Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química de Biomoléculas Código 610509115
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Jimenez Gonzalez, Carlos
Correo electrónico
carlos.jimenez@udc.es
Profesorado
Estévez Cabanas , Juan Carlos
Jimenez Gonzalez, Carlos
Pazos Chantrero, Elena
Vázquez Sentis, Marco Eugenio
Correo electrónico
carlos.jimenez@udc.es
elena.pazos@udc.es
Web http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/master.html
Descrición xeral Nesta materia preténdese que os estudantes podan adquirir un coñecemento en profundidade da estrutura, función e aplicacións das principais biomoléculas, principalmente proteínas, carbohidratos e ácidos nucleicos. Pártese da idea de que os alumnos teñan coñecementos en química para entender varios aspectos do comportamento molecular dos diferentes tipos de biomoléculas. Non só se vai estudar os aspectos estruturais e as funcións biolóxicas das diferentes biomoléculas, senon tamén se estudarán as diversas estratexias existentes para a sua manipulación sintética, así como as técnicas utilizadas para modular e / ou modificar a súa actividade biolóxica, coa finalidade de obter novas ferramentas na investigación biomédica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A3 CE4 - Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A4 CE3 - Aplicar os materiais e as biomoléculas en ámbitos innovadores da industria e Enxeñaría Química
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as rutas bioxenéticas e as funcións que teñen estas biomoléculas AM2
AM3
AM4
BM5
BM10
BM11
Adquisición de coñecementos profundos sobre a química de biomoléculas (hidratos de carbono, proteínas e ácidos nucleicos) AM1
AM9
BM1
BM2
BM4
BM7
CM4
Coñecer as estratexias utilizadas no seu illamento, identificación e procesamento; así como métodos para a súa síntese AM2
AM4
BM2
BM5
BM7
CM1
CM3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Introdución e aspectos históricos. Estrutura organizativa e bioquímica das células.
Distintos tipos de biomoléculas, a estrutura de base e funcións
TEMA 2. Péptidos e proteínas Aspectos estructurais. Síntese e modificacións. Deseño de proteínas funcionais. Metaloproteínas: tipos, métodos de estudo, exemplos e aplicacions.
TEMA 3. Ácidos nucleicos Estructura, síntese de ADN. Secuenciación, PCR, Recoñecemento de ADN. ADN máis aló de da bioloxía: procesado e almacenamento de información; nanomateriais.
TEMA 4. Carbohidratos Aspectos estructurais. Síntese e modificación. Glicoconxugados e o seu papel na comunicación celular. Glicocódigo. Glicoterapia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B5 B2 C4 C3 12 24 36
Solución de problemas B4 B7 B10 B11 3 17.5 20.5
Estudo de casos A2 A4 C1 0 1 1
Presentación oral B1 B4 B7 B10 B11 C1 4 0 4
Proba mixta A1 A4 A3 A9 B1 B2 B5 1.5 10 11.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Levaranse a cabo 12 sesións maxistrais nun grupo onde se verán os contidos teóricos do tema, xunto con exemplos ilustrativos relevantes. Consistirán principalmente en presentacións en Power Point. Os alumnos terán en tempo unha copia de todos os ficheiros no Moodle, de xeito que os alumnos poden preparar as clases por adiantado, ademáis de facilitar o seguemento das explicacións. A participación interactiva dos alumnos será incentivada en todo momento.
Solución de problemas Proponse a realización de 7 sesións de seminarios de problemas en pequenos grupos, onde os alumnos resolverán os problemas propostos polo profesor nos boletíns correspondentes. Os alumnos terán con suficiente tempo de antelación tales boletíns no Moodle da materia, para que os poidan resolver individualmente antes do inicio destas clases. Nestas clases tamén se resolverá calquera dúbida que poida xurdir. A participación nestas clases é obrigatoria.
Estudo de casos Nas sesións de seminarios tamén se resolverán os casos prácticos propostos polo profesor. Os alumnos terán con suficiente tempo de antelación tales casos a través do Moodle da materia.
Presentación oral Presentación oral por parte do alumno de traballos, informes, etc., incluíndo tamén debates entre o profesor e os alumnos.
Proba mixta O exame final abarcará a totalidade de todo o temario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
As tutorías están programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, cada alumno dispondrá de dúas horas por semestre. Nestas sesións realizaranse actividades de control como exercicios dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou dos problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas, presentacións, discusións, etc. En moitos casos, o profesor pode esixir que os estudantes entreguen os exercicios antes da celebración das clases. Estas entregas virán incluídas no calendario de actividades a seren desenvolvidas polos alumnos ao longo do curso na Guía docente da disciplina correspondente. A participación nestas clases é obrigatoria.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B5 B2 C4 C3 Será avaliada a participación do alumno nas sesións expositivas, a través de preguntas formuladas polo profesor ou a través do debate cos compañeiros. 5
Proba mixta A1 A4 A3 A9 B1 B2 B5 O exame final (N2) abarcará todos os tema. Pesará un 55% na calificación da materia. 55
Estudo de casos A2 A4 C1 Dentro dos seminarios realizaranse unha serie de actividades evaluables: Resolución de casos prácticos, realización de traballos e informes escritos 5
Presentación oral B1 B4 B7 B10 B11 C1 O alumno presentará de forma oral, ao longo do desenrolo da materia, un ou varios dos resultados obtidos dentro das actividade plantexadas nos seminarios 5
Solución de problemas B4 B7 B10 B11 Estará composto por dúas partes: as clases teórico-prácticas (seminarios) e clases interactivas en grupos moi pequenos (titorías). Dentro da avaliación continua (N1) esta parte vai pesar o 30% na nota do curso 30
 
Observacións avaliación

A calificación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. Para o acceso o exame e necesaria a participación no 100% das actividades de ensino de asistencia obrigatoria (clases, seminarios e tutorías).
Avaliación continua (N1) vai pesar un 45% na nota do curso e consiste en dous compoñentes: pequenas clases de grupo interactivas (seminarios) e clases interactivas en grupos moi pequenos (titorías). Seminarios e titorías incluirán a resolución de problemas e casos prácticos (40%), preguntas orais e problemas durante o curso (5%).

O exame final (N2) vai cubrir a totalidade do contido da materia e terá un valor do 55%
A puntuación do alumno será obtida como resultado da aplicación da seguinte fórmula:

nota final = 0.45 x N1 + 0.55 x N2

N1 corresponde á avaliación continua (escala de 0-10) e N2 ao exame final (escala de 0-10).


Fontes de información
Bibliografía básica Davies, B.G.; Fairbanks. A.J. (2004). Carbohydrate Chemistry. Oxford Science publications
Peng G. Wang, C. R. Betozzi. Marcel Dekker (2001). Glycochemistry, Principles, Synthesis and Applications..
Driguez, H; Thiem (1997). Glycoscience, Synthesis of Substrate Analogs and Mimetics.. J. Springer-Verlag
Vranken, D-V; Weiss, G.A. (2012). Introduction to Bioorganic Chemistry and Chemical Biology. Garland Science
Taylor, M.E.; Drickamer, K. (2011). Introduction to Glycobiology. Oxford University press
Brändén, C-I; Tooze, J. (1999). Introduction to Protein Structure. Garland Science
Alberts et all (2002). Molecular Biology of the Cell. Garland Science
Blackburn, M.: Gait, M.J.; Loakes, D.; Williams, D.M. (2006). Nucleic Acids in Chemistry and Biology. Rayal Society of Chemistry
Dr. Norbert Sewald, Prof. em. Dr. Hans-Dieter Jakubke, (2009). Peptides: Chemistry and Biology. John-Wiley 
Gutte, B. (1995). Peptides: Synthesis, Structures and Application. Academic Press
D. Serge (1997). The Molecular and Supramolecular Chemistry of Carbohydrates. A chemical introduction to glicoscience.. Oxford Science publications
Chris R. Calladine, Horace R. Drew, Ben F. Luisi and Andrew A. Travers (2004). Understanding DNA, The Molecule & how It Works. Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Determinación Estrutural Avanzada/610509103
Estrutura e Reactividade dos Compostos Orgánicos/610509114

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química de Produtos Naturais/610509118
Bioloxía Molecular/610509117
Química Médica/610509116

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de éxito na resolución dos exercicios ofrece unha medida de preparación dos alumnos para superar o exame final. Os alumnos que se atopen con dificultades significativas ao realizar as actividades propostas deben acudir ás horas de titoría dos profesores, co fin de poder analizar o problema e axudar a resolver estas dificultades. É moi importante cando se prepare o exame resolver algúns dos exercicios da lista ao final de cada capítulo do manual de referencia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías