Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Toxicología Xenética Código 610441017
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Psicoloxía
Coordinación
Valdiglesias García, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.valdiglesias@udc.es
Profesorado
Fernández García, Jose Luis
Valdiglesias García, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.valdiglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o estudante dominará conceptos fundamentais da toxicoloxía, se familiarizará cos aspectos toxicocinéticos e toxicodinámicos subxacentes aos mecanismos de acción dos tóxicos, e aprenderá o fundamento e utilidade das principais metodoloxías que se utilizan na avaliación de risco xenético.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Capacidade de comprender o funcionamento celular a través da súa organización estrutural, sinalización bioquímica, expresión génica e variabilidade xenética
A8 Capacidade de ter unha visión integrada dos coñecementos previamente adquiridos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, cunha formulación interdisciplinar e un grao de experimentalidad moi elevado
A12 Capacidade para comprender, detectar e analizar a variación xenética, coñecer os procesos de genotoxicidad e as metodoloxías para a súa avaliación, así como realizar estudos de diagnóstico e risco xenético
B3 Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B5 Correcta comunicación oral e escrita sobre temas científicos na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión Internacional a través da lectura de artigos científicos e exposición de traballos
B6 Capacidade de traballo en equipo: que sexan capaces de manter relacións interpersoais eficaces nun contexto de traballo interdisciplinar e internacional con respecto á diversidade cultural
B9 Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Traballar en grupo de forma colaborativa BI6
Saber expresarse en público BI9
Dominar a linguaxe científica propia da disciplina e comunicarse de xeito efectivo BI5
CM1
CM2
Capacidade para buscar e interpretar información toxicolóxica de calquera tipo empregando ferramentas informáticas e a rede internet AI6
BI3
CM6
Coñecer os procesos físico-químicos que experimenta un tóxico cando se incorpora ao organismo e os factores que condicionan as fases de absorción, distribución, metabolización e eliminación AI6
AI8
AI12
Coñecer as distintas relacións existentes entre a concentración de tóxicos no lugar de acción e os efectos producidos nos sistemas biolóxicos, e os factores que afectan á toxicidade das sustancias AI6
AI8
Coñecer a relación existente entre os procesos de xenotoxicidade e o desenvolvemento de cancro AI6
AI12
Coñecer como se realiza a avaliación da exposición a axentes xenotóxicos e as avantaxes da biomonitorización fronte a avaliación ambiental AI12
Coñecer as diferentes metodoloxías para avaliar a xenotoxicidade e o papel dos polimorfismos xenéticos como biomarcadores de susceptibilidade individual AI6
AI12

Contidos
Temas Subtemas
I. Principios xerais de Toxicoloxía 1. Conceptos básicos en Toxicoloxía.

2. Toxicocinética (procesos ADME).

3. Toxicodinamia (curvas dose-resposta, índices de toxicidade, factores que afectan á toxicidade).

II. Toxicoloxía xenética 4. Xenotoxicidade e relación con cancro.

5. Avaliación do risco xenético I: Análise da exposición a axentes xenotóxicos.

6. Avaliación do risco xenético II: Metodoloxías de avaliación da xenotoxicidade.

7. Avaliación do risco xenético III: Susceptibilidade individual.

III. Toxicoxenética reproductiva 8. Técnicas para estudar o dano cromosómico e do ADN en espermatozoides.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A12 A6 B5 B3 C1 2 0 2
Sesión maxistral A6 A8 A12 12 21 33
Prácticas a través de TIC B3 C2 C6 2 3 5
Traballos tutelados A12 B3 B5 B6 B9 C1 C2 0 18.5 18.5
Seminario B3 B5 B6 B9 C1 2 3 5
Prácticas de laboratorio A8 A12 B3 B6 C6 5 4.5 9.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta e/ou preguntas tipo test.
Sesión maxistral Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes.
Prácticas a través de TIC Práctica realizada na aula de informática sobre a busca e manexo de información toxicolóxica en internet.
Traballos tutelados Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polos profesores. A petición dos estudantes realizaranse tutorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e á súa presentación entregaranse a través da plataforma virtual Moodle antes do fin do prazo fixado. Posteriormente os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle.
Seminario Seminarios bibliográficos nos que os alumnos exporán ante a clase os traballos realizados, nun tempo máximo de 15 minutos. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto.
Prácticas de laboratorio Prácticas que se realizarán nos laboratorios do Hospital Oncolóxico, nas que se aprenderán diversas metodoloxías para a avaliación do dano xenético.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alumnado con dedicación a tempo parcial: na plataforma Moodle poránse á súa disposición os materiais utilizados nas sesións maxistrais, e calquera outro material que se considere que pode ser da súa utilidade. Os prazos de entrega dos traballos e cuestionarios serán os mesmos que os do alumnado a tempo completo, e estarán especificados na plataforma Moodle.

Os alumnos que non asistan ás prácticas, tanto de laboratorio como informáticas, deberar cubrir o cuestionario correspondente, e entregalo a través de Moodle antes do fin do prazo establecido.

Para levar a cabo os traballos tutelados realizaranse titorías nas que os profesores orientarán aos alumnos sobre e proporcionaranlles material bibliográfico orientativo.

A solicitude dos alumnos, realizáranse titorías para concretar os puntos a tratar en cada traballo, así como para resolver dúbidas e cuestións, ofrecer orientación e axudar no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como nas competencias transversais e nucleares da titulación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A12 A6 B5 B3 C1 Exame: cuestionario con preguntas de resposta curta e/ou tipo test. Para os estudantes que non asistan ás sesión maxistrais por ter dispensa de asistencia esta proba suporá o 55% da calificación final. Cómpre aprobar este exame para superar a asignatura. Non se poderá aprobar a asignatura se non se teñen entregado todas as tarefas obrigatorias. 40
Prácticas a través de TIC B3 C2 C6 Asistencia obrigatoria, excepto para os alumnos con dispensa de asistencia. Estos deberán entregar obrigatoriamente na data establecida un cuestionario sobre as actividades realizadas na práctica. 2.5
Sesión maxistral A6 A8 A12 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame. 10
Prácticas de laboratorio A8 A12 B3 B6 C6 Asistencia obrigatoria, excepto para os alumnos con dispensa de asistencia. Estos deberán entregar obrigatoriamente na data establecida un cuestionario sobre as actividades realizadas na práctica. 2.5
Traballos tutelados A12 B3 B5 B6 B9 C1 C2 Realización obrigatoria dun traballo tutelado en grupo (sempre que o número de estudantes o permita). A cualificación será a mesma para todos so membros do grupo. Valorarase sempre que se aprobe o exame. 40
Seminario B3 B5 B6 B9 C1 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame. 5
 
Observacións avaliación

Avaliación na segunda oportunidade: Os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado (se non se fixo no seu momento) e realizarán o exame. Ademáis, se os alumnos non asistiron ás prácticas obrigatorias deberán entregar un cuestionario sobre as actividades que se traballaron nelas.


Fontes de información
Bibliografía básica

LIBROS:

Greim, H.; Snyder, R. (2007) Toxicology and risk assessment: a comprehensive introduction. Chichester: John Wiley & sons.

Klaassen, C.D.; Watkins III, J.B. (2005) Fundamentos de Toxicología de Casarett y Doull. Madrid: MacGraw Hill.

Marquardt, H. ; Schäfer, S.G.; McClellan, R.O.; Welsch, F. (1999) Toxicology. San Diego: Academic Press.

Repetto, M.; Repetto, G. (2009) Toxicología fundamental. Madrid: Díaz de Santos.

Riviere, J.E. (2006) Biological concepts and Techniques in Toxicology. An integrated approach. New York: Taylor & Francis.

Stine, K.E; Brown, T.M. (2006) Principles of toxicology. 2nd edition. Londres: CRC Press Taylor & Francis.

ARTIGOS:

Albertini, R.J.; Anderson, D.; Douglas, G.R.; Hagmar, L.; Hemminki, K.; Merlo, F.; Natarajan, A.T.; Norppa, H.; Shuker, D.E.G.; Tice, R.; Waters, M.D.; Aitio, A. (2000) IPCS guidelines for the monitoring of genotoxic effects of carcinogens in humans. Mutat. Res.463: 111-172.

Cimino, M. C. 2006. Comparative overview of current international strategies and guidelines for genetic toxicology testing for regulatory purposes. Environmental and Molecular Mutagenesis 47:362-390.

Gallo, V.; Khan, A.; Gonzales, C.; Phillips, D.H.; Schoket, B.; Györffy, E.; Anna, L.; Kovács, K.; Moller, P.; Loft, S.; Kyrtopoulos, S.; Matullo, G.; Vineis, P. (2008) Validation of biomarkers for the study of environmental carcinogens: A review. Biomarkers 13: 505 - 534.

Imyanitov, E.N.; Togo, A.V.; Hanson, K.P. (2004) Searching for cancer-associated gene polymorphisms: promises and obstacles. Cancer Lett.204: 3-14.

Srám, R.J. y Binková, B. (2000) Molecular epidemiology studies on occupational and environmental exposure to mutagens and carcinogens, 1997-1999. Environ. Health Perspect.108: 57-70.

Young, R. 2002. Genetic toxicology: Web resources. Toxicology 173:103-121.

Bibliografía complementaria

LIBROS:

Barile, F.A. (2008) Principles of Toxicology Testing. Florida: CRC Press.

Córdoba, D. (2001) Toxicología. Bogotá: Manual Moderno.

DeCaprio, A. (2006) Toxicologic biomarkers. New York: Taylor and Francis.

Hamadeh, H.K.; Afshari, C.A. (2004) Toxicogenomics. Principles and Applications. New Jersey: Wiley-Liss.

Hodgson, E.; Levi, P.E. (1997) A textbook of modern toxicology. Connecticut: Appleton and Lange.

IPCS (1993) Biomarkers and risk assessment: concepts and principles. International Programme on chemical safety. Environmental Health Criteria 155. World Health Organization. Geneva.

Mendelsohn, M.L.; Mohr, L.C.; Peeters, J.P. (1998) Biomarkers. Medical and workplace applications. Washington D.C.: Joseph Henry Press.

Mendelsohn, M.L.; Peeters, J.P.; Normandy, M.J. (1995) Biomarkers and occupational health: progress and perspectives. Washington D.C.: Joseph Henry Press.

National Research Council of the National Academies (2006) Human biomonitoring for environmental chemicals. Washington D.C.: The National Academies Press.

Niesink, R.J.M. (1996) Toxicology: principles and applications. Boca Raton-Florida: CRC Press.

Repetto, M. (1995) Toxicología avanzada. Madrid: Díaz de Santos.

ARTIGOS:

Albertini, R.J.; Nicklas, J.A.; O'Neill, J.P. (1996) Future research directions for evaluating human genetic and cancer risk from environmental exposures. Environ. Health Perspect104 (Suppl 3): 503-510.

Au, W.W.; Oh, H.Y.; Grady, J.; Salama, S.A. y Heo, M.Y. (2001) Usefulness of genetic susceptibility and biomarkers for evaluation of environmental health risk. Environ. Mol. Mutagen.37: 215-225.

Autrup, H. (2000) Genetic polymorphisms in human xenobiotica metabolizing enzymes as susceptibility factors in toxic response. Mutat. Res.464: 65-76.

Bonassi, S. (1999) Combining environmental exposure and genetic effect measurements in health outcome assessment. Mutat. Res.428: 177-185.

Butterworth, B.E.; Bogdanffy, M.S. (1999) A comprehensive approach for integration of toxicity and cancer risk assessments. Regul. Toxicol. Pharmacol.29: 23-36.

Garte, S. (2001) Metabolic susceptibility genes as cancer risk factors: time for a reassessment? Cancer Epidemiol. Biomarkers Prev.10: 1233-1237.

Gyorffy, E., Anna, L., Kovacs, K., Rudnai, P., and Schoket, B. (2008) Correlation between biomarkers of human exposure to genotoxins with focus on carcinogen-DNA adducts. Mutagenesis 23:1-18.

Ingelman-Sundberg, M. (2001) Genetic variability in susceptibility and response to toxicants. Toxicol. Lett.120: 259-268.

Lang, M. y Pelkonen, O. (1999) Metabolism of xenobiotic and chemical carcinogenesis. Metabolic polymorphisms and susceptibility to cancer. IARC Scientific Publications No. 148. International Agency for Research on Cancer. Lyon. pp: 13-22.

Norppa, H. (2001) Genetic polymorphisms and chromosome damage. Int. J. Hyg. Environ. Health204: 31-38.

Pavanello, S. (2003) Metabolic and DNA repair variations in susceptibility to genotoxins. Polycyclic Aromatic Compounds23: 49-107.

Pavanello, S. y Clonfero, E. (2000) Biological indicators of genotoxic risk and metabolic polymorphisms. Mutat. Res.463: 285-308.

Seidegard, J. y Ekström, G. (1997) The role of human glutathione transferases and epoxide hydrolases in the metabolism of xenobiotics. Environ. Health Perspect.105: 791-799.

Talaska, G.; Maier, A.; Henn, S.; Booth-Jones, A.; Tsuneoka, Y.; Vermeulen, R.; Schumann, B.L. (2002) Carcinogen biomonitoring in human exposures and laboratory research: validation and application to human occupational exposures. Toxicol. Lett.134: 39-49.

Thier, R.; Brüning, T.; Roos, P.H.; Golka, K.; Ko, Y. y Bolt, H.M. (2003) Markers of genetic susceptibility in human environmental hygiene and toxicology: the roles of selected CYP, NAT and GST genes. Int. J. Hyg. Environ. Health206: 149-171.

Thybaud, V., Le Fevre, A.-C., and Boitier, E. 2007. Application of toxicogenomics to genetic toxicology risk assessment. Environmental and Molecular Mutagenesis 48:369-379.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-Recoméndase ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización da plataforma virtual Moodle e a preparación do traballo obrigatorio e a súa exposición.

-Recoméndase ter coñecementos de inglés, para a consulta de materiais bibliográficos.

-Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible os traballos documentais que se realicen nesta asignatura entregaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

Non se utilizarán plásticos.

Realizaranse impresións a doble cara.

Utilizarase papel reciclado.

Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías