unha visita a unha instalación de tratamento de residuos, na que o/a alumno/a deberá recoller información directa, completala con información adicional (independente ou de diversas fontes), analizala criticamente e sacar conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio terá lugar directamente durante a súa realización.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo Realización das saídas de campo (visitas a plantas de tratamento) e elaboración dunha memoria conforme ós aspectos formais básicos. 5
Sesión maxistral Avaliación continuada da participación do/a alumno/a nas mesmas. Volorarase a asistencia ás clase e a participación do/a alumno/a. 20
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme valorarase neste apartado. 10
Proba obxectiva Valoración da resposta a cada unha das preguntas na escala de 0 a 10, en relación cos contidos tratados na materia. O profesor indicará o peso relativo de cada unha das preguntas. 50
Seminario Avaliación continuada da participación do/a alumno/a e dos resultados acadados do seu traballo (exercicios, revisión de temas e lecturas). 15
 
Observacións avaliación

As memorias de laboratorio e traballos e/ou exercicios de seminario deberán ser entregadas nun prazo máximo que especificará o profesorado con antelacion suficiente.


A cualificación de "non presentado " darase a quen participara en menos do 20% do conxunto das actividades programadas.


Tanto a asistencia ás saídas de campo e ás prácticas de laboratorio como a superación das mesmas (por medio das memorias correspondentes) é condición necesaria para supera-la materia en tódolos casos.


Nas convocatorias extraordinarias computará en exclusiva a correspondente proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica G. Tchobanoglous, H. Theisen and S.Vigil (1994). GESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS SÓLIDOS. Madrid. McGraw-Hill
Institut Cerdá (1994). MANUAL DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS Y EMISIONES INDUSTRIALES. Barcelona
DOG e BOE (Varios). Normativa sobre Residuos. -
X.E. Castells (2000). RECICLAJE DE RESÍDUOS INDUSTRIALES. Madrid. Díaz de Santos

Bibliografía complementaria Moreno Casco, J. / Moral Herrero, R. (2008). COMPOSTAJE . Madrid. Mundi Pres.
Alfonso del Val (1991). EL LIBRO DEL RECICLAJE: MANUAL PARA LA RECUPERACIÓN Y APROVECHAMIENTO DE LAS BASURAS . Ed. Integral
(). http://www.envirowise.gov.uk/; www.sogama.es;.
(). http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.adega.info; http://reports.eea.europa.eu; http://www.epa.gov/epaoswer/non-hw/reduce/;.
Varios Autores (1994). OS RESIDUOS NA GALIZA. Baía Edicións, A Coruña
Xunta de Galicia (2010). PXRUG- Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020. Santiago de Compostela


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías