Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Biotecnoloxía animal Código 610475304
Titulación
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Insua Pombo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.insua@udc.es
Profesorado
Insua Pombo, Ana Maria
Mendez Felpeto, Josefina
Correo electrónico
ana.insua@udc.es
josefina.mendez@udc.es
Web http://masterbiotecnologiaavanzada.com/
Descrición xeral Trátase dunha materia na que se pretende presentar aos alumnos os aspectos básicos da biotecnoloxía animal. Comprender os fundamentos de ferramentas moleculares para o estudo de genomas e como a través de marcadores moleculares podénse identificar especies, analizar poboacións e desenvolver programas de mellora. Tamén coñecer ferramentas e aplicacións de tecnoloxías para a manipulación cromosómica e fertilización in vitro.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Docencia híbrida/mixta
- Sesión maxistral
- Traballos tutelados
- Prácticas a través de TIC
- Proba obxectiva
Docencia non presencial
- Traballos tutelados
- Prácticas a través de TIC
- Proba obxectiva

*Metodoloxías docentes que se modifican
Docencia híbrida/mixta
- Prácticas de laboratorio (visita): non se realizará; esta actividade substitúese por resolución de problemas.
Docencia non presencial
- Sesión maxistral: non se realizará; esta actividade substitúese por estudo previo (lectura de documentación/visionado de vídeos de maneira autónoma) e posterior debate dirixido polo profesor.
- Prácticas de laboratorio: non se realizará; esta actividade substitúese por resolución de problemas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Docencia híbrida/mixta
- Correo electrónico. Diariamente. Para facer consultas e solicitar encontros virtuais para titorías.
- Moodle/Faitic. Diariamente. Para proporcionar materiais e información da materia.
- Teams. A pedimento do estudante para realizar titorías.
Docencia non presencial
- Correo electrónico. Diariamente. Para facer consultas e solicitar encontros virtuais para titorías.
- Moodle/Faitic. Diariamente. Para proporcionar materiais e información da materia.
- Teams. Franxa horaria da materia para sesións de debate dirixido polo profesor. Tamén a pedimento do estudante para realizar titorías.

4. Modificacións na avaliación
Docencia híbrida/mixta
- Resolución de problemas: 15% (remplaza prácticas de laboratorio 15%)
Docencia non presencial
- Debate dirixido: 15% (remplaza sesión maxistral 15%)
- Resolución de problemas: 15% (remplaza prácticas de laboratorio 15%)

*Observacións de avaliación:
Docencia híbrida/mixta ou non presencial
A proba obxectiva realizarase nun entorno virtual.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Proporcionaranse recursos electrónicos de libre acceso.

Competencias do título
Código Competencias do título
A21 Coñecer os recursos microbianos, vexetais e animais de interese biotecnolóxico así como as súas aplicacións na industria alimentaria e agropecuaria.
A24 Coñecer as estratexias de produción e mellora de alimentos por métodos biotecnolóxicos.
B1 Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
B2 Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
B3 Capacidade de xestión da información (con apoio de tecnoloxías da información e as comunicacións).
B4 Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
B5 Capacidade de identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
B6 Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas.
B7 Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que propón a Biotecnoloxía.
B8 Capacidade de comunicación eficazmente coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación.
B9 Capacidade de Traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa.
B10 Capacidade de Traballo nun contexto de sostibilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
B11 Racionamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
B12 Adaptación a novas situacións legais, ou novidades tecnolóxicas así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia.
B13 Aprendizaxe autónoma.
B14 Liderazgo e capacidade de coordinación.
B15 Sensibilización cara á calidade, o respecto medioambiental e o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as distintas aplicacións que os recursos animais teñen na biotecnoloxía, no ámbito alimentario e agropecuario. AM21
AM24
BM1
BM2
BM3
BM5
BM7
BM8
BM10
BM12
BM13
BM15
Desenvolver estratexias de produción baseadas na mellora de alimentos por métodos biotecnolóxicos. AM21
AM24
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
BM14
BM15

Contidos
Temas Subtemas
Xenómica e a súa aplicación na explotación da variabilidade natural animal.
Xenómica estructural e funcional.
Xenomas animais. Paradoxa do Valor-C.
Rexions xenómicas ea sua variabilidade
Identificación de xenes. Mapas de ligamento
Mellora xenética e selección asistida por marcadores Marcadores moleculares: tipos, características, desenvolvemento e análise
Selección de carácteres cuantitativos en animais. Detección e análise de QTLs, Uso de xenes identificados en mellora xenética. Estudos de asociación a nivel xenómico. Selección xenómica.
Control da reproducción e técnicas de reproducción asistida en animais Fecundación in vitro e producción de embrions
Micromanipulación de gametos e embrions
Determinación do sexo.
Manipulación cromosómica en peixes e moluscos Poliploidía. Xinoxénesis. Androxénesis. Poboacions monosexo. Producción de clons.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A21 A24 B11 B12 B15 14 21 35
Prácticas de laboratorio A21 A24 B9 4 2 6
Prácticas a través de TIC A24 A21 B2 B3 3 6 9
Traballos tutelados A21 A24 B1 B2 B6 B7 B8 B10 B13 B14 0 12 12
Proba obxectiva A21 A24 B1 B3 B4 B5 B6 2 10 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizaránse exposiciones por parte dos profesores participantes no curso co á finalidade de transmitir coñecementos xerais da materia.
As exposicions levaránse a cabo mediante video conferencia e fomentarase o dialogo entre os alumnos e os profesores.
Prácticas de laboratorio Visitarase un centro no cal utilizan ferramentas biotecnoloxicas relativas a reproducción en animais
Prácticas a través de TIC Actividade de aplicación de coñecementos baseada na utilización de programas e recursos informáticos. Realizarase baixo a orientación dun profesor.
Traballos tutelados O alumno realizará en grupo ou individualmente un traballo escrito sobre algún aspecto da materia
Proba obxectiva Proba escrita sobre os coñecementos adquiridos na materia. Constará de preguntas de resposta múltiple, verdadeiro/falso, de resposta breve e/ou asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Pódense realizar titorías personalizadas ou en grupo, físicamente ou mediante videoconferencia, para asesorarse sobre os traballos e consultar calquera tema da materia.
Para o alumnado con reconocimiento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non perxudicar a súa calificación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A24 A21 B2 B3 Avaliarase o grao de comprensión das análisis realizadas e de destreza coas ferramentas bioinformáticas utilizadas. 10
Traballos tutelados A21 A24 B1 B2 B6 B7 B8 B10 B13 B14 Avaliarase a orixinalidade, grao de comprensión do tema tratado, capacidade de síntese e crítica e as fontes bibliográficas consultadas.
20
Sesión maxistral A21 A24 B11 B12 B15 Avaliarase a asistencia, actitude e a participación nos diálogos promovidos polos profesores.
15
Prácticas de laboratorio A21 A24 B9 Avaliarase a asistencia ás prácticas. Os alumnos responderán a un cuestionario sobre a visita realizada.
15
Proba obxectiva A21 A24 B1 B3 B4 B5 B6 A proba obxectiva permitirá ao alumno demostrar o dominio dos coñecementos adquiridos sobre cuestións básicas da materia.
40
 
Observacións avaliación

É imprescindible realizar a proba obxectiva para ser avaliado.

A matricula de honra concédese preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria.

Non presentado será a nota dos alumnos que non realicen ninguha actividade proposta.

Para o alumnado con reconocimiento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, os profesores adoptarán as medidas que consideren oportunas para non perxudicar a súa calificación.


Fontes de información
Bibliografía básica Smith J.E. (2004). Biotecnología . Acribia S.A.
Allis, D., Jenuwein, T., Reinberg, D. & M.T. Caparros (2007). Epigenetics. Cold Spring Harbor Laboratory Press
Lewin B. (2008). Genes IX. McGraw Hill
Piferrer, F., Felip, A., Cal, R.M. (2007). Inducción de la triploidía y la ginogénesis para la obtención de peces estériles y poblaciones monosexo en acuicultura . En Genética y genómica en acuicultura. Observatorio Español de Acuicultura, Madrid.
Cortés Rubio, E.& Morcillo Ortega G. (2002). Ingenieria Genética. Manipulación de genes y genomas. Universidad Nacional de Educación a Distancia
Thieman W.J. & Palladino M.A. (2009). Introduction to Biotechnology Second Edition. Pearson International Edition
Ruvinsky, A., Marshall-Graves, J.A. (2005). Mammalian Genomics. CABI Publishing
Piferrer, F., Beaumont, A., Falguière, J.C., Flajshans, Haffray, P., Colombo, L (2009). Polyploid fish and shellfish: production, biology, applications to aquaculture for performance improvement and genetic containement. Aquaculture 293: 125-156
Lynch, M (2007). The Origins of Genome Architecture. Sinauer Assoc., Sunderland

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enxeñaría xenética e transxénese/610475101
Enxeñaria Celular e Tisular/610475102
Xenómica e Proteómica/610475103

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Organización e xestión: xestión empresarial e xestión eficaz do laboratorio/610475201
Aspectos legais e éticos en Biotecnoloxía/610475203
Análise de alimentos, seguridade alimentaria e trazabilidade/610475302

Materias que continúan o temario
Reproducción asistida/610475502

Observacións

Recoméndase:

Ter coñecementos de inglés a nivel de comprensión de fontes da información científica para o correcto aprendizaxe das competencias da materia.

Seguir de forma continuada o desenvolvemento da materia.

Consultar regularmente a plataforma Moodle/Faitic e o correo electrónico para dispoñer dos materiais e estar o corrente da programación de actividades.

Asistir a titorías para resolver calquera dúbida ou dificultade que poida ter.

Consultar a bibliografía recomendada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías