Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Proteínas Recombinantes e Inxeniería de Proteínas Código 610441013s
Titulación
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.gsiso@udc.es
Profesorado
Becerra Fernandez, Manuel
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
isabel.gsiso@udc.es
Web
Descrición xeral A importancia actual dos procesos enzimáticos aplicados á industria alimentaria ou farmacolóxica e tal, que permite a producción de compostos que non poderían obterse de ningún outro xeito. A producción industrial de enzimas e un negocio que a comenzos do século XXI move en torno a 1600 millóns de dolares ao ano.
A utilización de enzimas en procesos industriais vese limitada en ocasións por factores inherentes á natureza das enzimas como por exemplo a súa falla de estabilidade fronte a condicións extremas de temperatura ou pH, a súa desnaturalización en presencia de solventes orgánicos ou a súa escasa actividade fronte a determinados sustratos. Na actualidade hay un amplo abano de técnicas de expresión e de Enxenería de Proteínas que permiten a xeración de proteínas modificadas co obxectivo de subsanar estas limitacións. Existe unha ampla gama de productos desenvolvidos por estas vías que se empregan en diversos campos.
Nesta asignatura describiranse métodos actuais para a expresión e modificación de proteínas, de uso tanto en investigación básica como en aplicacións biotecnolóxicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade de traballar de xeito seguro nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco
A2 Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións
A10 Capacidade de modificar xenes, proteínas e cromosomas con aplicacións biotecnolóxicas
B3 Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B7 Capacidade de progreso persoal: aprender de forma autónoma, adaptarse a novas situacións, desenvolvendo calidades como creatividade, capacidade de liderado, motivación pola excelencia e a calidade
C2 Capacidade para coñecer e empregar axeitadamente a terminoloxía técnica do campo de coñecemento do máster, na lingua nativa e en inglés, como lingua de difusión internacional neste campo
C3 Capacidade de utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para coñecer e empregar os conceptos bioquímicos, técnicas e recursos dispoñibles nas bases de datos relacionados cos contidos da materia AI1
AI2
AI10
BI3
BI7
CM2
CM3
CM8
Capacidade para resolver casos prácticos mediante a adquisición de destrezas que permitan levar a cabo un proxecto simulado de expresión de proteínas recombinantes e evolución dirixida de proteínas. AI1
AI2
AI10
BI3
BI7
CM2
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Sistemas para a expresión de proteínas nativas e recombinantes: bacterias Sistemas de expresión de proteínas heterólogas en bacterias e purificación.
Sistemas para a expresión de proteínas nativas e recombinantes: lévedos Sistemas de expresión de proteínas heterólogas en lévedos e procesamento down-stream.
Sistemas para a expresión de proteínas nativas e recombinantes: células animais Manipulación xenética de células animais. Sistemas de expresión e producción de proteínas en células de mamífero.
Enxeñería de proteínas I Introducción. Técnicas de mutaxénese dirixida.
Enxeñería de proteínas II Técnicas de evolución artificial de proteínas.
Enxeñería de proteínas III Técnicas de estabilización e inmovilización de enzimas.
Aplicacións industriais da enxeñería de proteínas. Aplicacións en enzimoloxía, na industria farmacéutica, alimentaria e outras.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A10 B3 B7 C2 C3 C8 1 13 14
Estudo de casos A1 A2 A10 B3 B7 C2 C3 C8 1 20 21
Discusión dirixida A1 A2 A10 B3 B7 C2 C3 C8 1 20 21
Proba mixta B3 B7 C2 C3 C8 2 12 14
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan a través da consulta dos materiais dispostos á súa disposición no campus virtual como apuntes, clases gravadas, presentacións, traballos científicos, etc.
Estudo de casos Metodoloxía que permite que os estudiantes aprendan efectivamente a través da resolución de casos prácticos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, coordinados por un moderador.
Proba mixta Exame que integra preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas tipo de probas obxectivas e resolución de casos e problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Proba mixta
Lecturas
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concibese como momentos de traballo presencial do alumno co profesor polo que implican unha participación obrigatoria para o alumno.
A forma e o momento no que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso según o plan de traballo da asignatura

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A10 B3 B7 C2 C3 C8 Avaliarase a participación activa respondendo ás preguntas dos boletins. Os alumnos deberán entregar os boletíns de resposta cubertos.

20
Estudo de casos A1 A2 A10 B3 B7 C2 C3 C8 Avaliarase a habilidade na aplicación dos coñecementos adquiridos na resolución de casos que simularán un proxecto investigador en inxeñería de proteínas. Os estudantes deberán entregar os casos resoltos
20
Proba mixta B3 B7 C2 C3 C8 Realizarase unha proba para avaliar os coñecementos adquiridos durante a realización das clases maxistrais e resolución de casos, así como discusións dirixidas


60
 
Observacións avaliación

Para obter matrícula de honra terán preferencia as mellores notas da primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

-Cerdán Villanueva, M. E. Curso Avanzado de Proteínas y Ácidos Nucleicos. A Coruña. Universidade da Coruña. 2005. Libro.

-Cerdán Villanueva, M. E., Freire Picos, M. A., González Siso, M. I. y Rodríguez Torres, A. M., Biología Molecular. Avances y Técnicas generales , A Coruña. Universidade da Coruña, 1997, Libro.

-Gerd Gellisen Ed., Production of recombinant proteins: novel microbial and eukaryotic expression systems, Weinheim: Wiley-VCH, 2005, Libro,BM-720

-Glick, B. R., Molecular Biotechnology: Principles and Application of Recombinant DNA, Washington: American Society Microbiology, 2003, Libro,BM-668

-Gómez-Moreno, C. y Sancho, J. Estructura de proteínas. Ariel Ciencia. 2003. Libro

-González Siso, M. I., La Biotecnología en el tratamiento de residuos industriales , A Coruña. Universidade da Coruña. Servicio de Publicacións, 1999, Libro,

- Lutz, S., Bornscheuer. Protein Engineering Handbook. Wiley-Vch. Volumen 1 y 2. 2009. Libro. BM-785

-Ninfa, A. J., Fundamental laboratory approaches for biochemistry and biotechnology, Hoboken: John Wiley and Sons, 2010, Libro,BM-801

-Perera, J., Tormo, A., García, J. L., Ingeniería Genética. Vol I. Preparación, análisis, manipulación y clonaje del DNA. , Madrid. Síntesis , 2002, Libro,

-Perera, J., Tormo, A., García, J. L., Ingeniería Genética. Vol II. Expresión de DNA en sistemas heterólogos., Madrid. Síntesis , 2002, Libro,

-Thiel, T., Bissen, S. T., Lyons, E. M., Biotechnology: DNA to Protein. A Laboratory Project in Molecular Biology. , , 2001, Libro,

-Wink, M., An introduction to molecular Biotechnology: from molecular biological fundamentals to methods and applications in modern biotechnology, Verlag Chemie, GmbH, 2006, Libro,BM-762

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas Moleculares/610441002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dinámica e Estructura de Proteínas/610441012
Bioinformática e Modelado de Biomoléculas/610441021

Materias que continúan o temario
Traballo de Máster/610441023

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías