Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Profundización en Química Orgánica Código 610509004
Titulación
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Sarandeses Da Costa, Luis Alberto
Correo electrónico
luis.sarandeses@udc.es
Profesorado
Martinez Cebeira, Monstserrat
Sarandeses Da Costa, Luis Alberto
Correo electrónico
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
luis.sarandeses@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia enmárcase dentro da Formación Obrigatoria Avanzada, onde completa o coñecemento dos principais mecanismos das reaccións orgánicas, os métodos para a súa determinación e profúndase na metodoloxía sintética utilizada na preparación de compostos orgánicos. Resulta imprescindible para abordar as materias das diferentes especialidades.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A4 Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer de forma completa e integrada os principais mecanismos das reaccións orgánicas. AM1
AM2
AM4
BM1
BM4
BM5
BM7
BM10
BM11
Coñecer os principais métodos empregados na determinación do mecanismo dunha reacción en Química Orgánica. AM1
AM2
AM4
BM1
BM4
BM5
BM7
BM10
BM11
Profundar na metodoloxía sintética utilizada na preparación de compostos orgánicos. AM1
AM2
AM4
BM1
BM4
BM5
BM7
BM10
BM11

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Mecanismos das reaccións orgánicas Introdución: mecanismos de reacción, estado de transición, enerxía de activación. Control cinético e Control termodinámico. Efecto do disolvente. Postulado de Hammond, principio de Curtin-Hammett. Determinación de mecanismos de reacción. Efecto dos sustituyentes: ecuación de Hammett. Efectos isotópicos. Catálisis aceda e básica. Caracterización de intermedios.
Tema 2. Reaccións pericíclicas. Teoría da orbital fronteira. Regras de Woodward e Hoffmann. Cicloadicións: Diels-Alder, [2 2], [3 2]. Transposicións sigmatrópicas: Claisen, Cope, [2,3], [1,n], énicas, quelotrópicas. Reaccións electrocíclicas.
Tema 3. Radicais e carbenos. Estrutura. Preparación de radicais. Reaccións de radicais: acoplamiento, adición, fragmentación e transposicións. Formación de enlaces C–C inter- e intramoleculares. Formación de radicais inducida por metais. Carbenos. Diazometano. Tipos de carbenos. Reaccións de carbenos: inserción en enlaces c–H, reordenamentos, metátesis.
Tema 4. Reaccións fotoquímicas. Principios xerais. Estrutura orbitálica e fotoquímica. Fotoquímica de compostos carbonílicos, alquenos e dienos e compostos aromáticos.
Tema 5. Métodos sintéticos e aplicacións. Introdución. Grupos protectores. Equivalentes sintéticos. Análise retrosintético: desconexións, quimioselectividad, interconversión de grupos funcionais. Síntese asimétrica: chiral pool, auxiliares e reactivos quirales, catálisis asimétrica. Exemplos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 B7 B10 B11 16 16 32
Solución de problemas A1 A2 A4 B1 B7 B10 B11 6 18 24
Proba mixta A1 A2 A4 B1 B4 B5 B7 B10 B11 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero resulta moi recomendable.
Solución de problemas Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Proba mixta O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ao longo do curso na Guía Docente da materia correspondente. A asistencia a estas clases é obrigatoria.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 B1 B4 B5 B7 B10 B11 O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia. 60
Solución de problemas A1 A2 A4 B1 B7 B10 B11 A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de dous compoñentes: clases de resolución de problemas e seminarios. A resolución de problemas e casos prácticos computará un 20%. Terase en conta así mesmo a asistencia e participación do alumno (10%). 30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Carey, F. A.; Sundberg, R. J. (2007). Advanced Organic Chemistry; 5th Ed.. Springer
Smith, M. B.; March, J. (2013). March's Advanced Organic Chemistry; 7th Ed.. Wiley
Clayden, J.; Greeves, N.; Warren, S. (2012). Organic Chemistry, 2nd Ed.. Oxford University press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Profundización en Química Analítica/610509001
Profundización en Química Física/610509002
Profundización en Química Inorgánica/610509003

Materias que continúan o temario
Análise Estrutural Avanzado/610509005
Mecanismos de reacción e catálise/610509009
Compostos organometálicos en síntese e catálise /610509011
Síntese estereoselectiva/610509012
Produtos e técnicas sintéticas/610509013

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías