Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Sistemas de xestión da industria química Código 610509132
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Rodríguez Figueiras, Óscar
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Web http://http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/master.html
Descrición xeral Esta é unha materia optativa no módulo M7. A súa función é dar a coñecer ao alumnado as principais ferramentas dispoñibles na industria para a xestión de aspectos relevantes como a calidade, o medio ambiente e a prevención de riscos laborais (entre outros).

Un aspecto moi relevante na actualidade da industria en xeral e da industria química en particular é o uso de sistemas de xestión baseados en normas (en xeral, ISO) para diferentes aspectos, en particular a calidade, o medio ambiente e a prevención de riscos laborais. O coñecemento dos aspectos fundamentais e das ferramentas que ditas normas supoñen son unha peza fundamental para axilizar a integración do alumnado na vida diaria e no funcionamento da industria.

Especialidade en Química e Economía Industrial. A materia está relacionada con outras disciplinas do Módulo M7 (impartidas en simultáneo) xa que comparte conceptos con elas: Normas ISO e concepto de calidade en Calidad nos laboratorios químicos, o concepto de risco con Seguridade Industrial, o manexo de leis e normativas (especialmente na área ambiental e de seguridade e saúde laboral) con Lexislación Industrial, os conceptos de economía e custo da calidade con Economía e empresa. Conceptos como sustentabilidade e impacto ambiental compártense coa materia do módulo M1 Procesos industriais e sustentabilidade. Posteriormente, nas prácticas profesionalizantes (M9) e no Traballo Fin de Mestrado (M10) é moi probable que o alumnado se integre nunha empresa que dispoña dun sistema de xestión de calidade, medio ambiente e/ou prevención de riscos laborais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A5 CE5 - Avaliar axeitadamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado con produtos químicos especiais
A6 CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 – Innovar en espazos e áreas do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito empresarial
B8 CG3 – Avaliar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e da investigación química
B9 CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
B12 CG8 - Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo.
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C2 CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares.
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
C5 CT5 - Demostrar unha actitude de respecto polas opinións, valores, comportamentos e prácticas doutros

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
• Coñecer o proceso de implementación dun sistema de xestión, o seu mantemento e mellora, xa sexa de Calidade, Medio Ambiente, Seguridade e Saúde ocupacional ou unha combinación destes. AM1
AM2
AM5
AM6
BM1
BM8
BM10
BM12
CM4
CM5
• Coñecer o proceso de auditoría de sistemas de xestión, e os seus principios e prácticas, de acordo á norma ISO 19011. AM1
AM6
BM8
BM12
CM4
CM5
• Asimilar os conceptos fundamentais dos sistemas de xestión e comprender os obxectivos e requisitos das Normas de referencia. AM9
BM5
BM6
CM1
• Formar técnicos na implantación e mantemento de sistemas de xestión na empresa/industria química, xa sexan de Calidade, Medio Ambiente, Seguridade e Saúde ocupacional ou unha combinación de estes. AM2
AM5
AM6
BM1
BM4
BM8
BM9
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
• Formar auditores/as potenciais nos principios e prácticas de auditorías de sistemas de xestión, de acordo á norma ISO 19011. AM2
AM5
AM6
BM1
BM4
BM8
BM9
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución. Aspectos e conceptos xerais. • Organización e estratexia empresarial
• Sistemas de xestión
• Acreditación e certificación
Tema 2. Xestión de calidade: ISO 9001 • Calidade: concepto e evolución
• Modelo EFQM de Excelencia
• Custos da Calidade e da Non-Calidade
• Ferramentas da calidade
• Norma ISO 9001
Tema 3. Xestión ambiental: ISO 14001 e EMAS • Medio ambiente e sustentabilidade
• Sistemas de xestión ambiental: ISO 14001 e EMAS
• Ecoetiqueta
Tema 4. Xestión de prevención de riscos laborais: OSHAS 18001 • Introdución: Evolución e marco actual
• Obrigas
• Elementos chave dun sistema de xestión PRL
• Plan de prevención
• Riscos específicos
• Ferramentas
• Norma OHSAS 18001
Tema 5. Auditorías dos sistemas de xestión • Conceptos xerais e tipos de auditorías
• Etapas dunha auditoría
• Técnicas de auditoría
Tema 6. Integración de sistemas de xestión: Calidade, Medio Ambiente e Prevención. • Concepto e fundamentos
• Vantaxes e inconvenientes
• Diferencias e analoxías entre los sistemas
• Evidencias para un sistema integrado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A5 A6 A9 B1 B4 B6 B10 B12 C3 C4 C5 12 30 42
Seminario A1 A2 A5 A6 A9 B1 B5 B6 B8 B9 B11 C1 C3 C4 7 10.0023 17.0023
Traballos tutelados A1 A2 A5 A6 A9 B1 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 2 12 14
Proba obxectiva A1 A5 A9 B1 B4 B5 B10 B12 C4 1 1 2
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, ordenador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
Seminario Sesións interactivas relacionadas cos distintos contidos da materia con debates e intercambio de opinións co alumnado. Resolución de problemas e casos prácticos.
Traballos tutelados Realización de traballos e informes escritos e Exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos)
Proba obxectiva Exame de tipo mixto, con preguntas abertas e preguntas tipo test con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados nas e sesións maxistrais, seminarios e solución de problemas. Sen material de consulta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Haberá atención personalizada tanto nas actividades presenciais indicadas e titorías presenciais como por correo-e, sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A5 A6 A9 B1 B5 B6 B8 B9 B11 C1 C3 C4 Resolución de problemas e casos prácticos, incluída a realización e exposición oral de traballos e e casos prácticos, e de informes por escrito 20
Proba obxectiva A1 A5 A9 B1 B4 B5 B10 B12 C4 Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas. 60
Traballos tutelados A1 A2 A5 A6 A9 B1 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 Resolución de problemas e casos prácticos. 20
 
Observacións avaliación

Para obter a cualificación de
non presentado, o/a estudante non poderá ter participado en máis dun 20 % das
actividades avaliables programadas. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Básica (manuais de referencia).

Cristina Abril Sánchez et al.: Guía para la integración de sistemas de gestión : calidad, medio ambiente y seguridad y salud en el trabajo FC Editorial e Laborprex auditores, 2010.

Andrés Pastor Fernández et al.: Sistemas integrados de gestión, Servicio de Publicacións da Universidade de Cádiz, 2013. Signatura: 331-1017 (Ubicación: Económicas).

Complementaria.

César Camisón Zornoza et al.: Gestión de la calidad: conceptos, enfoques, modelos y sistemas Pearson Educación, 2006.

José María Alonso, Pedro Provedo: Gestión de la calidad 3ª ed, Santillana, 2005.

Asociación Española de Normalización y Certificación: Gestión de la calidad 2ª ed. AENOR, 2006.

Eladio Romero González, Evaluación y gestión medioambiental para planes, programas y proyectos de ingeniería. Universidad de Sevilla, 2015.

Enrique Claver Cortés et al.: Gestión de la calidad y gestión medioambiental: fundamentos, herramientas, normas ISO y relaciones. 3ª ed. Pirámide, 2011.

José Ignacio García Ninet et al.: Manual de prevención de riesgos laborales : seguridad, higiene y salud en el trabajo. 3ª ed. Atelier, 2012.

Faustino Menéndez Díez: Higiene industrial : manual para la formación del especialista. 3ª ed. Lex Nova, 2004.

MAPFRE: Manual de higiene industrial, 3ª ed. MAPFRE, 1996.

Bibliografía complementaria

“Cerrar o círculo: Un plan de acción da UE para a economía circular” [COM (2015) 614 final]: http://eur-lex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:8a8ef5e8-99a0-11e5-b3b7-01aa75ed71a1.0011.02/DOC_1&format=PDF

Waste prevention in Europe — the status in 2013  EEA report nº 9/2014. https://www.eea.europa.eu/publications/waste-prevention-in-europe-2014.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías