Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Calidade da Auga Código 610500008
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Enxeñaría Civil
Matemáticas
Química
Coordinación
Ruiz Bolaños, Isabel
Correo electrónico
isabel.ruiz@udc.es
Profesorado
Delgado Martin, Jordi
Garcia Dopico, Maria Victoria
Nalakath Abubackar, Haris
Ruiz Bolaños, Isabel
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Vázquez González, Ana María
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Correo electrónico
jorge.delgado@udc.es
victoria.gdopico@udc.es
haris.nalakath@udc.es
isabel.ruiz@udc.es
manuel.sastre@udc.es
enrique.torres@udc.es
ana.maria.vazquez@udc.es
m.carmen.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Calidade da Auga" é un módulo específico do itinerario medioambiental do Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental, onde se abordan diferentes aspectos científicos e tecnolóxicos relacionados coas augas naturais e residuais, tales como a caracterización, indicadores de contaminación fisico-químicos e biolóxicos e tratamentos de depuración.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
A3 Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural.
A6 Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais.
A10 Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade.
A14 Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais.
A19 Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
B8 Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental.
C1 Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais.
C2 Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade.
C4 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C11 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro. AM1
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural. AM3
Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais. AM6
Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade. AM10
Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais. AM14
Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade. AM19
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BM2
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos. BM3
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades. BM4
Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado. BM6
Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental. BM8
Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais. CM1
Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade. CM2
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM7
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM9
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socieconómico e cultural da sociedade. CM11

Contidos
Temas Subtemas
Propiedades fisicoquímicas das augas naturais. . Parámetros indicadores da contaminación das augas
. Criterios de calidade da auga
. Indices de calidade
. Lexislación básica
Tratamentos fisicoquímicos das augas residuais.
. Decantación
. Coagulación-floculación
. Pretratamentos
. Sedimentación
. Adsorción
. Intercambio iónico
. Procesos redox
Tratamentos biolóxicos das augas residuais.
. Fundamentos
. Tratamentos aerobios
. Tratamentos anaerobios
. Eliminación de nutrientes
Prácticas de Laboratorio . Visita a unha estación depuradora (a determinar)
. Determinación de parámetros microbiolóxicos nas augas
. Eliminación/recuperación de metais pesados en augas mediante adsorción
. Determinación de contaminantes orgánicos
. Determinación de contaminantes inorgánicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A6 A10 A14 A19 B4 B8 C2 C1 C7 C9 C11 18 63 81
Prácticas de laboratorio A3 A10 B2 B3 B4 B6 C2 C1 C4 C7 C9 C11 24 36 60
Proba obxectiva A1 A6 A10 A14 A19 B2 B6 B8 C4 2 7 9
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o profesorado presentará os temas coa axuda dos medios audiovisuales necesarios, indicando aos alumnos o máis importante a ter en conta á hora do estudo e recomendándolles os materiais e libros máis adecuados para a súa comprensión. Incentivarase a participación do alumnado nas aulas.
Prácticas de laboratorio No laboratorio os alumnos levarán a cabo tanto ensaios e determinacións básicas na caracterización físico-química e microbiolóxica das augas, coma a análise da eficacia de sistemas de tratamento de aguas residuais.

Como complemento, realizarase unha visita técnica a algunha planta de tratamento de augas residuais.
Proba obxectiva A proba obxectiva constará de varias partes con preguntas tipo test ou de resposta corta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A10 B2 B3 B4 B6 C2 C1 C4 C7 C9 C11 As prácticas correspondentes á caracterización físico-química das augas e análise de sistemas de tratamento, avalíanse mediante unha memoria de laboratorio na que se recollerán os ensaios realizados e os resultados, os cálculos e as conclusións obtidos. 20
Proba obxectiva A1 A6 A10 A14 A19 B2 B6 B8 C4 A proba constará de varias partes correspondentes aos diferentes temas impartidos, nas que a través de preguntas tipo test ou preguntas cortas se avaliarán os coñecementos e competencias adquiridas.
A cualificación global será un promedio ponderado das cualificacións das diferentes partes.
80
 
Observacións avaliación

Nesta materia, debido á súa elevada carga práctica non se contemplan medidas específicas para o alumnado a tempo parcial.


Fontes de información
Bibliografía básica American Water Works Association ( 2003). "Calidad y tratamiento del agua", . Mac Graw Hill, Madrid
AENOR ( 1999). “Calidad del agua”. AENOR, Madrid
Tejero, I., Suárez, J., Jácome A., Temprano, J. (2001). “Introducción a la Ingeniería Sanitaria y Ambiental”. . Impreso por Tórculo. Coruña. España.
CEDEX (1992). "Curso sobre tratamiento de aguas residuales y explotación de estaciones depuradoras"; . Gabinete de Formación y Documentación del CEDEX, MOPT, M
P. Lens, G. Zeeman and G. Lettinga (Ed.) (2001). Decentralised Sanitation and Reuse. Concepts, systems and implementation. IWA Publishing , London
Henze, M., Harremoes, P., Jansens, J. & Arvin, E. ( 1995). Wastewater treatment. Springer-Verlag, New York
N.F. Gray (2005). Water Technology. Ed.Elsevier
Metcalf-Eddy (1995). “Ingeniería de aguas residuales. Tratamiento, vertido y reutilización”. McGraw-Hill;
Poch, M. (1999). “Las calidades del agua”. . Barcelona Rubes editorial, S.L.,

Recursos web:

· http://www.xunta.es/conselle/cma/

· http://www.adega.info/

· http://hispagua.cedex.es/

Outros materiais de apoio:

* Artigos de revistas científicas especializadas

Bibliografía complementaria Cortacans, J.A. (2000). “Fangos activos: eliminación biológica de nutrientes”. . Edita Colegio de I.C.C.P. Madrid
Hernández, A. (1998 ). "Depuración de aguas residuales"; . Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos; Colección Seinor; Madrid
PRIDESA. (1995). “Tratamiento Biológico de las Aguas Residuales”.. Ronzano, E. y Dapena J.L. Ediciones Díaz de Santos, Madrid, España.
Metcalf-Eddy (2003). “Wastewater Engineering. Treatment and Reuse”;. International Edition; McGraw-Hill;


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías