Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Profundización en Química Física Código 610509002
Titulación
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Penedo Blanco, Francisco Jose
Correo electrónico
francisco.penedo.blanco@udc.es
Profesorado
Penedo Blanco, Francisco Jose
Santaballa Lopez, Juan Arturo
Correo electrónico
francisco.penedo.blanco@udc.es
arturo.santaballa@udc.es
Web http://miiquimica.webnode.es/
Descrición xeral A asignatura inclúe contidos de Química Física que non se impartiron no Grao de Química, que son fundamentais para poder comprender contidos de outras asignaturas do Máster. Os contidos específicos abordan conceptos e características de forzas intermoleculares, enerxías de interación entre moléculas, funcións de distribución radial en gases y en fases condensadas, interacións entre fases en contacto, e modelización do comportamento e reactividade das interfaces. Toda a información docente relativa ás asignaturas deste Máster está centralizada na páxina web que se indica máis arriba, que é referencia para todo o alumnado, independentemente da Universidade donde vaia a cursar os estudos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A4 Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender conceptos e características das forzas intermoleculares. Comprender os distintos termos que compoñen a enerxía de interacción total entre moléculas. AM1
BM1
BM4
BM5
BM7
BM10
Comprender o significado e a información estrutural que se pode obter da función de distribución radial en gases e fases condensadas. AM2
BM1
BM2
BM11
Entender as propiedades termodinámicas e estruturais das interaccións entre fases en contacto. Comprender os distintos enfoques na modelización do comportamento e a reactividade das interfases. AM1
AM2
AM4
BM1
BM2
BM4
BM5

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Propiedades eléctricas das moléculas. Momentos dipolares eléctricos. Polarizabilidades. Permitividades relativas.
TEMA 2. Interaccións intermoleculares. Interaccións dipolo-dipolo. Interacción de dispersión. Enlaces de hidróxeno. Interacción hidrofóbica. Interacción total: potenciais intermoleculares.
TEMA 3. Interaccións intermoleculares en líquidos: función de distribución radial. Función de distribución radial. Cálculo da función de distribución radial.
TEMA 4. Conceptos xerais sobre interfases. Interfases como fronteira entre sistemas. Desequilibrio enerxético. Enerxía libre de Gibbs de exceso. Particularidades das interfases líquido-fase fluida e sólido-fase fluida. Movilidade molecular en sólidos. Factores que inflúen na enerxía libre superficial de exceso.
TEMA 5. Termodinámica das interaccións na interfase. Interfases líquido-fase fluida. Interfases sólido-fase fluida. Clasificación en función das forzas intermoleculares e da enerxía implicada na interacción: fisisorción e quimisorción. Monocapas e multicapas de adsorbato. Isotermas, tipos I a V. Determinación de áreas superficiais en sólidos, método BET. Histéresis en adsorción-desorción.
TEMA 6. Modelos teóricos de estudo estrutural das interfases. Conceptos básicos. A doble capa eléctrica na interfase. Transferencia de carga. Aplicación ao estudo de agregados coloidais e a transferencias de carga eléctrica.
TEMA 7. Técnicas experimentais de estudo e caracterización de interfases. Espectroscopia fotoelectrónica. Microscopías.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B1 B2 B10 16 16 32
Seminario A4 B4 B7 B11 4 6 10
Traballos tutelados A2 B1 B2 B5 4 14 18
Proba mixta A2 A1 B4 B1 4 8 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición e explicación por parte do profesor dos conceptos fundamentais de cada tema, e os desenvolvementos teóricos relacionados.
Seminario Consisten en sesións interactivas (grupo reducido) nas que o profesor plantexa exemplos concretos relacionados coas sesións maxistrales. Realizarase o estudo de casos e fomentarase o debate entre os alumnos e o manexo de diversa documentación científica.
Traballos tutelados En sesións de grupo reducido o alumno terá que resolver, de forma individual ou grupal, os problemas plantexados polo profesor. O alumno presentará por escrito os resultados do traballo, para avaliación posterior.
Proba mixta Examen final no que se inclúen preguntas tipo test e exercicios prácticos. Preténdese avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, así coma a súa capacidade de razoamento, síntese e espíritu crítico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Ao longo de tódalas sesións de grupos reducidos potenciarase a tutorización do alumno, axudándolle no plantexamento de dúbidas e a súa resolución.

A atención personalizada programaráse ao longo do periodo de clases, mediante test interactivos que teñen como finalidade evaluar o avance do alumno no acadamento das competencias previstas.

O alumno poderá solicitar tutorías individuais no despacho do profesor, no horario correspondente, que estará publicado na web da Facultade ao comenzo do curso.

No caso específico de alumnos con dedicación parcial, ou dispensa de asistencia, estas metodoloxías serán levadas mediante asistencia online interactiva, email ou moodle, cunha distribución temporal semellante ás clases de grupo reducido programadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 B1 B2 B5 O traballo presentado por escrito (exercicios prácticos) será cualificado segundo a metodoloxía aplicada, a optimización da resolución e a exactitud dos resultados. 20
Proba mixta A2 A1 B4 B1 Cada alumno deberá realizar unha proba na que deberá amosar a súa capacidade para resolver problemas e cuestións conceptuais de resposta múltiple. A avaliación terá en conta os coñecementos amosados e a calidade dos resultados obtidos. 75
Seminario A4 B4 B7 B11 A avaliación do alumno nestas sesións baséase na participación do alumno nos debates e cuestións plantexadas no aula, e na observación das súas habilidades na resolución de problemas. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia hai dous requisitos básicos:

1) Asistencia regular a tódalas actividades avaliables, agás para os alumnos con dedicación parcial ou dispensa de
asistencia, tal como se indica máis abaixo.

2) Acadar unha
cualificación mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das actividades
avaliadas.  De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha desas
actividades, a cualificación final será de Suspenso (4.0). Para aprobar a
materia a cualificación total non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).

O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando participe en
actividades que sumen menos do 25% da cualificación total.

No
contexto de evaluación continua, as cualificacións obtidas nos
seminarios e traballos tutelados poderán conservarse para a segunda
oportunidade, sempre a cando superen a mínima de 4 citada previamente. A
cualificación da proba mixta obtida nesta segunda oportunidade
substituirá á da primeira.

Os alumnos avaliados na segunda
oportunidade solo poderán optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso non se esgotaron na primeira.

Nos siguintes
cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a
avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno que non supere a
materia neste curso deberá realizar todas as actividades programadas
para o novo curso.

No caso de alumnos con dedicación parcial, ou dispensa de asistencia,
tódalas actividades avaliables poden ser levadas a cabo online, e cualificadas do mesmo
xeito que se foran presenciais, polo que non é preciso un protocolo
específico.


Fontes de información
Bibliografía básica F. MacRitchie (1990). Chemistry at Interfaces. Academic Press
I. N. Levine (2004). Fisicoquímica, 5th ed.. McGraw-Hill
P. Atkins, J. de Paula (2014). Physical Chemistry, 10th ed.. Oxford University Press
D. Myers (1999). Surfaces, Interfaces and Colloids: Principles and Applications. VCH Publishers

Bibliografía complementaria J.M. Hollas (2004). Modern Spectroscopy, 4th ed.. John Wiley&Sons
S.R. Morrison (1990). The Chemical Physics of Surfaces, 2nd ed.. Plenum Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías