Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Proteínas Recombinantes e Inxeniería de Proteínas Código 610441012
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.gsiso@udc.es
Profesorado
Becerra Fernandez, Manuel
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Vizoso Vázquez, Ángel José
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
isabel.gsiso@udc.es
a.vizoso@udc.es
Web
Descrición xeral A importancia actual dos procesos enzimáticos aplicados á industria alimentaria ou farmacolóxica e tal, que permite a producción de compostos que non poderían obterse de ningún outro xeito. A producción industrial de enzimas e un negocio que a comenzos do século XXI move en torno a 1600 millóns de dolares ao ano.
A utilización de enzimas en procesos industriais vese limitada en ocasións por factores inherentes á natureza das enzimas como por exemplo a súa falla de estabilidade fronte a condicións extremas de temperatura ou pH, a súa desnaturalización en presencia de solventes orgánicos ou a súa escasa actividade fronte a determinados sustratos. Na actualidade hay un amplo abano de técnicas de expresión e de Enxenería de Proteínas que permiten a xeración de proteínas modificadas co obxectivo de subsanar estas limitacións. Existe unha ampla gama de productos desenvolvidos por estas vías que se empregan en diversos campos.
Nesta asignatura describiranse métodos actuais para a expresión e modificación de proteínas, de uso tanto en investigación básica como en aplicacións biotecnolóxicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Capacidade de modificar xenes, proteínas e cromosomas con aplicacións biotecnolóxicas
B3 Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B7 Capacidade de progreso persoal: aprender de forma autónoma, adaptarse a novas situacións, desenvolvendo calidades como creatividade, capacidade de liderado, motivación pola excelencia e a calidade
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para coñecer e empregar os conceptos bioquímicos, técnicas e recursos dispoñibles nas bases de datos relacionados cos contidos da materia AI10
BI7
CM3
CM8
Capacidade para resolver casos prácticos mediante a adquisición de destrezas que permitan levar a cabo un proxecto simulado de expresión de proteínas recombinantes e evolución dirixida de proteínas. AI10
BI3
BI7
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Sistemas para a expresión de proteínas nativas e recombinantes: bacterias Sistemas de expresión de proteínas heterólogas en bacterias e purificación.
Sistemas para a expresión de proteínas nativas e recombinantes: lévedos Sistemas de expresión de proteínas heterólogas en lévedos e procesamento down-stream.
Sistemas para a expresión de proteínas nativas e recombinantes: células animais Manipulación xenética de células animais. Sistemas de expresión e producción de proteínas en células de mamífero.
Enxeñería de proteínas I Introducción. Técnicas de mutaxénese dirixida.
Enxeñería de proteínas II Técnicas de evolución artificial de proteínas.
Enxeñería de proteínas III Técnicas de estabilización e inmovilización de enzimas.
Aplicacións industriais da enxeñería de proteínas. Aplicacións en enzimoloxía, na industria farmacéutica, alimentaria e outras.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B7 7 7 14
Prácticas de laboratorio A10 B3 C3 7 14 21
Proba mixta B3 2 16 18
Discusión dirixida B3 C3 C8 7 14 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudiantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico.
Proba mixta Exame que integra preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas tipo de probas obxectivas e resolución de casos e problemas.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, coordinados por un moderador.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concibese como momentos de traballo presencial do alumno co profesor polo que implican unha participación obrigatoria para o alumno.
A forma e o momento no que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso según o plan de traballo da asignatura
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non perxudicar a súa cualificación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B3 Realizarase unha proba para avaliar os coñecementos adquiridos durante a realización das clases maxistrais e clases prácticas de laboratorio, así como discusións dirixidas


60
Prácticas de laboratorio A10 B3 C3 Avaliarase a asistencia regular e a participación activa nas prácticas de laboratorio, así como a memoria das prácticas elaborada polos alumnos. Os alumnos en modalidade semipresencial poderán substituir as prácticas por un traballo de tipo "Método de casos".

20
Discusión dirixida B3 C3 C8 Avaliarase a asistencia regular e participación activa respondendo ás preguntas dos boletins. Os alumnos en modalidade semipresencial deberán entregar os boletíns de resposta cubertos.

20
 
Observacións avaliación

Para obter matrícula de honra terán preferencia as mellores notas da primeira oportunidade.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas
que considere oportunas para non perxudicar a súa cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica

-Cerdán Villanueva, M. E. Curso Avanzado de Proteínas y Ácidos Nucleicos. A Coruña. Universidade da Coruña. 2005. Libro.

-Cerdán Villanueva, M. E., Freire Picos, M. A., González Siso, M. I. y Rodríguez Torres, A. M., Biología Molecular. Avances y Técnicas generales , A Coruña. Universidade da Coruña, 1997, Libro.

-Gerd Gellisen Ed., Production of recombinant proteins: novel microbial and eukaryotic expression systems, Weinheim: Wiley-VCH, 2005, Libro,BM-720

-Glick, B. R., Molecular Biotechnology: Principles and Application of Recombinant DNA, Washington: American Society Microbiology, 2003, Libro,BM-668

-Gómez-Moreno, C. y Sancho, J. Estructura de proteínas. Ariel Ciencia. 2003. Libro

-González Siso, M. I., La Biotecnología en el tratamiento de residuos industriales , A Coruña. Universidade da Coruña. Servicio de Publicacións, 1999, Libro,

- Lutz, S., Bornscheuer. Protein Engineering Handbook. Wiley-Vch. Volumen 1 y 2. 2009. Libro. BM-785

-Ninfa, A. J., Fundamental laboratory approaches for biochemistry and biotechnology, Hoboken: John Wiley and Sons, 2010, Libro,BM-801

-Perera, J., Tormo, A., García, J. L., Ingeniería Genética. Vol I. Preparación, análisis, manipulación y clonaje del DNA. , Madrid. Síntesis , 2002, Libro,

-Perera, J., Tormo, A., García, J. L., Ingeniería Genética. Vol II. Expresión de DNA en sistemas heterólogos., Madrid. Síntesis , 2002, Libro,

-Thiel, T., Bissen, S. T., Lyons, E. M., Biotechnology: DNA to Protein. A Laboratory Project in Molecular Biology. , , 2001, Libro,

-Wink, M., An introduction to molecular Biotechnology: from molecular biological fundamentals to methods and applications in modern biotechnology, Verlag Chemie, GmbH, 2006, Libro,BM-762

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas Moleculares/610441002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dinámica e Estructura de Proteínas/610441011
Bioinformática e Modelado de Biomoléculas/610441020

Materias que continúan o temario
Traballo de Máster/610441022

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías