Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Técnicas de Caracterización de Materiais e Biointerfases Código 610509102
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Castro Garcia, Socorro
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
Profesorado
Castro Garcia, Socorro
Santaballa Lopez, Juan Arturo
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
arturo.santaballa@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura inclue unha descripción dos fundamentos e das aplicacións principais de varias técnicas de caracterización relacionadas coa Ciencia de Materiais e que (en moitos casos) non se impartiron no Grao en Química. Estes contidos son fundamentais para abordar outras asignaturas optativas do máster e, en particular, do módulo 5 – Nanoquímica e Novos Materiais.
Ademáis, tamén inclúe unha parte de técnicas computacionais na que se usarán programas informáticos que permitan a visualización de moléculas. Estes contidos son fundamentáis para calquer químico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A3 CE4 - Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A4 CE3 - Aplicar os materiais e as biomoléculas en ámbitos innovadores da industria e Enxeñaría Química
A7 CE7 - Operar con instrumentación avanzada para análise química e a determinación estrutural
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C2 CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares.
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno será capaz de usar programas informáticos que lle permitan visualizar moléculas; comprenderá os fundamentos dalgunhas técnicas básicas de análise do estado sólido; será capaz de interpretar os resultados das técnicas básicas mais comúns de caracterización de sólidos; será capaz de seleccionar as técnicas de caracterización do estado sólido que resulten mais adecuadas para a resolución de problemáticas concretas. AM1
AM2
AM3
AM4
AM7
AM9
BM2
BM3
BM5
BM7
BM10
BM11
CM1
CM2
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Unidade I. Visualización de moléculas
Unidade II. Análise térmico de materiais: termogravimetría (TGA), calorimetría diferencial de barrido (DSC), análise térmico diferencial (DTA), calorimetría de valoración isotérmica (ITC).
Unidade III. Técnicas de difración: difración de raios X en pó (XRPD).
Unidade IV. Técnicas microscópicas modernas: microscopía de efecto túnel (STM), microscopía de forzas atómicas (AFM).
Unidade V. Caracterización espectroscópica de superficies e interfases: resonancia plasmónica (SPR), espectroscopía Raman, espectroscopía fotoelectrónica de raios X (XPS) e espectroscopía Auger.
Unidade VI. Caracterización de dispersións coloidais: dispersión de luz láser (DLS) e potencial zeta.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A9 B2 B10 12 0 12
Seminario A2 A4 A3 B3 B5 C2 C4 4 0 4
Traballos tutelados C3 2 0 2
Prácticas a través de TIC A1 B5 C3 4 0 4
Solución de problemas A7 B7 B11 C1 20 0 20
Análise de fontes documentais B10 B11 C3 C4 0 26 26
Proba obxectiva A1 A2 B3 B5 C1 C4 2 0 2
Prácticas de laboratorio A7 B5 C3 5 0 5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas por parte do profesor, interactivas, con participación activa do alumnado.
Seminario Seminarios realizados con profesorado de máster ou invitado, doutras institucións, así como con profesionais expertos na materia. Serán sesións interactivas.
Traballos tutelados Tutorías individuais ou en grupo reducido.
Prácticas a través de TIC Clases prácticas na aula de informática.
Solución de problemas Solución a problemas ou de proxectos curtos, propostos polo profesor, o polo propio alumno (se se considera oportuno).
Análise de fontes documentais Estudio persoal baseado nas fontes de información.
Proba obxectiva Realización dunha ou varias proibas para a verificación da obtención de coñecementos e de adquisición das hablilidades e actitudes propostas para esta materia.
Prácticas de laboratorio Prácticas de caracterización de materiais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
Titorías individuáis ou en grupo reducido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A4 A3 B3 B5 C2 C4 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computurán conxuntamente (25% da calificación global) 0
Sesión maxistral A1 A9 B2 B10 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computurán conxuntamente (25% da calificación global) 0
Solución de problemas A7 B7 B11 C1 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computurán conxuntamente (25% da calificación global) 25
Proba obxectiva A1 A2 B3 B5 C1 C4 (75% da calificación global) 75
 
Observacións avaliación

A avaliación farase
mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando
condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das
actividades docentes presenciais de asistencia obligatoria (clases
presenciais teóricas, seminarios e titorías).

O profesor verificará a asistencia ás clases
según o sistema de control de asistencias oficial establecido en cada Centro ou
Universidade. As ausencias deberán ser xustificadas documentalmente. As
ausencias xustificadas contabilizarán como asistencia ás actividades docentes,
a efectos de poder presentarse ao exame.


Fontes de información
Bibliografía básica

P. Atkins, J. de Paula: "Physical Chemistry", 10th ed.; Oxford University Press, 2014

I. N. Levine: "Principios de Fisicoquímica", 6ª ed.; McGraw-Hill, 2014

A.R. West: "Solid State Chemistry and its Applications"; 2nd ed.; Wiley, 2014

L.E. Smart, E.A. Moore: "Solid State Chemistry: An Introduction". 4th ed.; CRC Press, 2012

Bibliografía complementaria

- J.M. Hollas: "Modern Spectroscopy"; 4th ed.; John Wiley&Sons, 2004.

- S.R. Morrison: "The Chemical Physics of Surfaces"; 2nd ed.; Plenum Press, 1990.

- F. MacRitchie: "Chemistry at Interfaces"; Academic Press, 1990.

- D. Myers: "Surfaces, Interfaces and Colloids: Principles and Applications"; VCH, 1999.

- G. Cao: "Nanostructures and Nanomaterials: Syntesis, Properties and Applications". Imperial College Press, 2004.

- S.E. Lyshevski (ed.): "Dekker Encyclopedia of nanoscience and nanotechnology" (7 volumes), 3ª Edición. CRC Press, 2014.

- John P. Sibilia: “A guide to materials characterization and chemical analysis”. VCH Publishers, 1998.

- J. Bermúdez Polonio: "Métodos de difracción de rayos X. Principios y aplicaciones". Editorial Pirámide, 1981.

- C. Hammond: "The basics of Crystallography and Diffraction", 4th ed.; International Union of Crystallography, Oxford University Press, 2015.

- B. D. Cullity S.R. Stock: “Elements of X-Ray Diffraction” 3rd ed.; Prentice Hall 2014

- C. Giacovazzo (ed.): “Fundamentals of Crystallography” 3rd ed.; International Union of Crystallography, Oxford University Press, 2011.

Ademais recomendaranse para cada tema textos complementarios (artículos, páxinas web, textos específicos).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías