Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Química Física de Materiais Código 610500014
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Correo electrónico
manuel.sastre@udc.es
Profesorado
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Correo electrónico
manuel.sastre@udc.es
Web
Descrición xeral Dispoñer dunha visión xeral teórico-práctica de diferentes propiedades fisicoquímicas: estruturais, termodinámicas e cinéticas asociadas aos materiais absorbentes, os intercambiadores de ións e as membranas así como das súas aplicacións, preferentemente no campo do medio ambiente.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
A2 Deseño de novas especies químicas e materiais con propiedades determinadas.
A3 Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural.
A4 Coñecer en profundidade as características e fundamentos de diversos modelos químicos para o estudo de sistemas orgánicos, inorgánicos e biolóxicos, incluídos os materiais con proxección tecnológica.
A7 Coñecer o marco teórico e as aplicacións da electroquímica e da fotocatálise nos campos da enerxía e o medio ambiente.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
B7 Ser capaz de planificar adecuadamente desenvolvementos experimentais, a un nivel especializado.
C1 Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais.
C3 Ser capaz de adaptarse a situacións novas, mostrando creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e capacidade de liderado.
C5 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C8 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C11 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dispoñer dunha visión xeral do concepto de forza intermolecular e a súa relación co tamaño dun sistema e as súas propiedades fisicoquímicas. Xustificar o concepto de nanomaterial. AM3
AM7
Coñecer os distintos tipos de materiais absorbentes e en especial as propiedades do carbón activo e as súas aplicacións. AM2
AM3
Coñecer as propiedades dos intercambiadores iónicos naturais e artificiais, con especial énfase nas propiedades das ceolitas. AM2
AM3
Coñecer as propiedades básicas dunha membrana e a súa relevancia no ámbito dos procesos de separación en Química. AM1
AM3
BM2
CM11
Extraer información relevante derivada da lectura de artigos de investigación/divulgación sobre problemas reais asociados ao ámbito dos nanomateriais, sintetizar o seu contido e axuizalo de xeito crítico. AM1
AM2
AM3
BM1
BM2
BM3
BM5
BM6
CM5
CM8
CM9
Saber deseñar e poñer en práctica experimentos que permitan ensaiar o comportamento de materiais absorbentes e/ou intercambiadores iónicos en presenza dunha membrana. AM4
BM2
BM6
BM7
CM1
CM3
CM11

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Forzas intermoluecuarles e superficiais. Visión xeral de forzas intermoleculares e superficiais. Relación entre propiedades fisicoquímicas e tamaño de partícula. Nanociencia.
TEMA 2. Materiales adsorbentes. Geo e biomateriales absorbentes: aspectos estruturais e enerxéticos. Estimación de áreas superficiais. O carbón activo e as súas aplicacións. Nanoadsorbentes.
TEMA 3. Intercambiadores iónicos. Intercambiadores iónicos: visión xeral. Termodinámica dos procesos de intercambio iónico. Cinética de intercambio iónico.
Ceolitas e as súas aplicacións.
TEMA 4. Membranas. Membranas: definicións. Permeabilidade en membranas porosas. Ecuación de Darcy. Membranas poliméricas. Aplicacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A7 11 22 33
Seminario B1 B3 2 5 7
Traballos tutelados A2 A3 B6 C5 1 10 11
Prácticas de laboratorio B7 C3 C1 10 0 10
Eventos científicos e/ou divulgativos C8 C9 C11 1.5 0 1.5
Proba mixta B2 B5 2.5 10 12.5
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento na aula dos contidos da materia.
Seminario Resolución dalgúns dos problemas propostos onde se aclararán as posibles dúbidas que poidan xurdir nestes.
Traballos tutelados Lectura, análise e discusión de artigos de investigación sobre forzas intermoleculares e nanociencia.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio onde se desenvolverán contidos descritos nas sesións maxistrais.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades formativas complementarias tales como visita a un laboratorio de investigación, proxección de vídeos divulgativos, conferencias na facultade ou buscas temáticas na rede.
Proba mixta Exame dos contidos desenvolvidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Recoméndase aos alumnos o uso de titorías individualizadas para resolver todas as dúbidas, cuestións e conceptos que non quedasen claros referentes ao desenvolvemento dos contidos da materia.

As prácticas (de laboratorio e da aula de informática) realizaranse coa presenza constante dos profesores da materia que resolverán persoalmente todas as dúbidas e problemas que poidan xurdir a cada alumno.

Horario oficial atención personalizada: martes e xoves de 10 a 13 h.
En calquera caso, ao longo da semana, o alumno pode consultar cantas dúbidas lle xurdan en relación coa materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 B6 C5 Exposición e entrega dun resumo curto de artigo/s asignado/s sobre nanomateriais.
5
Seminario B1 B3 Entrega dun dos problemas propostos de cada boletín.
10
Prácticas de laboratorio B7 C3 C1 Asistencia obrigatoria ás prácticas de laboratorio e entrega dun informe ao profesor. 10
Proba mixta B2 B5 Exame de contidos. 75
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Israelachvilli, J. (1991). Intermolecular and surface forces.. Academic Press, 2nd ed.
Rolando M.A., Roque-Malherbe (2010). The Physical Chemsitry of Material: Energy and Environmental Applications.. CRC Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Conocimientos previos: licenciados/graduados en Ciencias y/o Ingeniería.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías