Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado Código 610500027
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Enxeñaría Civil
Enxeñaría Naval e Industrial
Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Canle López, Moisés
Gonzalez Castro, Maria Jose
Lopez Mahia, Purificacion
Moreda Piñeiro, Jorge
Muniategui Lorenzo, Soledad
Rodriguez Barro, Pilar
Rodríguez Roiloa, Sergio
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
moises.canle@udc.es
m.j.gonzalez.castro@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
jorge.moreda@udc.es
soledad.muniategui@udc.es
pilar.rbarro@udc.es
sergio.roiloa@udc.es
manuel.sastre@udc.es
isabel.turnes@udc.es
Web
Descrición xeral O Traballo de Fin de Mestrado consiste na elaboración integral e indivudual, por parte de cada estudante, dun proxecto concreto, baixo a dirección dun ou máis profesores, a elexir de entre unha relación feita pública anualmente. O traballo fin de Máster pode ser de orientación Investigadora ou Profesional, de acordo coa elección das prácticas obrigatorias. Esta asignatura posibilita ao alumno a integración dos coñecementos e habilidades de especialización adquiridos durante os seus estudos de Mestrado, con espíritu crítico e autonomía. Asimesmo, permite avaliar a capacidade do alumno para redactar, discutir e defender o propio traballo a un nivel especializado. Os temas concretos das Prácticas Obrigatorias e dos Traballos de Fin de Mestrado daranse a coñecer ao principio do primeiro cuadrimestre de cada curso académico. Serán función dos alumnos matriculados e a dispoñibilidade de profesores para dirixilos, e estarán relacionados cos contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o mestrado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
A2 Deseño de novas especies químicas e materiais con propiedades determinadas.
A3 Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural.
A4 Coñecer en profundidade as características e fundamentos de diversos modelos químicos para o estudo de sistemas orgánicos, inorgánicos e biolóxicos, incluídos os materiais con proxección tecnológica.
A5 Capacitación para o deseño de vías de síntese e retrosíntese de novos compostos.
A6 Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais.
A7 Coñecer o marco teórico e as aplicacións da electroquímica e da fotocatálise nos campos da enerxía e o medio ambiente.
A8 Coñecer os fundamentos das interaccións intermoleculares e as súas aplicacións no campo da catálise supramolecular,recoñecemento molecular e biocatálise.
A9 Coñecer algunhas aplicacións básicas da química computacional e dos programas de cálculo máis utilizados nos ámbitos da química e o medio ambiente.
A10 Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade.
A11 Coñecer as distintas técnicas experimentais e computacionales orientadas á caracterización de mecanismos de reacción.
A12 Coñecer as distintas estratexias para o tratamento estatístico de series de datos relacionadas con datos ambientais.
A13 Comprender os procesos de bioacumulación e as técnicas de biomonitorización e biomarcaxe.
A14 Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais.
A15 Coñecer os indicadores de calidade do chan e do aire, os procesos de distribución de contaminantes e as tecnoloxías de recuperación e aplicación en cada caso.
A16 Comprender a problemática asociada aos resíduos, os modos de xestionalos e as principais tecnoloxías de tratamento de resíduos.
A17 Coñecer a problemática asociada coa enerxía e as súas fontes, as tecnoloxías máis empregadas actualmente e as de futuro.
A18 Coñecer as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientais.
A19 Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade.
A20 Coñecemento dos principais tipos de produtos naturais: enzimas, receptores moleculares, etc. Entender a súa participación en procesos de catálise e autoensamblaxe.
A21 Comprender os fundamentos dos procesos de calidade e o modo de xestionalos.
A22 Dominar as técnicas instrumentais de análises máis típicas no ámbito químico profesional.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
B7 Ser capaz de planificar adecuadamente desenvolvementos experimentais, a un nivel especializado.
B8 Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental.
C1 Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais.
C2 Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade.
C3 Ser capaz de adaptarse a situacións novas, mostrando creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e capacidade de liderado.
C4 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C8 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C10 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C11 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Amosar, mediante a planificación, desenvolvemento, elaboración, discusión e defensa do Traballo de Fin de Mestrado (TFM), que o alumno adquiríu, en conxunto, as competencias plantexadas para o Mestrado e que polo tanto está en condicións de obter o título de Máster. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM15
AM16
AM17
AM18
AM19
AM20
AM21
AM22
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9
CM10
CM11

Contidos
Temas Subtemas
Traballo de Fin de Mestrado
Orientación investigadora ou profesional
Todo o que sigue, a un nivel especializado:
Estado da cuestión
Planificación
Metodoloxía
Obtención de resultados
Elaboración dos resultados
Discusión dos resultados
Búsqueda de xeneralidades
Extracción de conclusións
Redacción dunha memoria científico-técnica baseada no traballo realizado durante as prácticas obrigatorias
Elaboración dunha presentación científico-técnica
Defensa da memoria e do traballo realizado ante un tribunal

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 B1 B3 B6 1.5 0 1.5
Resumo A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C3 C1 C7 C8 C9 C10 C11 10 125 135
Presentación oral C4 C5 C6 0.5 10 10.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade onde se lle explicará ao estudante en que consistirá o seu Traballo de Fin de Mestrado, se lle proporcionará orientación sobre as fontes bibliográficas que debe manexar, a metodoloxía máis axeitada a empregar e o modo de planificar o seu traballo Asemade, da elaboración da memoria do TFM e a preparación da presentación e defensa do traballo ante o tribunal.
Resumo O estudante deberá presentar unha memoria escrita resumindo toda a labor realizada durante o TFM, baseada nas practicas obrigatorias realizadas, con orientación investigadora ou profesional. Dita memoria deberá incluir, como mínimo, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, os resultados obtidos, a súa discusión e análise crítico e razoado, as conclusións que se tiren do traballo, e unha bibliografía, todo elo a un nivel especializado. Asemade, cando menos un resumo do TFM deberá estar redactado en galego, castelán e inglés.
Presentación oral Defensa oral do proxecto ante o tribunal de avaliación. Realizarase nun acto público e o estudante terá que defender o seu traballo durante un tempo máximo de 10 minutos seguido dunha quenda de preguntas dos membros do tribunal.

Atención personalizada
Metodoloxías
Resumo
Presentación oral
Actividades iniciais
Descrición
O titor adicará, como mínimo, o tempo previsto nas normas de POD da UDC para o seguimento do estudante, incluindo a revisión do estado da cuestión, a planificación do TFM, a elección da metodoloxía máis convinte para o desenvolvemento do mesmo, a supervisión dos resultados obtidos, da discusión dos mesmos e da extracción de conclusións, baseados no traballo desenvolvido nas prácticas obrigatorias realizadas polo estudante. Tamén se supervisará a redacción da memoria de TFM e a elaboración da presentación da mesma. Valoraranse os avances do estudante e realizaranse propostas de mellora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C3 C1 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a calidade da memoria presentada, prestando especial atención á súa estructura de documento científico-técnico. 30
Presentación oral C4 C5 C6 Presentación do traballo perante un tribunal designado ao efecto e defensa do traballo realizado ante o mesmo. 20
Actividades iniciais A1 B1 B3 B6 Avaliación continuada por parte do titor/a 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías