Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Economía Ambiental Código 610500025
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Introdúcense conceptos xerais de Economía, particularizando na interacción co medio ambiente do sistema económico e no rol das políticas, e da propia sociedade, cara a configuración dunha economía circular. Na materia afondase na análise dos aspectos económicos e financeiros dos proxectos de investimento con características ambientais e das políticas ambientais, así coma o desenvolvemento de técnicas que permitan avaliar de forma conxunta aspectos económicos e ambientais de proxectos e políticas. Os métodos de análise que se estudan na materia son os criterios clásicos de avaliación financiera, como o VAN e o TIR, os métodos de decisión multicriterio e a análise custo beneficio (ACB). A principal aplicación práctica da materia consiste en explicar o desenvolvemento dun proceso de avaliación económica, financeira e ambiental dun proxecto privado con características ambientais ou dunha política ambiental.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
A18 Coñecer as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientais.
A19 Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
B8 Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental.
C2 Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade.
C4 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Análise económica da sustentabilidade ambiental. Interpretación da información relevante para o deseño e a instrumentación de políticas de sustentabilidade, tanto no eido do sector público coma no da empresa privada. AM1
AM18
AM19
BM2
BM3
BM4
BM6
BM8
CM2
CM4
CM6
CM7
CM9
Estudo das técnicas para avaliar a sustentabilidade ambiental de proxectos e políticas. AM1
AM18
AM19
BM2
BM3
BM4
BM6
BM8
CM2
CM4
CM6
CM7
CM9
Capacidade analítica e de síntese para a interpretación e resolución de problemas de xestión ambiental dende unha perspectiva económica. AM1
AM18
AM19
BM2
BM3
BM4
BM6
BM8
CM2
CM4
CM6
CM7
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Economía e Medioambiente 1.1. Conceptos xerais de Economía
1.2. Actividade económica e medioambiente
1.3. Política económica medioambiental
1.4. Economía circular
Tema 2. Os proxectos de investimento ambientais: Elementos básicos 2.1. A necesidade de valoración de proxectos
2.2. Elementos básicos dun proxecto de investimento
2.3. Investimento e finanzamento
2.4. A taxa de desconto
2.5. Características diferenciais dos proxectos ambientais
Tema 3. Criterios clásicos de avaliación de investimentos 3.1. Introdución
3.2. O Prazo de Recuperación do Investimento (PR)
3.3. O Valor Actual Neto (VAN)
3.4. O Tipo Interno de Rendabilidade (TIR)
3.5. As condicións de risco e incertidume
Tema 4. Análise multicriterio 4.1. Fundamentos da análise multicriterio
4.2. Métodos de análise multicriterio
4.3. Métodos multicriterio basados en ponderacións
4.4. Método de xerarquías analíticas (AHP)
4.5. Método de sobreclasificación (ELECTRE)
4.6. Aplicacións medioambientais da análise multicriterio
Tema 5. Valoración económica ambiental 5.1. Fundamentos básicos: a DAP e a DAC
5.2. O método dos prezos hedónicos
5.3. O método do custo de desprazamento
5.4. O método de valoración continxente
Tema 6. Análise Custo Beneficio (ACB) 6.1. Fundamentos básicos
6.2. Identificación de custos e beneficios
6.3. Valoración de custos e beneficios
6.4. Criterios de decisión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A18 B2 C9 2 5 7
Sesión maxistral A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 C9 12 30 42
Proba de resposta breve A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 3 0 3
Estudo de casos A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 C9 4 16 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación ampla da materia con exposición de contidos da mesma, material a empregar e fórmula de avaliación.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos básicos do programa da materia. Puntuaráse a asistencia dos alumnos ás sesións maxistrais.
Proba de resposta breve Proba de respostas breves sobre o contido teórico da materia
Estudo de casos Análise de casos prácticos relacionados cos contidos da materia e de lecturas destinadas á comprensión dos contidos teóricos da materia. Estos estudos incluirán un cuestionario que os alumnos deberán responder en clase e puntuarán para a calificación final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Actividades iniciais
Proba de resposta breve
Descrición
A atención persoalizada ten un carácter integral referida tanto ós contidos teóricos como prácticos da materia. En consecuencia todas as metodoloxías inclúen dita atención persoalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 C9 Valoraráse a asistencia a clase dos alumnos cun máximo de 2 puntos. 20
Estudo de casos A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 C9 Valoraráse a entrega de casos prácticos nas clases da materia destinadas a tal fin. Consistirán nunha serie de casos e lecturas proporcionadas ós alumnos cun breve cuestionario sobre as mesmas. 30
Proba de resposta breve A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 Proba sobre o contido das sesións maxistrais cun valor máximo de 5 puntos. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter 5 puntos en total, sin que sexa preciso obter nungún mínimo en cada unha das partes con puntuación na avaliación final.


Fontes de información
Bibliografía básica Edwards-Jones, G. et al. (2000). Ecological Economics. Oxford. Blackwell Science
Field, B. C. y Field, M.K. (2003). Economía Ambiental. Madrid. McGraw-Hill
Labandeira, X; León, C.J. y Vázquez, M.X. (2007). Economía ambiental. Madrid. Pearson Prentice Hall
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1995). Economía de los recursos naturales y del medio ambiente. Madrid. Celeste Ediciones
Bioemprende (2011). Guía de valoración económico-financiera de proyectos biotecnológicos. Santiago de Compostela, BIC Galicia
Comisión Europea - DX Política Rexional (2003). Guía del Análisis Costes-Beneficios de los proyectos de inversión. Bruselas, Dirección Xeral de Política Rexional Comisión Europea
Portal, A. et al. (2013). Introducción a las finanzas empresariales. Madrid. Pirámide
Riera, P. et al. (2008). Manual de Economía Ambiental y de los Recursos Naturales. Madrid, Paraninfo
Munda, G. (2008). Social multi criteria evaluation for a sustainable economy. Berlin. Springer
Romero, C. (1993). Teoría de las decisiones multicriterio. Conceptos, técnicas y aplicaciones. Madrid, Alianza Editorial

Aclaración importante sobre a bibliografía:

Ademáis dos textos indicados nas referenzas bibliográficas básicas, que en maior ou menor medida se utilizarán nas clases teóricas da materia, para o estudo de casos e para os exemplos concretos das clases teóricas, utilizaránse outros textos procedentes de libros, artigos especializados, informes, e textos lexislativos que se proporcionarán ós alumnos para que podan realizar as tarefas propostas en ditos estudos de caso e para seguir as clases expositivas. Podería ademáis incorporarse á bibliografía algún novo texto se se considera necesario para poder mellorar a docencia expositiva dos temas publicados no intre de elaborar esta guía docente ou cando o transcorrer das clases requira algunha aportación bibliográfica que non está contida nas referenzas básicas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías