Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 610500028
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Enxeñaría Civil
Enxeñaría Naval e Industrial
Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Muniategui Lorenzo, Soledad
Correo electrónico
soledad.muniategui@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Beceiro Gonzalez, Maria Elisa
Canle López, Moisés
Kennes , Christian
Lado Liñares, Marcos
Lopez Mahia, Purificacion
Moreda Piñeiro, Jorge
Muniategui Lorenzo, Soledad
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Rodríguez Roiloa, Sergio
Vidal Vázquez, Eva
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
elisa.beceiro.gonzalez@udc.es
moises.canle@udc.es
c.kennes@udc.es
marcos.lado@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
jorge.moreda@udc.es
soledad.muniategui@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
sergio.roiloa@udc.es
eva.vidal.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral O estudante deberá cursar 12 ECTS de prácticas obrigatorias elixindo unha orientación investigadora ou profesional. No caso da orientación investigadora, as prácticas realizaránse nun grupo de investigación, e en caso das prácticas profesionais nunha empresa/institución. O traballo práctico realizado servirá de base ao seu Traballo de Fin de Máster, configurando así, entre prácticas obrigatorias e TFM a súa orientación investigadora ou profesional. Para cada estudante as prácticas levarán asociado un plan de traballo ad hoc, asinado polo titor académico, o titor na empresa/institución (se é o caso) e o propio estudante no que se establecerá a descrición do traballo para realizar, a formación adquirida e a forma prevista para o seguimento e orientación ao estudante durante a realización do traballo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Flexibilizaranse ao máximo os procedementos de realización, a temática e contidos das prácticas, tanto na orientación investigadora como na profesional. A tal fin, poderase modificar o plan de traballo previsto por imposibilidade de acceso á bibliografía fundamental, aos laboratorios no caso das prácticas investigadoras ou ás empresas e centros no caso das prácticas profesionais.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as mesmas metodoloxías docentes
*Metodoloxías docentes que se modifican
Resolución de casos prácticos: No caso de non poder manter as prácticas con orientación investigadora ou profesional na modalidade presencial, substituirase a resolución dos casos prácticos experimentais e actividades presenciais previstas inicialmente, por outras de carácter no presencial (estudo teórico de casos, revisión crítica da bibliografía sobre un problema relacionado coa temática das prácticas e outras actividades análogas).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada aos estudantes realizarase por correo electrónico, plataforma Moodle ou TEAMS a solicitude do estudante e, na medida do posible, no momento establecido para as tutorías.
4. Modificacións na avaliación
Non é preciso modificar a avaliación baseada na tutorización e presentación da memoria de prácticas.
*Observacións de avaliación:
As mesmas
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións, tódolos materiais necesarios estarán disponibles en Moodle ou mediante o acceso aos recursos electrónicos disponibles na Biblioteca da UDC ou enviados polos titores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
A3 Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural.
A19 Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
B7 Ser capaz de planificar adecuadamente desenvolvementos experimentais, a un nivel especializado.
C1 Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais.
C2 Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade.
C3 Ser capaz de adaptarse a situacións novas, mostrando creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e capacidade de liderado.
C4 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
As prácticas externas obrigatorias contribuirán á formación do estudante na especialidade seleccionada (química ou medio ambiente) e á adquisición de habilidades, competencias e capacidades necesarias para a súa posterior formación investigadora ou integración profesional e acceso ao mercado laboral. AM1
AM3
AM19
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Resolución de casos e Traballos tutelados Se levarán a cabo as actividades previstas no plan de traballo establecido para as prácticas de cada estudante de acuerdo a súa orientación investigadora ou profesional.

Orientación investigadora: Prácticas realizas nun grupo de investigación
Orientación profesional: Prácticas realizadas nunha empresas o institución colaboradora

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A3 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C1 C4 C5 C6 C7 285 0 285
Resumo B3 B4 B6 0 10 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Resolución de casos prácticos de orientación investigadora ou profesional. Nas prácticas exporanse e desenvolveranse actividades de acordo ao plan de traballo proposto ad hoc para cada estudante, no que se incluirá a descrición das actividades para realizar, a formación adquirida e a forma prevista para o seguimento e orientación ao estudante durante a realización das prácticas. O estudante poderá participar activamente nas actividades e tarefas de investigación do grupo receptor previstas no plan de traballo ou nas actividades desenvolvidas na empresa/institución ás que se asigne, de forma que poidan coñecer e adquirir experiencia nas actividades que levan a cabo nunha contorna laboral e profesional real.
Cada estudante contará cun titor (ou titores) académico na orientación investigadora. Na orientación profesional contará cun titor profesional na empresa/institución e un titor académico que será un profesor de entre os que imparten docencia no Máster.
O traballo práctico realizado polo estudante nas prácticas externas obrigatorias servirá de base para o seu Traballo de Fin de Máster con orientación investigadora ou profesional, segundo proceda.
Resumo O estudante elaborará unha memoria ou informe final que resuma as prácticas externas realizadas de acordo ao modelo dispoñible para o Máster. Incluirá os seguintes apartados: breve descrición das actividades realizadas, valoración das tarefas desenvolvidas e os coñecementos e competencias adquiridas, relación de problemas atopados e procedemento para resolvelos, identificación das melloras na aprendizaxe que supuxeron as prácticas realizadas, valoración final das prácticas polo estudante.
A memoria presentada contará coa aprobación do titor profesional ou investigador e o titor académico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Resumo
Descrición
O Titor (profesional/investigador/académico) orientará ao estudante nas actividades desenvolvidas durante a realización das prácticas e na preparación da memoria/informe de prácticas de acordo ao modelo dispoñible.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C1 C4 C5 C6 C7 A avaliación das prácticas externas será realizada polo Titor investigador ou profesional, segundo proceda, no modelo dispoñible para o Máster e terá en conta os seguintes aspectos da actividade do estudante: Nivel de formación, grao de cumprimento de horario e tarefas, valoración dos resultados e do traballo desenvolvido, capacidade para resolver problemas, nivel de competencias demostrado, nivel de integración no grupo de investigación, empresa ou institución. Ademais, nas prácticas con orientación profesional o Titor académico avaliará as prácticas en función do informe emitido polo Titor profesional.

90
Resumo B3 B4 B6 O Titor (investigador/profesional/académico, segundo corresponda) avaliará o cumprimento do plan de traballo proposto e o desenvolvemento das tarefas establecidas.
10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Serán propostas polo titor en función das actividades específicas do plan de traballo.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Como norma xeral, as prácticas obrigatorias realizaranse no segundo semestre. Inclúense como anuais para facilitar aqueles casos nos que, por necesidades da institución / empresa / entidade colaboradora na que se vaia a realizar, fágase preciso situalo temporalmente no primeiro semestre ou en ambos, ou mesmo para contemplar o posible caso de alumnos que cursen a tempo parcial ou que unicamente cursen o Módulo de Fin de Máster.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías