Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Técnicas de Preparación e Caracterización de Materiais Código 610509019
Titulación
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Profesorado
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura pertence ao módulo da especialidade “Nanoquímica e Novos Materiais”, que engloba 4 asignaturas, todas elas intimamente relacionadas:
1.-Deseño e desenvolvemento de materiais avanzados
2.-Técnicas de caracterización de materiais
3.-Propiedades de materiais
4.-Materiais moleculares
Esta asignatura é clave no dito módulo para comprender a relación entre as estratexias de síntese de materiais e a súa adecuada caracterización, coas súas propiedades e aplicacións, e polo tanto o seu adecuado deseño e optimización.
Para cursala é recomendable ter ben asentados coñecementos básicos e avanzados de Química, e en particular en Química do Estado Sólido.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Aplicar os materiais e as biomoléculas en ámbitos innovadores da industria e Enxeñaría Química
A4 Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A7 Operar con instrumentación avanzada para análise química e a determinación estrutural
A9 Promover a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
B13 Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- O estudante obterá unha visión xeral das técnicas avanzadas de caracterización morfolóxica, estrutural e microestrutural. - O estudante aprenderá as principais vantaxes e limitacións de cada unha das técnicas. - Á hora de caracterizar un material, o estudante será capaz de discernir cáles son as técnicas de caracterización que máis se axustan ás súas necesidades/posibilidades. AM3
AM4
AM7
AM9
BM1
BM4
BM5
BM7
BM10
BM11
BM13

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.
Técnicas avanzadas de caracterización de sólidos I
Introdución a técnicas difractométricas.
Difracción de RX, difracción de neutróns.
Tema 2.
Técnicas avanzadas de caracterización de sólidos II
Introdución a técnicas microscópicas.
Microscopía óptica (fluorescencia e confocal), microscopías electrónicas (TEM, SEM, STEM, difracción de electróns), microscopías de proximidade (STM, AFM).
Tema 3.
Técnicas avanzadas de caracterización de sólidos III
Introdución a técnicas espectroscópicas.
EDXS, EELS, XPS, NMR e ESR de sólidos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A4 A9 B1 B5 B13 12 0 12
Seminario A3 A4 A7 B5 B10 7 0 7
Solución de problemas A3 A4 B1 B4 B5 0 24 24
Análise de fontes documentais A9 B5 B7 B11 0 12 12
Proba obxectiva A3 A4 A7 A9 B1 B4 B10 B13 1 18 19
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas (utilización de encerado, ordenador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
Seminario Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos estudantes.
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.).
Análise de fontes documentais Estudo persoal basado nas diferentes fontes de información.
Proba obxectiva Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Descrición
Titorías individuais e/ou en grupo.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A4 A9 B1 B5 B13 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 0
Seminario A3 A4 A7 B5 B10 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 0
Solución de problemas A3 A4 B1 B4 B5 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 25
Proba obxectiva A3 A4 A7 A9 B1 B4 B10 B13 Computará o 75% da calificación global. 75
 
Observacións avaliación

1. Procedemento de avaliación.

A avaliación desta materia farase mediante un
sistema cuxos apartados e a súa ponderación correspondente detállase a
continuación:

Sistema de avaliación (Ponderación):

- Exame final (75%)

- Avaliación continua (25%) mediante:

-- resolución de problemas e casos prácticos.

-- avaliación continua do estudante mediante
preguntas e cuestións orais durante o curso e eventual exposición oral de
traballos e informes.

Segundo isto, o exame final terá un peso do 75%
na cualificación da materia. A avaliación continua terá un peso do 25% na
cualificación da materia. A cualificación do estudante obterase como resultado
de aplicar a fórmula seguinte:

Nota final= 0,75 x N1 + 0,25 x N2

sendo N2 a nota numérica correspondente á
avaliación continua (escala 0-10) e N1 a nota numérica do exame final (escala
0-10).

As actividades docentes presenciais (seminarios e
titorías) son de asistencia obrigatoria. O estudantes repetidores terán o mesmo
réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

2. Recomendacións de cara á avaliación.

O estudante debe repasar os conceptos teóricos
introducidos nos distintos temas utilizando o material de apoio aportado polo
profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema. O grao de acerto na
resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do
estudante para afrontar o exame final da materia. Aqueles estudantes que atopen
dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben
consultar co profesor, co obxectivo de que éste poida analizar o problema e axudar
a resolver esas dificultades.

3. Recomendacións de cara á recuperación.

O profesor analizará con aqueles estudantes que
non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades
atopadas na aprendizaxe dos contenidos da materia. Tamén se lles proporcionará
material adicional (cuestións, exercicios, exames, etc.) para reforzar a
aprendizaxe da materia.

4. Outros.

A asistencia ás actividades presenciais (clases presenciais teóricas, seminarios e titorías) é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns contempladas na normativa universitaria vigente.


Fontes de información
Bibliografía básica

- A.R. West: "Basic Solid State Chemistry". Wiley, 2 ed., 1999.

- A.R. West: "Solid State Chemistry and its Applications". Wiley, 2 ed., 2014.

- L.E. Smart, E.A. Moore: "Solid State Chemistry: An Introduction". CRC Press, 4 ed., 2012.

- G. Cao: "Nanostructures and Nanomaterials: Synthesis, Properties and Applications". Imperial College Press, 2004.

- J. M. Köhler: "Nanotechnology: an introduction to nanostructuring techniques", Weinheim : Wiley-VCH, 2007

- J.-P. Eberhart: "Structural and chemical analysis of materials : X-ray, electron and neutron diffraction, X-ray, electron and ion spectrometry, electron microscopy ". Wiley, 1991.

- Angus I. Kirkland and John L. Hutchison (Eds.): “Nanocharacterisation”. RSC Publishing, Cambridge, 2007.

- Kenneth J. Klabunde (Ed.): “Nanoscale materials in chemistry”. Wiley-Interscience, New York, 2001.

- J.A. Schwarz, C.I. Contescu, K. Putyera (Editores): "Dekker Encyclopedia of nanoscience and nanotechnology" (5 volumes). Marcel Dekker, 2004.

- John P. Sibila: “A guide to materials characterization and chemical analysis”. VCH Publishers, 1998.

Ademais recomendaranse para cada tema textos complementarios (artigos, páxinas web, textos específicos) no momento da impartición da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Propiedades de Materiais/610509020
Deseño e Desenvolvemento de Materiais Avanzados/610509018

Materias que continúan o temario

Observacións

Neste módulo é chave facer un enfoque global das materias, intentando comprender a estreita relación que existe entre o modo de sintetizar os materiais coas súas características estruturais e microestruturais, coas súas propiedades e, polo tanto, coas súas aplicacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías