Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Exploracións Nucleares en Neuroloxía: SPET e PET. Neuroimaxe Dixital Código 610490011
Titulación
Mestrado Universitario en Neurociencia (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Profesorado
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Web http://talionis.citic.udc.es/formacion
Descrición xeral O Blque II da materia impártese en modalidade on-line a través da plataforma Moodle sendo as horas das clases presenciais para resolver dúbidas ou traballo en grupo.
Nesta materia o alumno debe acadar os seguintes obxectivos :
- Analizar as bases da moderna radiofarmacia (PET e non PET) para o estudio dos procesos neurolóxicos
- Traspasar o básico á clínica e sentar as bases para exploracións isotópicas futuras
- Analizar as exploracións nucleares isotópicas (PET e non PET) de interese práctico e de uso rutinario nos Hospitais do Sergas.
- Coñecer os novos sistemas de procesamento de imaxes
- Comprender as bases moleculares da farmacoterapia das enfermidades neurolóxicas.
- Coñecer as bases teóricas da imaxe dixital en neurociencia.
- Entender e diferenciar entre as modalidades de imaxe utilizadas en neurociencia e entre os diferentes formatos gráficos xerais e específicos das imaxes de neurociencia
- Comprender a importancia da imaxe e as súas posibilidades de investigación, especialmente no campo da neurociencia.
- Adestrarse no manexo de imaxes de neurociencia, utilizando as posibilidades de software libre e comercial: conversión de formatos, resolución
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
O bloque I poderá ser sustuido por una visita vitual ao servizo de medicina nuclear cunha presentación multimedia
O Bloque II non sufre cambios de contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Seguese a empregar as memas metodologxías cambiando a presencialidade das sesións maxistrales por clases online síncronas
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais serán on-line
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase por correo electrónico ou teleconferencia
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se produce

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Coñecer os principais métodos empregados pola neurociencia cognitiva actual, con especial acento nas técnicas psicofisiolóxicas, neuropsicolóxicas e de neuroimaxe.
B2 Coñezan e saiban utilizar as técnicas experimentais dos campos da neurociencia obxecto do seu interese.
B3 Posúan un grao de especialización, o que significa o coñecemento de problemas, teorías e técnicas específicas, en polo menos un campo da neurociencia.
B5 Saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa neurociencia.
B8 Saiban traballar en grupos de carácter multidisciplinar
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as bases tecnolóxicas e as ferramentas software e hardware necesarias para o traballo coa neuroimaxe dixital AI10
BI3
BI5
CI3
Coñecer unha unidade de medicina nuclear, tanto desde unha perspectiva clínica como tecnolóxica AI10
BI2
BI5
BI8
CI8
Saber estar ante os usuarios dunha unidade de neoruimaxe dixital, tratar os datos e procesalos con ferramentas informáticas. AI10
BI2
CI3
Coñecer os sistemas de comunicación e o estandar DICOM e NIfTI no campo da neuroimaxe AI10
BI2
BI3
CI3

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: ESTUDOS ISOTOPICOS NUCLEARES EN NEUROLOXÍA Introducción
- Bases biolóxicas das enfermidades do sistema nervioso central e psiquiátricas
- Sistemas de tratamento da imaxe
- Radiofarmacia. Bases biolóxicas dos estudios con radiofármacos
- Control de Calidade dos aparatos e bases de protección radiolóxica
- O ciclotrón
- Estudio da perfusión cerebral
- Modulación farmacolóxica da vascularización cerebral
- Estudio isotópico de: Perfusión cerebral, Demencias, Tumores, Epilepsias, Morte cerebral, Receptores dopaminérgicos, Outros procesos
O PET. Bases físicas. Control de calidade. Radiofarmacia. Aplicacións clínicas. Utilizacións futuras. O ciclotrón de Santiago: liñas de investigación
BLOQUE II. NEUROIMAXE DIXITAL - Fundamentos en neuroimaxe dixital. A imaxe dixital. Fundamentos e codificación da información. Os formatos gráficos da imaxe dixital. Formatos xerais e formatos específicos en neurociencia.
- Estándar DICOM. Formato estándar para o almacenamento e intercambio de imaxes médicas dixitais
Modalidades de imaxe dixital en neurociencia
-Orixe e fontes de xeración das imaxes en neurociencia. Imaxes médicas. Radioloxía convencional, TAC, RMN, Imaxe nuclear.
Aplicacións DICOM
-Aplicacións e visores de libre distribución e comerciais da imaxe DICOM.
- Aplicacións de neuroimaxe. O formato NIfTI.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS Bloque I
Práctica 1. Visita ó Servizo de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Práctica 2. Realización de estudios isotópicos PET ou non PET en neuroloxía e psiquiatría
Práctica 3. Visita ó Ciclotrón

Bloque II
Prácticas de manexo de imaxe médica DICOM e NIfTI con aplicacións informáticas de uso libre

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A10 B2 B3 B5 B8 C8 5 5 10
Prácticas a través de TIC B2 B5 B8 C3 C8 10 25 35
Sesión maxistral A10 B2 B3 B5 C8 5 5 10
Foro virtual B8 C3 8 8 16
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Na visita ao servizo de medicina nuclear do CHU de Santiago proporanse casso que serán estudados polo alumnado e debatidos
Prácticas a través de TIC Empregando a plataforma de teleformación ofrecida pola materia proporanse traballos ao alumnado que deberá ir realziando segundo o calendario proposto polo profesor.
Sesión maxistral Clases presenciales para dar as bases teóricas dos contidos da materia que poden ser seguidos polos contidos on-line disponibles para o alumno a través da plataforma da materia. A asistencia é opcional.
Foro virtual A participación nos foros da paltaforma de teleformación serán unha parte activa importante na avaliación da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Foro virtual
Descrición
Preténdese que cada alumno de forma individual traballe no eido da neuroimaxe centrándose nas súas liñas de interese. Ao tratarse dunha materia cos alumnado moi heteroxéneo en canto a súa formación tratarse de buscar os contidos de interese para cada alumno

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A10 B2 B3 B5 B8 C8 As prácticas no servico de medicina nuclar do CHUS 50
Prácticas a través de TIC B2 B5 B8 C3 C8 A entrega dos traballos nas datas propostas a través de Moodle da UDC 35
Sesión maxistral A10 B2 B3 B5 C8 A consulta dos videotutoriais dispoñibles na plataforma de teleformación é necesaria para poder facer correctamente as prácticas. 5
Foro virtual B8 C3 A participación activa e intelixente no foro será tida en conta para a avaliación final. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia completa e necesario aprobar cada un dos bloques. A asistencia e obrigatoria no Bloque I


Fontes de información
Bibliografía básica Von Schulthess GK (2003). Clinical molecular anatomic imagingf. Philadelphia : Lippinhcott W&W
NEMA (2012). DICOM Standard Status. Base Standard. http://medical.nema.org/
Souto M, García P. (2001). El ojo clínico de la Red. Santiagode Compostela: Universidad de Santiago de Compostela
Deinendengen LE, Shreeve WW, Eckelman WC, Bahk YW, Wagner HN jr. (2003). Molecular nuclear Medicine. Heidelberg : Springer Verlag
Maestú F, Cabestrero R, Ríos M (2008). Neuroimagen : técnicas y procesos cognitivos. Barcelona : Masson
ACR: American College of Radiology (2012). Neuroimaging . http://www.acr.org
Carreras JL, Lapeña L, Asensio C (2002). PET en oncología. Madrid : Nova Sidonia

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

No Bloque II, ao tratarse dun mestardo interuniversitario, empregarase a plataforma de teleformación creda polo profesor para a materia (O Moodle institucional non soporta acceso de alumnos de diferentes universidades)

Todos os traballos son entregados a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, contribuindo deste modo a unha educación baseada nun modelo sostible..

Plataforma Moodle: https://www.imedir.udc.es/formacion



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías