Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Técnicas de Preparación da Mostra Código 610509128
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Alonso Rodriguez, Elia
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Rodriguez, Elia
Llompart Vizoso, María
Lorenzo Ferreira, Rosa Antonia
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
Web http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/master.html
Descrición xeral Esta materia abarca o estudo das técnicas de extracción máis avanzadas, algunhas das cales son clave en moitos procedementos analíticos, tanto de uso en laboratorios de empresas como en laboratorios de control. Por outra banda, inclúense os avances máis recentes neste campo, constituíndo a base da investigación en desenvolvemento de metodoloxía analítica de preparación da mostra.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A6 CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
A7 CE7 - Operar con instrumentación avanzada para análise química e a determinación estrutural
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Definir conceptos, principios, teorías e aplicacións das diferentes técnicas de preparación de mostra AM2
Propor alternativas ás técnicas clásicas de extracción para a resolución de problemas químicos complexos AM7
Aplicar os procesos avanzados de extracción en campos innovadores da industria e investigación química BM2
Innovar nos métodos de preparación de mostra utilizados en análise química nas diferentes áreas da Química AM9
Avaliar os riscos e o impacto ambiental das técnicas innovadoras de preparación de mostra fronte ás técnicas clásicas, propondo alternativas de "Química Analítica Verde" AM2
AM6
Analizar e discutir exemplos de aplicacións facendo uso dos coñecementos adquiridos, incluíndo as fontes bibliográficas primarias e bases de datos científicas (SciFinder, WOK, medline, etc.) BM4
BM7
Promover a innovación na industria e na investigación Química AM9
BM5
BM10
BM11
CM4
Operar con instrumentación avanzada para a análise química AM7
Traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa CM3
Redactar e expoñer informes científicos e técnicos CM1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Introdución ás técnicas avanzadas de preparación de mostra. - Importancia da etapa de preparación de mostra.
- Técnicas clásicas de extracción.
- Tratamento enzimático de mostra.
- Tendencias na etapa de preparación de mostra.
- Sistemas de mostraxe pasiva.
- Mostraxe activa de aire e partículas.
Tema 2.- Extracción con fluídos supercríticos. - Propiedades xerais dos fluídos supercríticos.
- Instrumentación: compoñentes básicos dun extractor de FS.
- Modos de extracción: métodos on-line e off-line.
- Aplicacións.
Tema 3.- Extracción asistida por microondas. - Fundamentos teóricos.
- Transformación da enerxía de microondas en calor.
- Extracción con disolventes de alta perda dieléctrica.
- Extracción con disolventes transparentes á radiación.
- Instrumentación.
- Aplicacións.
Tema 4.- Extracción acelerada con disolventes. - Fundamento.
- Instrumentación.
- Modo de operación.
- Aplicacións.
Tema 5.- Extracción en fase sólida. - Fundamento.
- Tipos de fases sólidas.
- Desenvolvemento de métodos.
- Automatización da extracción en fase sólida.
- Microextracción con adsorbentes empaquetados (MEPS).
- Extracción en fase sólida dispersiva (dSPE, QuEChERS).
- Dispersión da matriz nunha fase sólida (MSPD).
Tema 6.- Microextracción en fase sólida. - Introdución.
- Principios básicos.
- Modos de extracción.
- Tipos de recubrimientos.
- Parámetros que afectan o proceso de extracción.
- Cuantificación.
- Aplicacións.
Tema 7.- Microextracción en fase líquida. - Microextracción con pinga suspendida (Single-drop microextraction, SDME).
- Técnicas de membrana (Membrane Assisted Solvent Extraction, MASE).
- Microextracción con fibra oca (Hollowfiber-LPME)
- Microextracción en fase líquida dispersiva (Dispersive liquid-liquid microextraction, DLLME).
- Microextracción dispersiva asistida por ultrasóns (Ultrasound-Assisted Emulsification-Microextraction, USAEME)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A9 12 18 30
Seminario A2 A6 A7 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C3 C4 7 28 35
Proba mixta A2 A6 B2 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nelas abordaranse os fundamentos teóricos e instrumentais de cada unha das técnicas de preparación de mostra. Proxectaranse diapositivas, e nalgúns casos utilizaranse animacións informáticas ou algún vídeo, que facilitarán o seguimento das explicacións. Durante a presentación dos distintos temas iranse formulando preguntas ao fío dos conceptos explicados co obxecto de dinamizar as clases e fomentar a participación.
Seminario Sesións realizadas con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Resolución de casos prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.). Ademais, utilizarase algunha das clases de seminario para que os alumnos presenten os traballos expostos nalgún dos temas e para poder discutilos en grupo.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Nas sesións de seminarios e atención personalizada levarase a cabo un seguimento máis individualizado da aprendizaxe do alumno. Resolveranse as cuestións puntuais que lle impiden o seguimento normal da materia e revisarase o desenvolvemento das etapas intermedias e final dos traballos propostos.

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A6 A7 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C3 C4 Resolución de problemas e/ou casos prácticos (10%)
Realización de traballos e informes escritos (10%)
Exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos) (10%)
Avaliación continua do interese e actitude do alumno mediante preguntas e cuestións durante o curso (10%)
40
Proba mixta A2 A6 B2 Realizarase un exame final que versará sobre a totalidade dos contidos da materia. 60
 
Observacións avaliación

- A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria  (sesións de seminarios e atención personalizada).

- A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de sesións de seminarios e atención personalizada que incluirán:

        . Resolución de problemas e/ou casos prácticos: 10%

        . Realización de traballos e informes escritos: 10%

        . Exposición oral: 10%

        . Avaliación continua mediante preguntas e cuestions o longo do curso: 10%

- O exame final (N2) versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura.

- A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:

                          Nota final= 0,4 x N1 + 0,6 x N2

Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).

- Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

O alumno
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos tutelados (20%).


Fontes de información
Bibliografía básica Pawliszyn, J. (Ed.) (2012). Comprehensive Sampling and Sample Preparation. Elsevier

Bibliografía complementaria Luque de Castro, M.D.; Luque García, J.L. (2002). Aceleration and Automation of Solid Sample Treatment. Elsevier
Fritz, J.S. (1999). Analytical Solid-Phase Extraction. Wiley-VCH
Pawliszyn, J. (Ed.) (1999). Aplications of Solid Phase Microextraction. RSC Chromatography Monographs
Self, R. (2005). Extraction of Organic Analytes from Foods. The Royal Sociaty of Chemistry (RSC)
Dean, J.R. (Ed.) (2009). Extraction Techniques in Analytical Sciences. Wiley
Pawliszyn, J.; Lord, H.L. (Ed.) (2010 ). Handbook of Sample Preparation. Wiley
Mitra, S. (Ed.) (2003). Sample Preparation Techniques in Analytical Chemistry. Wiley
Scheppeers Wercinski, S.A. (Ed.) (1999). Solid Phase Microextraction. A Practical Guide. Marcel Dekker Inc.
Pawliszyn, J. (1997). Solid Phase Microextraction. Theory and Practice. Wiley-VCH
Kokosa, J.M.; Przyjazny, A.; Jeannot, M.A. (2009). Solvent Microextraction. Wiley
Cela, R.; Lorenzo, R.A.; Casais, C. (2002). Técnicas de Separación en Química Analítica. Síntesis


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
/

Observacións

Recomendacións de cara á avaliación: Recoméndase a asistencia regular a clase e aclarar as dúbidas que vaian xurdindo ao longo do estudo da materia. É importante que o alumno consulte a bibliografía recomendada polos profesores previamente ao desenvolvemento de cada sesión de seminario. Preparación dun traballo baixo a orientación directa dos profesores a través da asistencia ás sesións de atención personalizada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías