Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Biotecnoloxía animal Código 610475304
Titulación
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Mendez Felpeto, Josefina
Correo electrónico
josefina.mendez@udc.es
Profesorado
Insua Pombo, Ana Maria
Mendez Felpeto, Josefina
Correo electrónico
ana.insua@udc.es
josefina.mendez@udc.es
Web http://masterbiotecnologiaavanzada.com/
Descrición xeral Trátase dunha materia na que se pretende presentar aos alumnos os aspectos básicos da biotecnoloxía animal. Comprender os fundamentos de ferramentas moleculares para o estudo de genomas e como a través de marcadores moleculares podénse identificar especies, analizar poboacións e desenvolver programas de mellora. Tamén coñecer ferramentas e aplicacións de tecnoloxías para a manipulación cromosómica e fertilización in vitro.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Saber buscar e analizar a biodiversidade de microorganismos, plantas e animais así como seleccionar os de maior interese biotecnolóxico (aplicado).
A5 Coñecer os principios da xenómica e a proteómica.
A7 Saber buscar, obter e interpretar a información das bases de datos biolóxicos: xenómicas, proteómicas, transcriptómicas e metabolómicas e utilizar as ferramentas básicas da bioinformática.
A21 Coñecer os recursos microbianos, vexetais e animais de interese biotecnolóxico así como as súas aplicacións na industria alimentaria e agropecuaria.
A24 Coñecer as estratexias de produción e mellora de alimentos por métodos biotecnolóxicos.
B1 Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
B2 Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
B3 Capacidade de xestión da información (con apoio de tecnoloxías da información e as comunicacións).
B4 Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
B5 Capacidade de identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
B6 Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas.
B7 Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que propón a Biotecnoloxía.
B8 Capacidade de comunicación eficazmente coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación.
B9 Capacidade de Traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa.
B10 Capacidade de Traballo nun contexto de sostibilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
B11 Racionamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
B12 Adaptación a novas situacións legais, ou novidades tecnolóxicas así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia.
B13 Aprendizaxe autónoma.
B14 Liderazgo e capacidade de coordinación.
B15 Sensibilización cara á calidade, o respecto medioambiental e o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as distintas aplicacións que os recursos animais teñen na biotecnoloxía, no ámbito alimentario e agropecuario. AM1
AM5
AM7
AM21
AM24
BM1
BM2
BM3
BM5
BM7
BM8
BM10
BM12
BM13
BM15
Desenvolver estratexias de produción baseadas na mellora de alimentos por métodos biotecnolóxicos. AM1
AM5
AM7
AM21
AM24
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
BM14
BM15

Contidos
Temas Subtemas
Xenómica e a súa aplicación na explotación da variabilidade natural animal.
Xenómica estructural e funcional.
Xenomas animais. Paradoxa do Valor-C.
Rexions xenómicas ea sua variabilidade
Identificación de xenes. Mapas de ligamento
Mellora xenética e selección asistida por marcadores Marcadores moleculares: tipos, características, desenvolvemento e análise
Selección de carácteres cuantitativos en animais. Detección e análise de QTLs, Uso de xenes identificados en mellora xenética. Estudos de asociación a nivel xenómico. Selección xenómica.
Control da reproducción e técnicas de reproducción asistida en animais Fecundación in vitro e producción de embrions
Micromanipulación de gametos e embrions
Determinación do sexo.
Manipulación cromosómica en peixes e moluscos Poliploidía. Xinoxénesis. Androxénesis. Poboacions monosexo. Producción de clons.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A21 A24 B9 8 0 8
Proba obxectiva A1 A5 A7 B1 B3 B4 B5 B6 0 20 20
Traballos tutelados A1 A5 B1 B2 B6 B7 B8 B10 B13 B14 0 10 10
Sesión maxistral A24 A21 B11 B12 B15 20 16 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Visitarase un centro no cal utilizan ferramentas biotecnoloxicas relativas a reproducción en animais
Proba obxectiva Esta proba utilizarase co fin de evaluar o aprendizaxe e coñecementos, capacidades, aptitudes adquiridas nesta materia.
Traballos tutelados O alumno realizará en grupo ou individualmente un traballo escrito sobre algún aspecto da materia
Sesión maxistral Realizaránse exposiciones por parte dos profesores participantes no curso co á finalidade de transmitir coñecementos xerais da materia.
As exposicions levaránse a cabo mediante video conferencia e fomentarase o dialogo entre os alumnos e os profesores.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Pódense realizar titorías personalizadas ou en grupo, físicamente ou mediante videoconferencia, para asesorarse sobre os traballos e consultar calquera tema da materia.
Para o alumnado con reconocimiento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non perxudicar a súa calificación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A5 B1 B2 B6 B7 B8 B10 B13 B14 Avaliarase a orixinalidade, grao de comprensión do tema tratado, capacidade de síntese e crítica e as fontes bibliográficas consultadas.
20
Sesión maxistral A24 A21 B11 B12 B15 Avaliarase a asistencia, actitude e a participación nos diálogos promovidos polos profesores.
30
Prácticas de laboratorio A21 A24 B9 Avaliarase a asistencia ás prácticas. Os alumnos responderán a cuestionarios sobre as prácticas-visitas que se realicen.
10
Proba obxectiva A1 A5 A7 B1 B3 B4 B5 B6 A proba obxectiva permitirá ao alumno demostrar o dominio dos coñecementos adquiridos sobre cuestións básicas da materia. Consistirá en varias preguntas curtas sobre os contidos explicados polos profesores.
40
 
Observacións avaliación

É imprescindible realizar a proba obxectiva para ser avaliado.

A matricula de honra concédese preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria.

Non presentado será a nota dos alumnos que non realicen ninguha actividade proposta.


Fontes de información
Bibliografía básica Smith J.E. (2004). Biotecnología . Acribia S.A.
Allis, D., Jenuwein, T., Reinberg, D. & M.T. Caparros (2007). Epigenetics. Cold Spring Harbor Laboratory Press
Lewin B. (2008). Genes IX. McGraw Hill
Piferrer, F., Felip, A., Cal, R.M. (2007). Inducción de la triploidía y la ginogénesis para la obtención de peces estériles y poblaciones monosexo en acuicultura . En Genética y genómica en acuicultura. Observatorio Español de Acuicultura, Madrid.
Cortés Rubio, E.& Morcillo Ortega G. (2002). Ingenieria Genética. Manipulación de genes y genomas. Universidad Nacional de Educación a Distancia
Thieman W.J. & Palladino M.A. (2009). Introduction to Biotechnology Second Edition. Pearson International Edition
Ruvinsky, A., Marshall-Graves, J.A. (2005). Mammalian Genomics. CABI Publishing
Piferrer, F., Beaumont, A., Falguière, J.C., Flajshans, Haffray, P., Colombo, L (2009). Polyploid fish and shellfish: production, biology, applications to aquaculture for performance improvement and genetic containement. Aquaculture 293: 125-156
Lynch, M (2007). The Origins of Genome Architecture. Sinauer Assoc., Sunderland

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enxeñaría xenética e transxénese/610475101
Enxeñaria Celular e Tisular/610475102
Xenómica e Proteómica/610475103

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Organización e xestión: xestión empresarial e xestión eficaz do laboratorio/610475201
Aspectos legais e éticos en Biotecnoloxía/610475203
Análise de alimentos, seguridade alimentaria e trazabilidade/610475302

Materias que continúan o temario
Reproducción asistida/610475502

Observacións

Recomendase ter coñecementos de inglés a nivel de comprensión de fontes da información científica para o correcto aprendizaxe das competencias da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías