Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Prevención, xestión e auditorías ambientales Código 610475404
Titulación
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Enxeñaría Civil
Matemáticas
Química
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Comendador Gil, Pablo
Dominguez Santiago, Ángeles
Rosales Villanueva, Emilio
Soto Castiñeira, Manuel
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.soto@udc.es
m.carmen.veiga@udc.es
Web http://masterbiotecnologiaavanzada.com/
Descrición xeral Esta materia forma parte do módulo de especialización en Biotecnoloxía ambiental, común tanto ao itinerario profesional como ao académico-investigador. Trata aspectos básicos da xestión ambiental tanto de tipo xeral como aplicados á actividade empresarial e industrial. Os distintos temas serán impartidos por un equipo interdisciplinar, cuxos membros pertencen a diversas institucións universitarias e empresas:
- Avaliación de Impacto Ambiental: Vicente Jimenez e Mª del Carmen Veiga (veiga@udc.es)
- Xestión e auditorías ambientais: Pablo Comendador Gil (pablocg@cysconsulting.com) (C&S Consulting Services).
- Análise do ciclo de vida (LCA) e pegada ecolóxica (PE): Ángeles Domínguez (admguez@uvigo.es)
- Xestión de Residuos (minimización, reducción, reutilización e reciclaxe): Manuel Soto (m.soto@udc.gal)
- Xestión Integral da Agua: Emilio Rosales Villanueva, de UVigo, (emiliorv@uvigo.es)

Competencias do título
Código Competencias do título
A27 Coñecer a problemática da contaminación ambiental e saber facer avaliacións do impacto ambiental.
A30 Coñecer e saber utilizar as medidas de prevención e xestión da contaminación ambiental enfocada ao control da mesma e á minimización dos seus efectos.
A31 Saber levar a cabo auditorías sobre contaminación ambiental.
B1 Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
B2 Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
B3 Capacidade de xestión da información (con apoio de tecnoloxías da información e as comunicacións).
B4 Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
B5 Capacidade de identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
B6 Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas.
B7 Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que propón a Biotecnoloxía.
B8 Capacidade de comunicación eficazmente coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación.
B9 Capacidade de Traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa.
B10 Capacidade de Traballo nun contexto de sostibilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
B11 Racionamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
B12 Adaptación a novas situacións legais, ou novidades tecnolóxicas así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia.
B13 Aprendizaxe autónoma.
B14 Liderazgo e capacidade de coordinación.
B15 Sensibilización cara á calidade, o respecto medioambiental e o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Avaliar a problemática medioambiental en contornos contaminados e aplicar ferramentas de prevención e xestión para asegurar a conservación do medio ambiente. Coñecer a alternativa dos 3R e como contribuir á economía circular. AM30
BM1
BM2
BM4
BM6
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
BM14
BM15
Saber levar a cabo auditorías sobre contaminación ambiental. AM31
BM3
Saber realizar estudos de impacto ambiental. AM27
BM3
BM5
BM7
BM9
BM10
BM12
BM15
Saber levar a cabo análises de ciclo de vida de produtos e actividades AM27
BM1
BM3
Saber xestionar o uso da auga con criterios de eficiencia e sustentabilidade AM27
BM1
BM12

Contidos
Temas Subtemas
1. Avaliación de Impacto Ambiental 1.1. Normativa básica de referencia sobre avaliación ambiental
1. 2 Procedementos básicos de avaliación ambiental
1. 3 Alcance dos documentos e estudos ambientais. Obxectivos e procedemento de tramitación
1.4. Casos prácticos
2. Xestión e auditorías ambientais 2. Sistemas de xestión ambiental. Normas ISO 14000. Regulamento EMAS.
3. Análise do ciclo de vida (ACV) e Pegada Ecolóxica (PE) 3.1. Sostenibilidade. Metodoloxías de avaliación ambiental. Análise de Ciclo de Vida (ACV) e Pegada Ecolóxica (PE). Introdución. Definicións. Aplicabilidade. Metodoloxías de cálculo.
3.2. Metodoloxía ACV ISO 14040. Definición de obxectivos e alcance do estudo. Recompilación e análise de inventario. Avaliación de impacto. Interpretación. Métodos de avaliación de impacto. Software para ACV.
3.3. A Pegada Ecolóxica. A Pegada de Carbono (PC).
3.4. Exemplo de aplicación.
4. Xestión de Residuos 4.1. Inventarios e clasificación de residuos. Caracterización. Planificación da xestión.
4.2. Introdución ás tecnoloxías limpas. Plan de minimización. Auditoría dirixida á minimización. Exemplos.
4.3. Reutilización e reciclaxe de residuos. Recollida selectiva e clasificación para a reciclaxe.
5. Xestión Integral da Auga 5.1. O ciclo urbano tradicional do uso da auga. Conceptos da xestión da auga.
5.2. Directiva Marco da Auga. Novos principios e a súa aplicación. Planificación Hidrolóxica.
5.3. Uso urbano e estratexias de sostibilidade dos recursos hídricos: augas grises, a reutilización das augas residuais, aproveitamento das augas pluviais .
5.4. Estratexias “Water sensitive urban design” e “Low impact development”.
5.5. Estratexias de control de verteduras. A Directiva 91/271 para augas residuais urbanas. Ordenanzas municipais. Regularización das verteduras. Canon de control. Canon da auga de Galicia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B3 B6 1 0 1
Sesión maxistral A30 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B15 14 28 42
Seminario A27 A30 B1 B5 B11 B12 3 5 8
Proba obxectiva A27 A30 A31 B1 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B14 B15 1 0 1
Saídas de campo A27 A30 B5 B7 B12 2 2 4
Traballos tutelados A27 A30 A31 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B15 1 16 17
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do programa e guía da materia. Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará perguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos chave. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos, táboas, textos e outros materiais que considere oportuno.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e achega de documentación para a súa análise, estudo-debate e conclusións no grupo.
Por tanto, os seminarios concíbense como traballo práctico no que tratar problemas reais ou teóricos.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados na análise de fontes documentais, seminarios e sesións maxistrais.
Saídas de campo Analizaranse os aspectos máis importantes da instalación ou lugar a visitar, e discutiranse en grupo e individualmente os elementos singulares do mesmo e as dúbidas e puntos de interese que cause nxs alumnxs.
Traballos tutelados Realizaranse traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa. Os pasos a seguir son: selección do tema a proposta do profesor ou do/a alumno/a, identificación preliminar da documentación e da metodoloxía, elaboración dun guión xeral, sesións periódicas co profesor ou correo-e para o seguimento e preparación do informe ou memoria, entrega da memoria final, revisión e, de ser o caso, corrección polo alumno/a.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a.
Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non perxudicar a súa calificación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A30 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B15 Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a. 5
Seminario A27 A30 B1 B5 B11 B12 Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a. 10
Proba obxectiva A27 A30 A31 B1 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B14 B15 Cuantificación da porcentaxe de respostas correctas. 50
Traballos tutelados A27 A30 A31 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B15 Proceso interactivo de realización, traballo en grupo e calidade da memoria. 30
Saídas de campo A27 A30 B5 B7 B12 Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a. 5
 
Observacións avaliación

Establécese un período máximo de 15 días naturais para a entrega dos informes de traballo do alumno, agás o acordo explícito co profesor en casos concretos. A cualificación de Non Presentado está reservada para os estudantes que participaron en menos do 40% das actividades programadas e / ou non participaron na proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica H. Jacobsen and M. Kristoffersen (2002). Case studies on waste minimization practices in Europe. EEA Report nº 2
Sánchez e cols. (2014). DE RESIDUO A RECURSO. EL CAMINO HACIA LA SOSTENIBILIDAD. Residuos Urbanos. . Mundi-Prensa: Madrid.
(2005). Effectiviness of packaging waste management systems in selected countries: an EEA pilot study . EEA Report nº 3
Guineé, J.B. (2001). Life cycle assessment. An operational guide to the ISO standards. Final report, Part 2. . Centre of Environmental Science (CML), Leiden University, Holanda.
Institut Cerdá (1995). Manual de Minimización de Residuos y Emisiones Industriales: Tomo 1: Plan de Minimización; Tomo 2: Auditorías orientadas a la minimización; Tomo 3: Buenas Prácticas.. Publicaciones del Institut Cerdá.
ISO (International Organization for Standardization) (2009). Normas ISO, Serie 14040. . www.iso.org
X.E. Castells (2000). RECICLAJE DE RESÍDUOS INDUSTRIALES. Diaz de Santos, Madrid
Baumann, H.; Tillman, A.M. (2004). The hitchhiker's guide to LCA : an orientation in life cycle assessment methodology and application. . Sweden : Studentlitteratur, cop.
Metcalf and Eddy. (). Wastewater Engineering: Treatment and reuse”. . International Edition. McGraw Hill.
Parlamento e Consello da UE (2000). “Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 23 de octubre de 2000, por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas”.
(Julio 2009). “Evaluating options for water sensitive urban design – A National guide” . Join Steering Committee for water Sensitive Cities (JSCWSC)
(). “WSUD -“Water Sensitive Urban Design. Engineering procedures”. CSIRO Publishing.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contaminación ambiental/610475401
Tecnoloxía ambiental e xestión da auga/610475402
Tecnoloxía ambiental e xestión do solo e aire/610475403

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
PROXECTO FIN DE MÁSTER/610475006
PRÁCTICAS EXTERNAS/610475007

Observacións

Dado que parte da bibliografía recomendada para esta materia atópase en inglés, e recomendable ter coñecementos desta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías