Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química de Coordinación Aplicada Código 610509110
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Fernandez Lopez, Alberto A.
Correo electrónico
alberto.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernandez Lopez, Alberto A.
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
alberto.fernandez@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso enmárcase na especialidade de Química Sintética dedicado ao estudo da síntese e propiedades de diversas especies químicas. Dentro de dita especialidade escolléronse algúns tipos de compostos que, xa sexa polas súas especiais características, xa sexa polas súas aplicacións futuras, merecen un estudo detallado. Tendo isto en conta, a Química da Coordinación merece un estudo aparte, tanto polas particulares características dos compostos de coordinación como polos seus métodos de sínteses. Desde outro punto de vista, os chamados complexos preséntanse nunha variedade estrutural enorme que vai desde especies de dimensión molecular pasando por agregados supramoleculares, polímeros mono-, bi-, e tridimensionáis, ata chegar ao chamados Metal Organic Frameworks (MOFs) que forman redes tridimensionáis ordenadas. Dada esta enorme variedade estrutural, non é de sorprender que o número de propiedades e aplicacións que presentan sexa tamén diverso. Todas estas razóns xustifican a súa inclusión tanto na especialidade de Química sintética como nun Máster dedicado ao estudo da Química.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A3 CE4 - Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A8 CE8 - Analizar e utilizar os datos obtidos de forma independente en experimentos de laboratorio complexos relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas axeitadas, incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B12 CG8 - Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo.
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar rutas de sínteses e procedementos de illamento de compostos de coordinación AM1
AM2
AM3
AM8
BM1
BM2
BM3
BM4
BM7
BM10
CM1
CM3
Identificar a presenza de quiralidade en complexos de coordinación mononucleares e xustificar a súa orixe. AM1
AM2
AM3
AM8
BM1
BM2
BM3
BM7
BM10
CM4
Describir os factores que permiten a activación de pequenas moléculas mediante a coordinación a centros metálicos, así como as aplicacións destas propiedades. AM1
AM2
AM3
AM8
BM1
BM2
BM3
BM7
BM10
BM12

Contidos
Temas Subtemas
Propiedades estruturais dos compostos de coordinación. Ferramentas de caracterización estrutural. Propiedades estruturais nos compostos de coordinación
Ferramentas de caracterización estrutural de complexos.

Activación de pequenas moléculas por compostos de coordinación. Estrutura e ligazón nos complexos de dinitróxeno e dioxíxeno: modos de ligazón
Métodos de preparación de complexos de dinitróxeno e dioxíxeno.
Métodos de caracterización de complexos de dinitróxeno e dioxíxeno: Espectroscopías infravermella e de RMN, espectrometría de masas, difracción de raios-X de monocristal.
Aplicacións sintéticas dos complexos de dinitróxeno e dioxíxeno. Perspectivas de futuro.
Compostos de coordinación con aplicacións en medicina: axentes terapéuticos e de diagnóstico. Metalofármacos antitumorais.
Aplicacións de complexos metálicos como radiofármacos.
Axentes de contraste en Imaxe por Resonancia Magnética (IRM).
Compostos de coordinación no deseño de novos materiais: polímeros de coordinación e MOFs. Propiedades e aplicacións. Tipos de sistemas que xorden da asociación metal-ligando asociacións discretas e extensas (polímeros de coordinación e MOFs). Principais características estruturais e clasificación.
Estratexias de sínteses e técnicas xerais de caracterización
Propiedades e aplicacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B7 B10 B12 C1 C3 C4 7 21 28
Proba mixta A1 A2 A3 A8 B1 B10 2 18 20
Sesión maxistral A2 A3 B3 B7 B12 C4 12 13 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos. Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.)
Proba mixta Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
Sesión maxistral Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de lousa, computador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Proba mixta
Descrición
O alumno poderá acudir sempre que o desexe a profesor da materia co fin de resolver cantas dúbidas puidésenlle xurdir. Será especialmente necesario se non é capaz de resolver os problemas propostos ou as tarefas encomendadas.
Dous desas tutorías serán de asistencia obrigatoria.
Os alumnos co recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, recibirá especial atención nas tutorías, en concerto, ademais do anteriormente indicado, se adicarán a especialmente a resolución dos boletíns de problemas.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 B3 B7 B12 C4 Evaluación continua do alumno mediante preguntas e cuestións orais durante o curso. Tamén se avaliará a asistencia e a participación continua ao longo de todo o curso. 10
Seminario A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B7 B10 B12 C1 C3 C4 Resolución de problemas e casos prácticos. Tamén se avaliará a asistencia e a participación activa nas distintas actividades. 20
Proba mixta A1 A2 A3 A8 B1 B10 Examen final, de tipo mixto con cuestiones y problemas relacionados con lo visto en clase. 70
 
Observacións avaliación

O alumno obterá a cualificación “no presentado” cando non asista a proba
mixta.



OS alumnos
 “co recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia” serán avaliados unicamente mediante a proba mixta que computará
co 100% da cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica J. Rivas Gispert (2008). Coordination Chemistry . Weinheim: Willey-VCH
J. Rivas Gispert (2000). Química de Coordinación. Omega

Bibliografía complementaria

- Patrick L. Holland. Metal–dioxygen and metal–dinitrogen complexes: where are the electrons? Dalton Trans. , 2010, 39 , 5415–5425.

- Michael P. Shaver, Michael D. Fryzuk. Activation of Molecular Nitrogen: Coordination, Cleavage andFunctionalization of N2 Mediated By Metal Complexes. Adv. Synth. Catal.2003, 345 , 1061- 1076

- Hiromasa Tanaka, Yoshiaki Nishibayashi, and Kazunari Yoshizawa, Interplay between Theory and Experiment forAmmonia Synthesis Catalyzed by Transition Metal Complexes, Acc. Chem. Res.2016, 49, 987?995.

- Serenella Medici, Massimiliano Peana,Valeria Marina Nurchi, Joanna I. Lachowicz,Guido Crisponi, Maria AntoniettaZoroddu. Noble metalsin medicine: Latest advances. CoordinationChemistry Reviews, 2015, 284, 329–350.

- A. Merbach, L. Helm and E. Tóth, The Chemistry of Contrast Agents inMedical Magnetic Resonance Imaging: Second Edition , John Wiley & Sons,Chichester, 2013.

- Eric W. Price and Chris Orvig. Matchingchelators to radiometals for radiopharmaceuticals. Chem. Soc. Rev., 2014, 43,260-290.

- - Stuart R. Batten, Neil R. Champness, Xiao-MingChen, Javier Garcia-Martinez, Susumu Kitagawa, Lars Öhrström, MichaelO’Keeffe7, Myunghyun Paik Suh, and Jan Reedijk. Terminology of metal–organic frameworks andcoordination polymers (IUPAC Recommendations 2013) . Pure Appl. Chem., 2013, 85, 1715–1724.

- - Bradley J. Holliday and Chad A. Mirkin, Strategies for the Construction of Supramolecular Compounds throughCoordination Chemistry , Angew. Chem. Int. Ed. 2001, 40, 2022-2043.

- Shin-ichiroNoro, Hitoshi Miyasaka, Susumu Kitagawa, Tatsuo Wada,Takashi Okubo, MasahiroYamashita, and Tadaoki Mitani. FrameworkControl by a Metalloligand Having Multicoordination Ability: New SyntheticApproach for Crystal Structures and Magnetic Properties . Inorg.Chem. 2005, 44, 133-146.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
/
Determinación Estrutural Avanzada/610509103

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumno debe ter coñecementos básicos da Química da Coordinación, tales como o concepto de composto de coordinación e os seus diversos compoñentes, así como nocións das teorías de ligazón que se empregan para describilos e os métodos básicos empregados para a súa caracterización.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías