Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Organometálica Código 610509111
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
d.vazquezg@udc.es
Profesorado
Fernandez Sanchez, Jesus Jose
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
jesus.fernandezs@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web http://Para más información: http://miiquimica.webnode.es/
Descrición xeral A asignatura “Química Organometálica” está incluida no Módulo M3 e constitúe a base para a comprensión doutras asignaturas do módulo de Química Sintética. O seu estudo é imprescindible para comprender a parte da Química que enlaza as grandes áreas da Química Inorgánica e da Química Orgánica.
Está incluida no “Perfil Investigador” do Master, con carácter obligatorio dentro do mismo, no módulo M3 (“Química Sintética”). Se relaciona, fundamentalmente, coas asignaturas do módulo M3, e tamén con outras asignaturas dos módulos M2 e M4.
Asienta coñecementos previos de Química Inorgánica e de Química Orgánica, aplica os da Química de Coordinación, e abre as puertas á Química Sintética, Biolóxica y a sección directamente relacionada coa Medicina.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificación
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes agás a proba mixta, que se suprime.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As actividades de “Sesión maxistral”, “Solución de problemas” e “Análises de fontes documentais” manterán o mesmo formato e contidos coa única diferencia de que serán impartidas utilizando Teams ou a plataforma que a UDC poña a disposición da comunidade docente.
A proba mixta suprímese.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
En calquera das ferramentas indicadas, a petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite en horario a convir: Plataforma Microsoft Teams, correo electrónico institucional da UDC ou Moodle
4. Modificacións na avaliación
Suprímese a Proba mixta, quedando as porcentaxes no peso de avaliación da seguinte maneira:
Resolución de problemas e casos prácticos 50% Realización de traballos e informes escritos 40% Asistencia e participación 5% Evaluación continua do alumno mediante preguntas e cuestions orais durante o curso 5%
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá cambios na bibliografía e recursos web referenciados en Moodle e na Guía Docente da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A3 CE4 - Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A6 CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
A8 CE8 - Analizar e utilizar os datos obtidos de forma independente en experimentos de laboratorio complexos relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas axeitadas, incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir as características dos compostos organometálicos e predecir de forma razoada a súa estabilidade e reactividade en función das características electrónicas; comprender as diferencias entre os compostos formados polos grupos principais e os elementos de transición; describir os mecanismos básicos dos procesos nos que participan compostos organometálicos: reaccións de sustitución de ligando, procesos de inserción, reaccións de adición oxidante e eliminación reductora, entre outras, valorar a utilidade dos compostos organometálicos en procesos catalíticos que teñen lugar en medios homoxéneos e heteroxéneos; utilizar razoamentos basados en efectos estéricos e electrónicos para predecir o efecto de cambios nos reactivos, metais e ligandos no curso das reaccións organometálicas AM1
AM2
AM3
AM6
AM8
BM1
BM2
BM4
BM5
BM7
BM10
CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Química Organometálica 1. Regra dos 18 electrons. Clasificación de ligandos.
2. Xeralidades dos compuestos dos grupos principais.
3. Derivados de litio e de magnesio.
4. Compostos de aluminio e de silicio.
5. Compostos de elementos de transición. Estrutura e enlace.
6. Reaccións de sustitución. Reaccións de adición oxidante e de eliminación redutora.
7. Tipos de catálise: homoxénea e heteroxénea. Importancia do metal nos ciclos catalíticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A8 B1 B2 B4 B5 B7 B10 C1 C3 C4 12 36 48
Solución de problemas A1 A2 A6 A8 B2 B4 C3 C1 6 12 18
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A8 B1 B2 B4 B7 B10 C3 C1 0 7 7
Proba mixta A1 A2 A3 A6 B1 B2 B4 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na que se presentan os aspectos mais destacados do programa. Non obstante, a pesares de ser clases expositivas, requerirase nelas a participación do alumnado. É conveniente co alumno, con anterioridade o de cada clase, lea a bibliografía recomendada nas partes relacionadas co tema a tratar.
Solución de problemas Clases en pequenos grupos, concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Dedicaranse a resolver os boletíns de preguntas e problemas que previamente se lles entregaron. Unha vez na clase, os alumnos discutirán as respostas ás diferentes preguntas cos seus compañeiros, establecendo un debate.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que mediante o uso de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos postos a disposición do estudante, axudarán ao alumno a traballar contidos relevantes para a materia. Para iso, entre a documentación proposta, o alumno deberá escoller un tema e levar a cabo o estudo do mesmo, realizando un traballo de maior ou menor extensión relativo a unha parte específica da materia, que requirirá que identifique un problema, propoña e desenrole un procedemento pertinente para interpretar os resultados e establecer as conclusións adecuadas, da cordo cos contidos teóricos tratados na materia.
Proba mixta Proba escrita que constará dunha serie de preguntas de distinta natureza: desenvolvemento medio-longo dun tema ou parte del, desenvolvemento curto sobre aspectos específicos, resolución de problemas, ou de elección entre respostas múltiples.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba mixta
Análise de fontes documentais
Descrición
Tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Estarán orientadas á resolución de dúbidas sobre os contidos da asignatura e a preparación dos problemas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A8 B1 B2 B4 B5 B7 B10 C1 C3 C4 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, o seu razoamento e capacidade de argumentación fronte aos diferentes aspectos tratados. 0
Solución de problemas A1 A2 A6 A8 B2 B4 C3 C1 O profesor valorará tanto as respostas ás preguntas do boletín como a participación activa no debate cos demais compañeiros. 0
Proba mixta A1 A2 A3 A6 B1 B2 B4 C1 A proba escrita terá lugar na data e hora fixada. Consistirá nunha serie de preguntas e problemas relacionados co programa da materia, dacordo co indicado no apartado Metodoloxía. 0
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A8 B1 B2 B4 B7 B10 C3 C1 O traballo correspondente presentado cualificarase segundo o indicado na sección Metodoloxía. 0
 
Observacións avaliación

Examen final 65%
Resolución de problemas e casos prácticos 15%
Realización de traballos e informes escritos 10%
Asistencia e participación 5%
Evaluación continua do alumno mediante preguntas e cuestions orais durante o curso 5%


Fontes de información
Bibliografía básica

- A.F. Hill (2002). Organotransition metal chemistry. Cambridge, Royal Soc. of Chem.

- R.H. Crabtree (2009). The organometallic chemistry of the transition metals. New Jersey, Wiley 
- C. Elschenbroich (2006). Organometallics. Weinheim, Wiley-VCH - B.D. Gupta, A.J. Elias (2010). “Basic Organometallic Chemistry”, University Press, India. 
- M. Bowker (1998). “The Basis and Applications of Heterogeneous Catalysis”, Oxford University Press, Oxford. 
- J. Hagen (2006). “Industrial Catalysis. A Practical Approach”, Wiley-VCH, Weinheim.
Bibliografía complementaria
  1. - G.O. Spessard y G.L. Miessler (2010). Organometallic Chemistry. New York, Oxford Univ. Press 
  2. - D. Astruc (2003). Química organometálica. Barcelona, Reverté - R.H. Crabtree y E. Peris Fajarnés (1997). Química organometálica de los metales de transición. Castellon, Pub. Univ. Jaume I 
  3. - G.A. Carriedo Ule y D. Miguel Sanjosé (1995). Iniciación a la química organometálica. Oviedo, Pub. Univ. Oviedo 
  4. - R.A. van Santen, P.W.N.M. van Leeuwen (1999). “Catalysis: an Integrated Approach”, Elsevier Science. - P.W.N.M. van Leeuwen, (2004). "Homogeneus Catalysis. Understanding the Art”, Kluver Academic Publishers, Dordrecht.  
  5. - B. Cornils y W.A. Herrmann (Eds.) (2000). “Applied Homogeneus Catalysis with Organometallic Compounds”, Wiley-VCH, Weinheim.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O alumno debe ter asentados coñecementos avanzados de materias propias da Área de Química Inorgánica. Recoméndase a preparación de cada un dos temas utilizando o manual de referencia proposto para esta materia e, en caso necesario, algún manual complementario. Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos punto importantes, identificando os aspectos básicos relativos a cada grupo de elementos químicos que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto as súas propiedades como as reaccións químicas nas que poden participar.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías