Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Neurobioloxía Código 610441007
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Díaz Prado, María Luz
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, María Luz
Folgueira Otero, Mónica
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
m.folgueira@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dos mecanismos biolóxicos básicos polos cales o sistema nervioso regula o comportamento, a interacción entre os sistemas sensitivos e motores e a integración dos diferentes circuítos nerviosos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Capacidade de comprender o funcionamento celular a través da súa organización estrutural, sinalización bioquímica, expresión génica e variabilidade xenética
A7 Capacidade de coñecer e analizar sistemas celulares específicos como células nai, neuronas, células do sistema inmune, ou outras células relacionadas con diversas patoloxías
A8 Capacidade de ter unha visión integrada dos coñecementos previamente adquiridos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, cunha formulación interdisciplinar e un grao de experimentalidad moi elevado
B3 Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B5 Correcta comunicación oral e escrita sobre temas científicos na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión Internacional a través da lectura de artigos científicos e exposición de traballos
B9 Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprobar a importancia que ten o sistema nervioso no correcto funcionamento de todo o noso organismo. Coñecer cómo funciona o noso propio cerebro. Apreciar que a diversidade de conductas animais correspóndese coa diversidade de sistemas nerviosos. AI6
AI7
AI8
BI3
BI5
BI9
CM1
CM2
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1) Doutrina neuronal: introducción histórica á neurobioloxía moderna.
Teoría reticular.
Técnica de Golgi e estudos de Santiago Ramón y Cajal.
Doutrina neuronal.


2) Organización e señalización neuronal.
Estrutura básica da neurona.
Tipos de neuronas.
Sinapse eléctrica.
Sinapse química.
3) O encéfalo cambiante. Desenvolvemento temperán do sistema nervioso.
Formación de circuítos neurais.
Modificación de circuítos neurais e plasticidade sináptica.
4) Organización anatómica do sistema nervioso. Anatomía do Sistema Nervioso Central.
Anatomía do Sistema Nervioso Periférico.
Nocións de anatomía comparada.
5) Bases neurais da percepción sensorial. Sistema sensorial somático.
Sistema visual.
Sentidos químicos.
Sistema auditivo e vestibular.
Dor.
6) Control neural da actividade motora e a súa coordinación. Organización xeral dos sistemas de control motor.
7) Funcións encefálicas complexas. Aprendizaxe e memoria.
Emocións.
8) Técnicas para o estudo do encéfalo. Transxénicos.
Optoxenética.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A7 A8 7 14 21
Prácticas de laboratorio C8 7 7 14
Análise de fontes documentais B3 B5 B9 C1 C2 6 24 30
Proba obxectiva A6 A7 A8 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións presenciais de 60 minutos de duración aproximada sobre os contidos correspondentes ao temario. Para un total aproveitamento das memas, recoméndase que o alumno teña lido, con anterioridade e pola súa conta, os aspectos fundamentais dos temas nos textos recomendados.
Prácticas de laboratorio Consistirán na identificación de diferentes rexións do sistema nervioso, utilización de modelos animais para o estudo do sistema nervioso en condicións normais e/ou en condicións patolóxicas, manexo de páxinas interactivas e de atlas neuroanatómicos on-line.
Análise de fontes documentais Consistirá na lectura individual de artigos recentes de Neurobioloxía designados polo profesor e que complementan os contidos das sesións maxistrais. En sesións presenciais cada alumno expoñerá un breve resumo do artigo asignado, e que servirá de base para a discusión dirixida posterior.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame sobre os contidos da materia, con preguntas de tipo test e/ou preguntas curtas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Prácticas de laboratorio
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B3 B5 B9 C1 C2 Valorarase o grao de compresión do tema e a súa exposición resumida no tempo indicado. Así mesmo valorarase o resumo gráfico e a participación activa na discusión doutras exposicións.
Nesta actividade se valorará a adquisición das competencias B3, B5,B9.
30
Proba obxectiva A6 A7 A8 Consistirá en preguntas de resposta curta e preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de completar ou de asociación sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais, discusións dirixidas e seminarios.
Nesta actividade se evaluará a adquisición das competencias específicas A9, A10 e A11.
70
 
Observacións avaliación

É condición necesaria que todos os alumnos (presenciais e semi-presenciais) aproben a actividade "Análise de fontes documentais"para poder superar a materia.

Os alumnos semipresenciais poderán substituír a asistencia á actividade "Análise de fontes documentais" por un único traballo escrito de revisión sobre algún aspecto relacionado co temario e e acordado co profesor, manténdose o seu valor na avaliación na primeira convocatoria.

No caso da segunda oportunidade da convocatoria do ano en curso (exames de Xullo) realizarase unha proba mixta coa consideración do 100% para a cualificación final tanto no caso dos/as alumnos/ás presenciais como semipresenciais.

As matrículas de Honra concederanse entre os alumnos que se presenten na primeira oportunidade de cada convocatoria.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica:

- Dale Purves et al. (2008). Neuroscience. Sinauer Associates, cop. 4th ed.

- Eric R. Kandel, James H. Schwartz, Thomas M. Jessell (2000).Principios de neurociencia. McGraw Hill-Interamericana.

- Greg Lemke (2009). Developmental neurobiology. Academic Press-Elsevier.

- John H. Byrne; James L. Roberts (2009). From molecules to networks an introduction to cellular and molecular neuroscience. Elsevier.

- Larry Squire et al. (2008). Fundamental neuroscience. Academic Press.

- Daniel P. Cardinale (2007). Neurociencia aplicada: sus fundamentos. Editorial Médica Panamericana.

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Citoloxía/610212103
Histoloxía Vexetal e Animal/610212104
Organografía Microscópica/610212628

Observacións

Recoméndase ao alumno que traballe de forma non presencial, con axuda da bibliografía aconsellada e dos recursos web que se poñerán á súa disposición.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías