Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Especiación Química e Computación Código 610500015
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Correo electrónico
manuel.sastre@udc.es
Profesorado
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Correo electrónico
manuel.sastre@udc.es
Web
Descrición xeral Dispor dunha visión xeral dos métodos de cálculo da concentración e distribución das especies en disolución, das interaccións presentes e da relación existente entre especiación, toxicidade e biodispoñibilidade.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
A3 Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural.
A6 Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais.
A9 Coñecer algunhas aplicacións básicas da química computacional e dos programas de cálculo máis utilizados nos ámbitos da química e o medio ambiente.
A10 Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade.
A14 Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
B8 Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental.
C2 Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade.
C3 Ser capaz de adaptarse a situacións novas, mostrando creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e capacidade de liderado.
C4 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C11 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para identificar elementos contaminantes nunha auga natural AM3
Calcular as concentracións e/ou actividades das especies iónicas e moleculares nunha auga natural AM6
BM2
Suministrar datos termodinámicos de utilidade en estudios de impacto ambiental de vertidos contaminantes sobre cursos de augas AM1
AM6
BM2
BM6
Saber redactar un informe completo (introducción, antecedentes, parte experimental, descripción de resultados e a súa discusión, conclusións e recomendacións, bibliografía) sobre a contaminación por metais e outros contaminantes presentes nun medio acuático BM1
BM4
BM6
CM4
Extraer información relevante derivada da lectura de artigos de investigación/divulgación sobre problemas reais asociados á contaminación de augas e/ou a procesos de modelización en augas naturais; sintetizar o seu contido e xulgalo de maneira crítica AM1
AM6
AM14
BM3
BM4
CM2
CM3
CM5
CM6
CM9
CM11
Coñecer a estructura dos programas de cálculo máis utilizados na resolución de problemas de especiación química e saber manexar polo menos un deles. Capacidade para aplicar as ecuacións e procedementos matemáticos necesarios para resolver o modelo que conduce á composición dun auga en térmos de especiación química AM9
BM6
Saber xulgar de maneira crítica a relación existente entre especiación, biodisponibilidade e toxicidade mediante o uso de diferentes modelos. AM9
AM10
BM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Modelización do equilibrio químico en augas naturales Composición maioritaria dunha auga natural. Plantexamento e resolución de problemas de equilibrio químico: metodoloxía xeral. Balances de materia. Condición de neutralidade eléctrica.
Tema 2. Interaccións iónicas en augas naturais Modelos de interacción: asociación iónica versus interacción física. Modelos de coeficiente de actividade de amplio uso en Oceanografía , xeoquímica etc. Modelos de complexación superficial.
Tema 3. Exemplos: Equilibrios ácido-base, complexación, solubilidade e redox Aplicación da metodoloxía xeral de cálculo de especiación ao sistema CO2/H2O/calcita. Reaccións redox e especiación. Outros exemplos.
Tema 4. Especiación e toxicidade O modelo de actividade do ión libre. O modelo do ligando biótico. O coeficiente de reparto octanol/auga. Outros modelos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A10 A14 7 21 28
Traballos tutelados A3 B1 B3 B4 B6 C4 C5 1 14 15
Seminario A9 C6 2 7 9
Prácticas de laboratorio B2 C3 C9 C11 11 0 11
Eventos científicos e/ou divulgativos B8 C2 0 2 2
Proba mixta A6 A14 2.5 7.5 10
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación na aula dos contidos da materia.
Traballos tutelados Lectura, análise e discusión de artigos de investigación sobre modelización con énfasis no ámbito do medio ambiente
Seminario Resolución de alguns dos problemas propostos onde se aclararán as posibles dúbidas que poidan xurdir nos mesmos.
Prácticas de laboratorio Realización de cálculos de especiación de metais en auga mediante a utilización de programas de cálculo específicos, cuxo manexo será explicado ao alumno.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades formativas complementarias tales como visita a un laboratorio de investigación, proxección de vídeos divulgativos, conferencias na facultade ou búsquedas temáticas na rede.
Proba mixta Examen dos contidos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Recoméndase aos alumnos o uso de titorías individualizadas para resolver todas as dúbidas, cuestións e conceptos que no quedasen claros referentes á presentación dos contidos da materia.

As prácticas (de laboratorio e da aula de informática) realizaranse coa presencia constante dos profesores da materia que resolverán persoalmente todas as dúbidas e problemas que poidan xurdir a cada alumno.

Horario oficial atención personalizada: martes e xoves de 10 a 13 h.
En calquiera caso, ao longo da semana, o alumno pode consultar cantas dúbidas lle xurdan en relación coa asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 B1 B3 B4 B6 C4 C5 Exposición e entrega dun resumo corto de artigo/s asignado/s sobre modelización e cálculos de especiación. 5
Seminario A9 C6 Entrega dun dos problemas propostos en clase. 5
Prácticas de laboratorio B2 C3 C9 C11 Asistencia obrigatoria a todas as prácticas na aula de informática e entrega dun resumo da labor realizada. 20
Proba mixta A6 A14 Examen de contidos. 70
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

A.M.URE,C.M.DAVIDSON eds. Chemical Speciation in theEnvironment. 2ª ed. Blackwell 2002

A TESSIER,D.R.TURNER eds. Metal Speciation andbioavailability in Aquatic Systems. IUPAC Series on Analytical, PhysicalChemistry and Environmental Systems. Vol. 23. Wiley 1995.

FRANCOIS M.M. MOREL; JANET G. HERING (1993).Principles and Applications of Aquatic Chemistry. John Willey & Sons,New York

STUMM,W. & MORGAN, J.J (1996). Aquatic Chemistry. John Willey & Sons.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Coñecementos previos: Licenciados/graduados en Ciencias e/ou Enxenaría.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías