Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Inmunoloxía Código 610441008
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Lamas Criado, Iban
Correo electrónico
iban.lamas@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Antonio Manuel
Díaz Prado, María Luz
Lamas Criado, Iban
Sangiao Alvarellos, Susana
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
antonio.castro@udc.es
luz.diaz@udc.es
iban.lamas@udc.es
susana.sangiao@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase no Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. Aínda que polas súas importantes aplicacións na investigación, sanidade e industria, a inmunoloxía tería que ser tratada coma unha materia con autonomía propia na Licenciatura de Bioloxía, a realidade é que as súas estreitas relacións con outras disciplinas biolóxicas, coma a Bioloxía celular, Bioquímica, Xenética e Microbioloxía propiciaron o feito de que se ministre de cotío de xeito pouco homoxéneo e fragmentado por áreas afíns diversas. Por iso, no presente curso do Máster preténdese ofrecer ao alumno unha información conxunta e actualizada sobre dos compoñentes e mecanismos de resposta do sistema inmunitario nas situacións fisiolóxicas e patolóxicas. Pola outra banda, executaranse e interpretaranse diversas técnicas básicas que, agardamos, os axuden a abordar algúns problemas ao longo do seu traballo de investigación.

PENDIENTE DE INCLUIR POR LOS SERVICIOS DE XESCAMPUS LOS SIGUIENTES PROFESORES
DEL INIBIC: Dra. Nieves Domenech García (NDomGar@canalejo.org)

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a estrutura básica dos diferentes tecidos vexetais e animais.
Colabore na realización dun traballo en grupos pequenos (2 persoas máximo), sobre algun aspecto dos contidos do programa teórico da materia. Para elo terá que reunir a información adecuada, organizar o traballo, estudar os recursos dos que dispón e xestionar o tempo para a súa realización. Tras a súa elaboración o traballo será exposto oralmente polos seus autores, empregando a terminoloxía adecuada a materia e apoiándose en ferramentas informáticas.
Colabore na realización dun traballo en grupos pequenos (2 persoas máximo), sobre algun aspecto dos contidos do programa teórico da materia. Para elo terá que reunir a información adecuada, organizar o traballo, estudar os recursos dos que dispón e xestionar o tempo para a súa realización. Tras a súa elaboración o traballo será exposto oralmente polos seus autores, empregando a terminoloxía adecuada a materia e apoiándose en ferramentas informáticas.
Diferenciar os distintos tipos de tecidos vexetais e animais en preparacións microscópicas e imaxes.
Ao final do master, espérase que o alumno coñeza os compoñentes moleculares, celulares, tisulares e orgánicos do sistema inmunitario, e comprenda o seu funcionamento integrado en condicións de saúde e de enfermidade
Ao final do master, espérase que o alumno coñeza os compoñentes moleculares, celulares, tisulares e orgánicos do sistema inmunitario, e comprenda o seu funcionamento integrado en condicións de saúde e de enfermidade
Aprenda as técnicas e protocolos básicos e adquira a habilidade necesaria para manexar, de forma segura, o material que se utiliza no laboratorio e para organizar o traballo no mesmo. Ademais aprenderá a recoñecer a importancia da súa utilización en diferentes contextos.
Comprender a importancia da interrelación funcional dos distintos tecidos que integran os órganos vexetais e animais.
Aprenda as técnicas e protocolos básicos e adquira a habilidade necesaria para manexar, de forma segura, o material que se utiliza no laboratorio e para organizar o traballo no mesmo. Ademais aprenderá a recoñecer a importancia da súa utilización en diferentes contextos.
Comprenda os tipos de respostas inmunolóxicas básicas, desencadeadas ante o recoñecemento dun patógeno ou un antígeno, e os mecanismos efectores e reguladores implicados en cada unha delas.
Coñecer a estrutura básica dos distintos órganos vexetais e animais.
Comprenda os tipos de respostas inmunolóxicas básicas, desencadeadas ante o recoñecemento dun patógeno ou un antígeno, e os mecanismos efectores e reguladores implicados en cada unha delas.
Coñecer e familiarizarse coa terminoloxía, metodoloxía e fontes bibliográficas propias da Histoloxía.

Contidos
Temas Subtemas
Programa do curso teórico: Subtemas do programa do curso teórico:
CAP. 1: Introdución á Inmunología. - Curta reseña histórica
Cap. 2: Compoñentes do sistema inmune. - Células do sistema inmune: xénese e liñaxes. Órganos linfoides primarios e secundarios: estrutura e función. Circulación linfocitaria: Tráfico celular e moléculas implicadas.
Cap. 3. O sistema inmune innato. - Concepto. Caracteristicas. Barreiras físicas, químicas e biolóxicas de defensa. Compoñentes celulares. Compoñentes humorales. Receptores do sistema inmune innato. Mecanismos efectores da inmunidade innata. Fagocitosis e inflamación: fases, células e moléculas efectoras implicadas. Interaccións coa resposta adaptativa.
Cap. 4. O sistema inmune adaptativo/especifico. - Concepto. Características e propiedades (especificidade, carácter clonal, adaptabilidad, memoria). Compoñentes celulares: Linfocitos B e T. Células presentadoras de antígenos. Fases do mecanismo adaptativo. O recoñecemento do antígeno: Receptor superficial dos linfocitos T (RCT) e B (RCB). Fase de activación e proliferación celular: Mecanismo de selección e expansión clonal. Fase de diferenciación celular: Diferenciación dos linfocitos T e B. Fase efectora. Mecanismos inmunitarios: Inmunidade celular. Inmunidade humoral.
Cap. 5. Antígenos/inmunógenos/haptenos. - Concepto de antíxeno. Natureza química. Propiedades. Concepto de inmunóxeno. Concepto de epítopo: natureza e tipos. Haptenos e conxugados hapteno-portador. Tipos de antígenos: secuenciais conformacionais, T dependentes e independentes. Multivalentes, Superantíxenos, Autoantíxenos e Mitóxenos.

Cap 6. Anticorpos (inmunoglobulinas).

- Concepto. Estrutura molecular: caracteres. Rexións variables e a súa unión ao antígeno. Rexións constantes e función efectora. Clasificación (clases, subclases). Expresión: Inmunoglobulinas de membrana e secretadas. Funcións biolóxicas e distribución dos anticorpos.

Cap.7. Reaccións antíxeno-anticorpo.

-Estrutura do parátopo. Complementa-riedade entre antíxeno e anticorpo. Caracteres da unión antíxeno-anti-corpo: afinidade, avidez e especificidade. Significado biolóxico: neutralización, opsonización, activación do comple-mento, citotoxicidad celular dependente de anticorpo (ADCC).

Cap. 8. Citoquinas.

- Concepto. Propiedades xerais. Mecanismos de acción biolóxica. Receptores de citocinas: tipos. Regulación dos efectos das citocinas. Clasificación funcional: citocinas que median as respostas inmunes.

Cap. 9. O sistema do complemento.
- Concepto. Compoñentes.
Nomenclatura. Activación do sistema do complemento: Vía alternativa. Vía clásica. Vía das lectinas. Vía lítica. Receptores das proteínas do complemento. Regulación. Funcións biolóxicas.
Cap. 10. . Moléculas de histocompatibilidade - Concepto. Complexo principal de histocompatibilidad (CPH/MHC). Xenes de histocompatibilidad: Propiedades. Estrutura das moléculas de histocompatibilidad: Clases I e II. unión péptido-moléculas do CPH: Caracteres. Polimorfismo das moléculas do MHC na súa unión a péptidos. Expresión das moléculas do MCH. Funcións biolóxicas.

Cap.11. Procesamento e presentación de antíxenos.

- As células presentadoras de antígenos: función. Recoñecemento do antígeno peptídico. Procesamiento (degradación) do antígeno: Rutas endocitica (extracelular) e citosólica (intracelular). Ensamblaje dos péptidos ás moléculas do MHC. Presentación e Expresión dos complexos péptidos-clase I/II na superficie das CPA.

Cap.12. Desenvolvemento, maduración, activación e diferenciación dos linfocitos B.

- Desenvolvemento e maduración na medula ósea: Diferenciación de linfocitos B antíxeno independentes: Expresión de marcadores superficiais (CD19, 10). O receptor funcional para antíxenos (BCR). Maduración das células B: Procesos de selección clonal negativa e positiva. Produción de linfocitos B maduros virxes. Migración cara a órganos linfoides 2ªrios antíxeno-dependentes: Activación polo antíxeno de linfocitos B. Estrutura e función do receptor BCR. Proliferación da célula B por activación dos linfocitos T Helper (CD4). Diferenciación a células plasmáticas. Migración de células B cara a folículos primarios: Diferenciación de células B activadas en células B de memoria.

Cap.13: Desenvolvemento, maduración, activación e diferenciación dos linfocitos T.
- Migración de precursores das células T ao timo. Desenvolvemento e diferenciación de linfocitos T antíxeno-independentes: Expresión de marcadores superficiais (CD3, 4 e 8). Maduración das células T: Mecanismos de selección clonal positiva e negativa. Produción de células T maduras virxes. Migración cara a órganos linfoides secundarios. Activación dos linfocitos T maduros polo antíxeno. O receptor TCR: estrutura e función. Interaccións do receptor da célula T/ligando específico do CMH: Activación dos linfocitos T. Proliferación de linfocitos T maduros. Diferenciación a linfocitos T efectores. Subpoblacions de linfocitos T efectores: Linfocitos T citotóxicos: CD8). Linfocitos T cooperadores (Helper: CD4): Función das subclases Th1 e Th2. Produción de linfocitos T de memoria.

Cap.14. A resposta inmune.

- Concepto. Mecanismo de acción. Tipos de respostas. Resposta Inmune Celular. Caracteres da cooperación celular: influencia do Antíxeno e do microambiente, células efectoras implicadas. Resposta Inmune Humoral: Caracteres Fases de activación, proliferación e diferenciación dos linfocitos. Resposta inmune primaria. Memoria inmunológica. Resposta inmune secundaria

Cap. 15: A tolerancia inmunitaria.

-Concepto de tolerancia inmunitaria. Propiedades xerais. Mecanismos da tolerancia inmunológica. Tolerancia central e periférica das cels T e B. Mecanismos de indución de tolerancia: Delección clonal, anergia clonal. Ignorancia inmunológica, Células T supresoras/reguladoras. Interaccións célula-célula: axuda e supresión. Tolerancia aos antígenos propios e estranos.
Programa do curso práctico: Prácticas a desarrollar en el laboratorio (INIBIC):

Práctica 1
- Protocolo para a extracción das distintas poboacións de células sanguíneas no sangue periférico:
* Separación de leucocitos por gradiente de densidade con Histopaque.
* Obtención de células mononucleares do sangue periférico (linfocitos e monocitos).
* Obtención de granulocitos.
* Obtención de plaquetas

Práctica 2.
- Citometría de fluxo: Determinación antixénica das células do sistema inmunolóxico.
- Illamento de linfocitos T mediante Sorter.

Práctica 3

- ELISA (Ensaio por inmunoabsorción ligado a enzimas): Detección de anticorpos específicos ou citoquinas solúbeis en soros.
Práctica 4. Inmunohistoquímica: Identificación de marcadores antixénicos en mostras tisulares conxeladas ou en parafina, a través de técnicas de fluorescencia ou enzimáticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio 7 7 14
Proba obxectiva 3.5 0 3.5
Sesión maxistral 14 28 42
Seminario 4.5 9 13.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O alumno dispora de 10 horas prácticas de laboratorio presenciais e obrigatorias, ao finalizar as clases teóricas. Nelas realizaranse distintas actividades experimentais (demostracións, problemas) que lle van a permitir abordar algúns aspectos dos coñecementos teóricos adquiridos nas sesions maxistrais. Ademais adquirirán as habilidades manuais adecuadas para o desenvolvemento de metodoloxías experimentais sinxelas propias das técnicas inmunolóxicas. As prácticas realizaránse no INIBIC, onde disporán da infrastructura adecuada aos obxectivos da práctica, e tamén terá lugar o exame práctico, cando aquelas finalicen
Proba obxectiva Realizarase un exame final sobre os contidos teóricos da materia que pode combinar diferentes tipos de preguntas: cuestións tipo test de resposta múltiple, preguntas curtas, de ordenación, de completar, de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunhas destas preguntas. A data e lugar de celebración do examen final (Convocatoria Oficial de Mayo) avisarase con antelación.
Si o alumno suspendeu, ou no presentouse o examen da Convocatoria de Mayo, terá a posibilidade de presentarse na Convocatória do mes de Xullo, cuya data e lugar de celebracion avisarase con anterioridade
Sesión maxistral Durante o curso o profesor impartira entre 14-15 sesions maxistrais, presenciais e obrigatorias, sobre algúns dos contidos correspondentes ao programa. Nelas explicaranse os fundamentos teóricos básicos da materia empregando ferramentas informáticas. Para un mellor aproveitamento das mesmas, recoméndase que o alumno lera con antelación, os aspectos fundamentais dos temas mencionados nos textos recomendados, e tamen na plataforma Moodle. O calendario e horario definitivo das sesions maxistrais comunicarase con antelacion na paxina web da materia.
Seminario -A comenzos do curso o profesor suxerirá ao alumno a realización dun estudo tutorizado en pequenos grupos (2 alumnos máximo) sobre algún aspecto dun tema do programa teórico de inmunoloxia. O alumno o organizará, elaborará e discutirá, ao longo do curso, baixo a supervisión do profesor (3 tutorías máximo). O alumno recibirá con antelación o material obxecto do seminario, que se orientará cara aspectos actuais relacionados coa inmunoloxía, coa fin de que procure a información precisa. Efectuarase unha posta en común, dirixida polo profesor, na que se discutirán e resolverán cuestións relacionadas cos seus contidos e elaboraranse as conclusións ás que deben chegar todos vos integrantes do grupo. O resultado do estudo feito será exposto po lo seus autores o resto dá clase, durante 1 hora, empregando ferramentas informáticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Proba obxectiva
Prácticas de laboratorio
Descrición
- O alumno pode consultar as súas dúbidas puntuais durante as sesións maxistrais e, máis extensamente, nas postas en común dos seminarios. Ademais, contará con titorías personalizadas, para solucionar calquera dúbida relacionada coa materia teórica, práctica e coas actividades programadas na disciplina. Dada a finalidade destas titorías, intentarase que o horario sea o máis axeitado para o profesor e o alumno, concertándose previamenteentre ambos los dous.

Horario de tutorías

- Dra. María José González Fuentes: Luns, martes e venres. O horario indicarase o primeiro día do curso. Área de Biología Celular. Facultad de Ciencias. Universidad de la Coruña. Correo electrónico: majoseg@udc.es


- Dra. Nieves Doménech García: Poñanse en contacto coa Profesora por correo electrónico: Dra. Nieves.Domenech.Garcia@sergas.es.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral - A asistencia ás clases maxistrais é fundamental para o dominio dos contidos da materia.
0
Seminario - Avaliarase o traballo en grupo, tendo en conta a asistencia e participación nas diferentes actividades a desenrolar durante a elaboración do traballo tutelado, a adecuación ao tema proposto, o seu desenvolvemento, a capacidade de comprensión e exposición, e a bibliografía utilizada. Todo elo representará o 25% da cualificación final.
20
Proba obxectiva -Ao rematar as clases teóricas realizarase un exame final dos contidos teóricos da materia. A asistencia ás clases teóricas e a participación nas súas actividades é obligatoria, e suporá o 55% da cualificación final.
- Coa proba obxectiva, o alumno demostrará o grao de coñecemento e destrezas adquirido ao longo do curso, asi como a capacidade de síntese e abstracción desenvolvidos.
60
Prácticas de laboratorio - Ao rematar as clases prácticas realizarase un exámen final dos contidos traballados nelas, no propio laboratorio do INIBIC. A asistencia ás clases prácticas (obrigatoria) e a participación en todas as súas actividades constitúe un requisito fundamental para a superación destas, e suporá o 20% da cualificación final da materia.
20
 
Observacións avaliación
<p> &lt;p&gt;- A asistencia ás clases teóricas e prácticas e a elaboración e exposición do traballo tutelado non é condición imprescindible&amp;nbsp; para ser avaliado tanto na Convocatoria ordinaria de Xuño coma na proba de Xullo. É necesaria a asistencia e participación en, polo menos, o 80 % de cada unha das actividades presenciais da materia. &lt;/p&gt;&lt;p&gt;- A avaliación da materia basearase nun exame de contido teórico, un exame de contido práctico, e a participación do alumno na elaboración dun traballo dirixido sobre algún aspecto do programa teórico da materia.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;- Na convocatoria de maio realizarase un exame teóricofinal&amp;nbsp; e no Laboratorio do INIBIC terá lugar o examen práctico para a avaliación da aprendizaxe. Todas as actividades formativas terán unha puntuación comprendida entre 0 e 10 puntos. Para calcular a nota final teranse en conta os seguintes criterios:&lt;/p&gt;&lt;p&gt;1. Avaliación da aprendizaxe teórica. A nota obtida neste apartado suporá o 55 % da nota final.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;2. Avaliación da aprendizaxe práctica. A nota obtida neste apartado suporá o 20 % da nota final.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;3. Avaliación da participación do alumno na elaboración do traballo tutelado, da súa asistencia ás tutorias programadas co profesor para a resolución de dúbidas durante o seu desenvolvemento e o resultado obtido na exposición final&amp;nbsp; do mesmo suporá o 25% da nota final.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;**Para superar a materia na convocatoria de maio,&amp;nbsp; a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 4 puntos en cada un do tres apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor. &lt;/p&gt;&lt;p&gt;Os alumnos que non aproben a materia na convocatoria de maio, ou non se presentaron á mesma, poderán tentalo de novo na proba de Xullo. Neste caso, a avaliación consistirá:&lt;/p&gt;&lt;p&gt;1. Nunha proba escrita sobre os contidos&amp;nbsp; teóricos da materia. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá o 80 % da nota final. &lt;/p&gt;&lt;p&gt;2. Nunha proba práctica de idéntica natureza á mencionada anteriormente. A nota obtida neste apartado (comprendida entre 0 e 10 puntos) suporá un 20% da nota final.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;**Para superar a materia na convocatoria de Xullo, a suma global dos mencionados apartados deberá estar comprendida entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 4 puntos en cada un dos dous apartados. Se non se cumprise este requisito a cualificación final correspondería coa do apartado que teña menor valor. &lt;/p&gt;&lt;p&gt;A cualificación de NON PRESENTADO, aplicarase unicamente no caso de que o alumno/a non participase en ningunha actividade da materia (sesións maxistrais, clases prácticas, traballo tutelado e probas obxectivas), ou ben non se presentou na convocatoria final de Xullo. &lt;/p&gt; </p>

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica

-&nbsp;(*) Abbas, A. K.; Lichtman, A. H; Pillai, S. (2012). " Inmunología celular y molecular" . 7ª ed. Elsevier: Barcelona.

- (*) Murphy, K.P. (2012). " Janeway´s Immunobiology. 8ª ed. Garland Science.

- Regueiro G, J.R.; López L, C.; González R, S.; Martínez N, E. (2010). " Inmunología: Biología y patología del sistema inmunitario". 4ªed. Médica Panamericana.

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria

-&nbsp;Abbas, A. K.; Lichtman, A. H; Pillai, S. (2009). " Inmunología celular y molecular" . 6ª ed. Elsevier: Barcelona.

- Delves,&nbsp; P.J.;Martin, S.; Burton, D.;Roitt, I. (2008). " Roitt Inmunología. Fundamentos". 11 ed. Panamericana.

- Janeway, C.A.; Travers, P.; Walport, M.; Shlomchik,M.J.(2006)." Immunobiology. The immune system in health and disease". 6ed.&nbsp;Garland Science Publishing.

- Parham, P. (2006). " Inmunología" 2ª ed. Médica Panamericana.

BIBLIOGRAFÍA PARA PRÁCTICAS

- Autor : Campos Ferrer, A. (2004). "Manual de prácticas de inmunología" Masson: Barcelona.

PÁGINAS WEB RELACIONADAS CON INMUNOLOGÍA

- RevistaInmunología. Libre acceso en la página de la Sociedad Española de Inmunología: http:www.inmunologia.com

-&nbsp;J. Peña: http://www.inmunologiaenlinea.es

- Sociedad Española de Inmunología http://www.inmunologia.org/home.php.

- http://pathmicro.med.sc.edu/book/immunolo-sta.htm

- http://www.whfreeman.com/catalog/static/whf/kuby/con_index.htm

- http://users.rcn.com/jkimball.ma.ultranet/BiologyPages/T/TOC.html

&nbsp;

&nbsp;

&nbsp;

&nbsp;

&nbsp;

&nbsp;


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas Celulares/610441001
Técnicas Moleculares/610441002
Señalización Celular/610441004
Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Microbioloxía Molecular/610441010
Xenética Humana/610441016

Materias que continúan o temario
Células Nai e Terapia Celular/610441009

Observacións
&amp;amp;lt;p&amp;amp;gt;- Recoméndase&amp;amp;lt;/p&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;p&amp;amp;gt;- Asistencia e participación activa nas diferentes actividades da disciplina.&amp;amp;lt;/p&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;p&amp;amp;gt; - Ler ou traballar o tema das leccións maxistrais/traballos con antelación e tomar as notas correspondentes durante a súa exposición. &amp;amp;lt;/p&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;p&amp;amp;gt;- O estudo e a revisión periódica da materia ministrada, segundo avance a mesma, empregando o material bibliográfico para comprender e profundar na información recibida nas clases. &amp;amp;lt;/p&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;p&amp;amp;gt;- A pesquisa da información en diversas fontes para a elaboración, exposición e defensa dos traballos titorizados. - A aclaración de posíbeis dúbidas nas titorías co profesor . &amp;amp;lt;/p&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;p&amp;amp;gt;&amp;amp;amp;nbsp;&amp;amp;lt;/p&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;p&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;strong&amp;amp;gt;&amp;amp;lt;u&amp;amp;gt;PENDIENTE DE INCLUIR POR LOS SERVICIOS DE XESCAMPUS LOS SIGUIENTES PROFESORES&amp;amp;lt;br /&amp;amp;gt;DEL INIBIC&amp;amp;lt;/u&amp;amp;gt;:&amp;amp;amp;nbsp;&amp;amp;amp;nbsp; &amp;amp;lt;/strong&amp;amp;gt;Dra. Nieves Domenech García (&amp;amp;lt;a href=&amp;amp;quot;mailto:NDomGar@canalejo.org&amp;amp;quot;&amp;amp;gt;NDomGar@canalejo.org&amp;amp;lt;/a&amp;amp;gt;)&amp;amp;lt;/p&amp;amp;gt;


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías