Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Espectrometría de Masas Analítica de Compostos Orgánicos Código 610509126
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Muniategui Lorenzo, Soledad
Correo electrónico
soledad.muniategui@udc.es
Profesorado
Muniategui Lorenzo, Soledad
Ramil Criado, María
Rodríguez Pereiro, Isaac
Correo electrónico
soledad.muniategui@udc.es
Web
Descrición xeral Materia da Especialidade de Técnicas Analíticas Avanzadas. A espectrometría de masas é unha ferramenta indispensable en calquera laboratorio de análise química, en particular naquelos que desenvolven a súa actividade nas áreas de seguridade alimentaria, medioambiente, clínica, etc., utilizándose para a identificación e determinación cuantitativa de especies de interese. Esta materia pretende que o alumno profunde nos coñecementos das técnicas instrumentais de análise adquiridas durante o grao, e familiarícese coas tendencias recentes en relación as fontes de ionización, analizadores de masas e sistemas de extracción de información.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE4 - Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A6 CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
A7 CE7 - Operar con instrumentación avanzada para análise química e a determinación estrutural
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B9 CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Adquisición dos aspectos de interese analítico sobre a Espectrometría de masas para o estudo de compostos orgánicos. -Adquisición das características e usos da dilución isotópica. -Adquisición de aspectos relacionados con estudos de degradación e metabolómica. AM3
AM6
AM7
AM9
BM2
BM4
BM5
BM7
BM9
BM10
BM11
CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. INTRODUCCIÓN A LA ESPECTROMETRÍA DE MASAS ANALÍTICA.
Descrición básica da instrumentación: O espectrómetro de masas. Sistemas de vacío. Etapas na xeración dun espectro de masas. Calibración de masas e axuste do espectrómetro de masas. Conceptos básicos en espectrometría de masas: Distribucións isotópicas: masas promedio e monoisótopicas. Cálculo do defecto de masas. Avaliación da exactitude e resolución: masas nominais fronte a exactas. Cargas simples e múltiples.
Tema 2. TÉCNICAS DE IONIZACIÓN. Fundamentos operaciones e instrumentación

Introdución: dependencia analito-fonte de ionización-analizador de masas. Clasificación das técnicas de ionización. Ionización Electrónica (EI). Ionización Química (CI). Selección de gases reactivos e mecanismos de ionización. Ionización a P atmosférica: ESI, APCI, APPI. Desorción Láser asistida por matriz (MALDI). Outras técnicas de ionización: DESI, DART.
Tema 3. ANALIZADORES DE MASAS. Principios operacionales, instrumentación y características básicas

Principais analizadores. Cuadrupolos. Trampas de iones. Sistemas de tempo de voo (TOF). De sector magnético. Orbitrap. Analizadores en tándem. Analizadores híbridos en tándem.
Tema 4. HIBRIDACIÓN CON TÉCNICAS CROMATOGRÁFICAS
Aspectos técnicos. Obtención e tratamento de datos. Adquisición. Modos de operación. Aplicacións da hibridación GC-MS e GC-MS/MS. Aplicacións da hibridación LC-MS e LC-MS/MS. Análise cuantitativa. Dilución isotópica. Identificación de metabolitos e produtos de transformación. Deconvolución espectral.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A6 A7 A9 B5 C1 C3 C4 12 36 48
Seminario A7 B2 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C4 7 18 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, computador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información
Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes
Seminario Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos.
Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.)
Realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre contidos da materia
Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Tutorías individuales o en grupo reducido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 B2 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C4 Resolución de problemas e casos prácticos
Realización de traballos e informes escritos
Avaliación continua durante o curso
25
Sesión maxistral A3 A6 A7 A9 B5 C1 C3 C4 Examen final 75
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica
Bibliografía recomendada Básica (manuais de referencia) C. Dass, Fundamentals of Contemporary Mass Spectrometry, Wiley, 2007 R. M. Smith, K.L. Busch, Understanding Mass Spectra- A basic Approach, John Wiley & Sons, 1999. R.K. Boyd, C. Basic, R.A. Behen, Trace Quantitative Analysis by Mass Spectrometry, John Wiley and Sons, 2008 Complementaria E. de Hoffmann, V. Stroobant, Mass Spectrometry: Principles and Applications, 3a ed., Wiley, 2007 A. E. Ashcroft, Ionization Methods in Organic Mass Spectrometry, Royal Society of Chemistry, 1997 J. H. Gross, Mass Spectrometry: a textbook, Springer, 2005 K. Downard, Mass Spectrometry: a Foundation Course, RSC, 2004 B. Ardrey, Liquid Chromatography-Mass spectrometry: an introduction, Wiley, 2003 R. Willoughby, E. Sheehan, S. Mitrovich, A global view of LC/MS, Global View Publishing, 2nd edition, 2002 M. C. McMaster, GC/MS, A Practical User´s Guide, John Wiley & Sons, 2008 W.M.A. Niessen, Liquid Chromatography-Mass spectrometry, Taylor and Francis, 2007
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Técnicas de Preparación da Mostra /610509128
Cromatografía e Técnicas Analíticas de Separación/610509125

Materias que continúan o temario

Observacións
Especialidade de Técnicas Analíticas Avanzadas. Os únicos coñecementos obrigatorios son aqueles que se establecen como requisitos básicos para acceder a este Máster. É recomendable dispoñer de nocións básicas sobre Espectrometría de Masas, adquiridas nas diferentes materias que dan acceso ao presente Máster. Recoméndase cursar tamén a Materia de "Cromatografía e Técnicas Analíticas de Separación"


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías