Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Microbioloxía Molecular Código 610441011
Titulación
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Cid Blanco, Angeles
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
Profesorado
Bou Arevalo, Germán
Cid Blanco, Angeles
Poza Domínguez, Margarita
Tomas Carmona, Maria Del Mar
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
margarita.poza.dominguez@correo.udc.es
maria.tomas@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura céntrase no estudo a nivel molecular do comportamento cooperativo microbiano e a xeración de resistencias en bacterias, para poder abordar novos sistemas de control bacteriolóxico en xeral, e das bacterias multirresistentes en particular.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade de traballar de xeito seguro nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco
A2 Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións
A5 Capacidade de comprender o papel dos microorganismos como axentes patóxenos e como ferramentas biotecnolóxica
B1 Capacidade de análise e síntese de problemas biolóxicos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
B2 Capacidade de toma de decisións para a resolución de problemas: que sexan capaces de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na formulación de problemas biolóxicos e a busca de solucións
B3 Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B4 Capacidade de organización e planificación do traballo: que sexan capaces de xestionar a utilización do tempo así como os recursos dispoñibles e organizar o traballo no laboratorio
B5 Capacidade para redactar, representar, analizar, interpretar e presentar documentación técnica e datos relevantes no campo da rama de coñecemento do máster na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión internacional
B7 Capacidade de progreso persoal: aprender de forma autónoma, adaptarse a novas situacións, desenvolvendo calidades como creatividade, capacidade de liderado, motivación pola excelencia e a calidade
B8 Capacidade de razoamento crítico e compromiso ético coa sociedade: sensibilidade fronte aos problemas bioéticos e aos relacionados coa conservación de recursos naturais
B9 Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo
C2 Capacidade para coñecer e empregar axeitadamente a terminoloxía técnica do campo de coñecemento do máster, na lingua nativa e en inglés, como lingua de difusión internacional neste campo
C3 Capacidade de utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Capacidade de desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender o comportamento cooperativo microbiano e as interaccións dos microorganismos con outros seres vivos a nivel molecular AI5
BI5
BI7
BI8
CM2
CM6
CM7
CM8
Manexar as técnicas e comprender as bases moleculares da loita contra das infeccións e os seus mecanismos de resistencia AI1
AI2
AI5
BI1
CM4
CM7
CM8
Aplicar os coñecementos moleculares adquiridos na comprensión e resolución de problemas BI1
BI2
BI3
BI4
BI7
BI8
BI9
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Comportamento cooperativo microbiano -Bases moleculares da cooperación
-Implicacións prácticas
Interaccións microbianas -Interaccións positivas e negativas
-Bases moleculares das interaccións con outros organismos microbianos, vexetais ou animais
Mecanismos de resistencia a axentes antimicrobianos -Enzimas degradadoras de axentes antimicrobianos
-Bombas de expulsión
-Modificación de dianas
-Regulación de porinas
Novas terapias anti-infecciosas
-Fagoterapia fronte a bacterias multi-resistentes
-Antitolerantes
Tolerancia e persistencia bacteriana -Estudos fenotípicos
-Mecanismos moleculares
Estudio práctico de diferentes aspectos involucrados na resistencia a axentes antimicrobianos -PCR de xenes implicados
-Clonación de xenes
-Expresión de proteínas
-Elaboración de mutantes "knock-out"
-Estudos da regulación dos mecanismos de resistencia mediante análisis de ARN

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve B1 B2 B5 C2 2 0 2
Sesión maxistral A5 C4 C5 C8 14 35 49
Seminario A2 B3 B7 B8 B9 C3 1 7 8
Prácticas de laboratorio A1 B4 C6 C7 7 7 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Proba escrita coa que se poñerá en valor ao grao de coñecemento e comprensión acadados polo alumno.
Sesión maxistral Exposición polo profesorado das bases teóricas da materia
Seminario Elaboración dun informe a partir de información aportada polo profesorado, e defensa presencial de dito informe. Poderá ser individual ou en grupo.
Prácticas de laboratorio Estudio práctico no laboratorio de investigación de diferentes aspectos relacionados coa resistencia a axentes antimicrobianos realizado por os alumnos

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
Durante o desenvolvemento da materia atenderase ás necesidades e consultas do alumno relacionadas coa materia, proporcionándolle a orientación e o apoio que sexa necesario, tanto de forma presencial ou non presencial (fundamentalmente a través do correo electrónico).



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 C4 C5 C8 Avalíase pola proba de resposta breve 0
Prácticas de laboratorio A1 B4 C6 C7 Evaluación continua das prácticas e examen 20
Proba de resposta breve B1 B2 B5 C2 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos durante a materia, tanto nos seus aspectos teóricos como prácticos. 70
Seminario A2 B3 B7 B8 B9 C3 Valorarase a capacidade crítica e de síntese do informe presentado, ademáis da fluidez na lenguaxe científica na exposición e defensa do mesmo 10
 
Observacións avaliación
É obrigatorio a asistencia as prácticas de laboratorio para poder ser avaliado.
Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de seminarios, prácticas ou presentación oral, o alumno terá que ter superado a proba de resposta breve, correspondente á teoría da materia.
No caso de non superar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberán ser superadas cada unha das partes non aprobadas.
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente ao alumno en que concorran dalgún proceso de avaliación. Devandito alumno habería de someterse a un exame particular que non deixará dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.
Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO non deberá terse presentado á proba de resposta breve.
Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primera opción, non se otorgará ningunha na segunda oportunidade, aínda cando se alcance a máxima puntuación.
A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente.

Fontes de información
Bibliografía básica Gerischer (Ed) (2008). Acinetobacter Molecular Biology. Caister Academic Press
Madigan, Martinko, Bender, Buckley y Stahl (2015). Brock. Biología de los microorganismos. 14ª edición. Pearson Educación, S.A.
Lederberg & Schaeter (Eds) (2009). Encyclopedia of Microbiology. 3rd edition. Academic Press

Bibliografía complementaria Otero, Muñoz, Bernárdez & Fábregas (2005). "Quorum sensing": El lenguaje de las bacterias. Zaragoza. Acribia
Maragakis & Perl (2008). Acinetobacter baumannii: epidemiology, antimicrobial resistance, and treatment options. Clin Infect Dis 46(8): 1254-63
Vila, Martí & Sánchez-Céspedes (2007). Porins, efflux pumps and multidrug resistance in Acinetobacter baumannii. J Antimicrob Chemother 59(6): 1210-5
Gootz (2010). The global problem of antibiotic resistance. Crit Rev Inmunol 30(1): 79-93
Pachón & Vila (2009). Treatment of multiresistant Acinetobacter baumannii infections. Curr Opin Invest Drugs 10(2): 150-6
Señálanse varias revisions relacionadas directamente co contido da materia. Ademais, durante o desenvolvemento da materia proporcionares ó alumno outra bibliografía que dependerá dos seminarios programados e de calquera novidade que xurdise.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Regulación da expresión xénica/610441006
Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno/610441019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Técnicas Celulares/610441001
Técnicas Moleculares/610441002
Bioloxía Celular Avanzada/610441003
Señalización Celular/610441004
Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005
Regulación da expresión xénica/610441006

Observacións

De todas as materias que se recomenda ter cursado previamente, todas elas obrigatorias do máster, considéranse fundamentais as materias técnicas.
As presentacións de clase que se poñen a disposición do alumno no Moodle son só unha guía para o estudo dos temas pero, en ningún caso, constitúen o contido total dos mesmos.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías