Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Técnicas Celulares Código 610441001
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Coordinación
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
julian.yanez@udc.es
Profesorado
Bernal Pita da Veiga, angeles
Castro Castro, Antonio Manuel
Folgueira Otero, Mónica
Insua Pombo, Ana Maria
López Armada, María José
Rioboo Blanco, Carmen
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
antonio.castro@udc.es
m.folgueira@udc.es
ana.insua@udc.es
carmen.rioboo@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Materia obrigatoria centrada nos cultivos celulares animais e vexetais, así como nos fundamentos e aplicacións de técnicas de microscopía, análise de imaxe, citometría de fluxo e análise de cromosomas.

Pendente de incluir polos servicios de GADU, a profesora do INIBIC Dra. Dna. María José López Armada (MA.Jose.Lopez.Armada@sergas.es).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións
A2 Capacidade de traballar de xeito seguro nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco
A13 Capacidade para integrarse profesionalmente en servizos do sector sanitario, farmacéutico, veterinario, produción animal, biotecnoloxía ou industrias do sector da alimentación
B3 Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B4 Capacidade de organización e planificación do traballo: que sexan capaces de xestionar a utilización do tempo así como os recursos dispoñibles e organizar o traballo no laboratorio

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos teóricos nos que se basean técnicas relativas a microscopía (e análise de imaxe), cultivos celulares (vexetais e animais), citometría de fluxo e citoxenética. AI1
AI2
Adquirir as destrezas básicas no manexo e uso da aparataxe e instrumental requirido para o desenvolvemento de técnicas celulares. AI1
AI2
AI13
Coñecer as aplicacións de distintas técnicas celulares. AI1
Deseñar, planificar e desenvolver experimentos en relación coas técnicas aprendidas. AI1
AI2
BI3
BI4

Contidos
Temas Subtemas
Microscopía e análise de imaxe
Fundamentos, técnicas e aplicacións de microscopía óptica e electrónica.
Microscopía de fluorescencia e de varrido confocal: técnicas avanzadas de fluorescencia e aplicacións.
Introdución ás técnicas de procesado e análise de imaxe.
Cultivos celulares Introdución aos cultivos celulares. Tipos de cultivos. Requirimentos dos cultivos celulares. Cuantificación de parámetros celulares. Contaminacións. Citotoxicidade.
Cultivos in vitro de tecidos vexetais. Calos. Cultivo de células vexetais en suspensión.
Citometría de fluxo Principios e métodos xerais de citometría.
Preparación de mostras e estandarización de protocolos de análise.
Análise funcional de células.
Técnicas Citoxenéticas Obtención de preparacións cromosómicas e cariotipo. Hibridación in situ convencional. Técnicas avanzadas de hibridación in situ fluorescente (FISH).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 14 28 42
Prácticas de laboratorio A1 A2 A13 B3 B4 28 42 70
Traballos tutelados A1 B3 0 19 19
Proba mixta A1 B3 2 15 17
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos fundamentos e aspectos teórico-prácticos relacionados coas distintas técnicas empregadas en Bioloxía Celular.
Prácticas de laboratorio As prácticas representan unha parte indispensable da materia e nelas abordaranse aspectos prácticos e aplicacións das distintas técnicas celulares. Desenvolveranse en laboratorios e instalacións específicas: laboratorios da Facultade de Ciencias, laboratorios do Instituto de Investigacións Biomédicas (INIBIC) e Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da UDC.
O alumno desenvolverá protocolos de laboratorio e asistirá a demostracións de uso de equipos de investigación.
Traballos tutelados Elaboración de traballos e/ou resolución de cuestionarios e problemas sobre aspectos concretos das técnicas utilizadas.
Proba mixta Consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test e/ou de resposta curta sobre aspectos teóricos, prácticos e aplicacións das técnicas tratadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Titorías personalizadas ou en grupo dedicadas á resolución de dúbidas e a proporcionar orientación sobre as actividades programadas. As tutorías personalizadas poderán ser realizadas vía telefónica e/ou telemática.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B3 Valorarase a adquisición de coñecementos sobre os fundamentos teóricos e aplicacións, claridade das explicacións, capacidade de integrar e relacionar a información tratada e a capacidade de interpretar datos e resolver problemas. 50
Prácticas de laboratorio A1 A2 A13 B3 B4 Valorarase a implicación, a destreza nas tarefas planificadas e o coñecemento dos riscos potenciais que leva consigo o desenvolvemento destas. 20
Traballos tutelados A1 B3 Valorarase a capacidade de deseñar e planificar experimentos, interpretar datos e/ou resolver cuestionarios. 30
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para ser avaliado. En caso de non superar a materia na primeira oportunidade da convocatoria, as cualificacións obtidas nos traballos tutelados e prácticas conservaranse para a segunda oportunidade. As matrículas de honra outorgaranse preferentemente entre os alumnos presentados na avaliación correspondente á primeira oportunidade da convocatoria. Os criterios de avaliación indicados aplicaranse as dúas modalidaes de matrícula, presencial e semipresencial.


Fontes de información
Bibliografía básica

CULTIVOS CELULARES

Basra, A.S. (2000). Plant growth regulators in agriculture and horticulture. Their role and commercial uses. Ed. Food Products Press.

Benítez Burraco, A. (2005). Avances recientes en Biotecnología vegetal e ingeniería genética de plantas. Editorial Reverté.

Boulton, A.A. e col. (1992). Practical cell culture techniques. Humana Press.

Butler, M. (2008). Animal cell culture and technology. Taylor & Francis, 2nd edition.

Collin, H.A. e Edwars, S. (1998). Plant cell culture. Guilford Bios Scientific Publishers.

Davis, J.M. (2011). Animal cell culture. Essential methods. Wiley-Blackwell.

Doyle, A. e Griffiths, J.B. (2000). Cell and tissue culture for medical research. John Wiley and Sons.

Fedoroff, S. e Richardson, A. (1992). Protocols for neural cell culture. Humana Press.

Freshney, R.I. (2010). Culture of animal cells. A manual of basic technique and specialized applications. Wiley-Liss, Inc. 6ª Edition.

Hammond, J., McGarvey, P., Yusibov, V. (1999). Plant Biotechnology. New products and Applications. Springer Verlag.

Loyola-Vargas, V.M. e Vázquez-Flota F. (2006). Plant cell culture protocols. Humana Press. 2nd Edition.

Pollard, J.W. e Walker, J.M. (1997). Basic cell culture protocols. Humana Press.

Shaw, A.J. (1996). Epithelial cell culture. A practical approach. Oxford University Press.

Taji, A., Kumar, P., Lakshmanan, P. (2002). In vitro plant breeeding. Food Products Press.

Trigiano, R.N. e Gray, D.J. (2004). Plant development and biotechnology. CRC Press.

Tzfira, T. e Citovsky, V. (2006). Agrobacterium-mediated genetic transformation of plants: biology and biotechnology. Curr. Opin. Biotechnol. 17:147–154.

Vunjak-Novakovic, G. & Freshney, R.I. (2006). Culture of cells for tissue engineering. Wiley-Liss, Inc.

TÉCNICAS DE MICROSCOPÍA E ANÁLISE DE IMAXE

Watt, Ian M. (1996). The principles and practice of electron microscopy. Cambridge University Press

Hoppert, M. (1998). Electron microscopy in microbiology. Bios Scientific Publishers

Bozzola, John J. (1999).Electron microscopy : principles and techniques for biologists. Jones and Bartlett Publishers.

Dykstra, Michael J. (2003). Biological electron microscopy theory, techniques, and troubleshooting. Kluwer Academic/Plenum Publishers

Robin Harris. (1991). Electron microscopy in biology a practical approach.  Oxford University Press.

Hunter, Elaine Evelyn. (1984). Practical electron microscopy a beginner's illustrated guide. Praeger, cop.

Slayter, Elizabeth M. (2000).  Light and electron microscopy. Cambridge University Press

Herman, B. (1998). Fluorescence microscopy. Bios Scientific Publishers

Donat-P. Häder. (1992). Image analysis in biology. CRC Press, cop.

Pertusa, JF. (2003). Técnicas de Análisis de imagen. Aplicaciones en Biología. Publicaciones de la Universidad de Valencia.

CITOMETRÍA DE FLUXO

Ormerod, M.G. (2009). Flow Cytometry: A Basic Introduction. 2a Ed. IRL Practical Approach series. Oxford University Press.

Shapiro, H.M. (2004). Practical flow cytometry. Wiley-Liss. 4a ed. New York.

TÉCNICAS CITOXENÉTICAS

Czepulkowski, B. (2001). Analyzing chromosomes. BIOS Scientific Publishers, Oxford.

Gosden, J.R. (1994). Chromosome analysis protocols. Humana Press, Totowa (New Jersey).

Kianian, S.F., Kianian P.M.A. (2016). Plant cytogenetics: methods and protocols. Spinger, New Yorl

Liehr, T. (2006). Multicolor FISH in human cytogenetics. Karger, Basel.

Liehr, T. (2009). Fluorescence in situ hybridization (FISH)-application guide. Springer-Verlag, Berlin.

Leitch, A.R., Schwarzacher, T., Jackson, D. (1994). In situ hybridization: a practical guide. Bios Scientific Publishers, Oxford.

Verma, R.S. e Babu, A. (1989). Human chromosomes: manual of basic techniques. Pergamon Press, New York.

Bibliografía complementaria

- Artigos científicos sobre temas relacionados coa materia proporcionados a través da plataforma Moodle.


- Páxinas web


Xeral
PubMed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed


Cultivos Celulares
-http://www.cultek.com/aplicaciones.asp?P=Aplicacion_Cultivos_Celulares&opc=introduccion


Citometría
-Cytometry: http:www3.interscience.wiley.com/cgi-bin/jhome/33945


Microscopía e Análise de imaxe
http://zeiss-campus.magnet.fsu.edu/index.html
http://www.microscopyu.com/tutorials/
http://www.olympusfluoview.com/index.html
http://w3.uniroma1.it/MEDICFISIO/microscopy.htm
http://rsbweb.nih.gov/ij/index.html
http://www.invitrogen.com/site/us/en/home/support/Research-Tools/Fluorescence-SpectraViewer.html


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías