Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lexislación Industrial Código 610509133
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Mkrtichyan , Artak
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
Profesorado
Mkrtichyan , Artak
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/gl/quimica-e-quimica-industrial
Descrición xeral
O estudo e coñecemento da materia “Lexislación industrial”, dada a amplitude da mesma e a ausencia de coñecementos xurídicos dos alumnos, pretende alcanzar un coñecemento e manexo da normativa existente e dos actores, que faciliten o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste sentido, esta materia busca que os alumnos comprendan a existencia dun Ordenamento xurídico no ámbito industrial complexo, con diferentes fontes de produción normativa (internacional, da Unión Europea, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica, así como a presenza dunha pluralidade de Administracións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Estudo de casos (computa na avaliación)
- Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
- Proba oral (computa na avaliación)
- Sesión maxistral

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- TEAMS, Moodle, Microsoft Outlook

4. Modificacións na avaliación
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.

*Observacións de avaliación:
- Mantense o indicado no Paso 7

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A5 CE5 - Avaliar axeitadamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado con produtos químicos especiais
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 – Innovar en espazos e áreas do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito empresarial
B8 CG3 – Avaliar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e da investigación química
B9 CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
B12 CG8 - Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo.
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C2 CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares.
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais BM4
BM5
BM6
BM9
BM12
CM1
CM2
CM4
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico AM2
AM5
BM4
BM5
BM6
BM8
BM9
BM10
BM11
CM1
CM2
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O Dereito internacional público. O Dereito da Unión Europea. A protección interna. A Constitución e o Estatuto de Autonomía. Documentos normativos. Tratados, regulamentos, directivas, decisións e outros documentos comunitarios; leis e regulamentos estatais e autonómicos; ordenanzas municipais. Distribución de competencias: Estado, Comunidade Autónoma e Concellos. Procedementos de elaboración de normativa. Estrutura e publicación dos textos normativos
Tema 2. A industria. Política industrial integrada e competitividade. Sectores industriais: industria forestal, industria téxtil, industria extractiva, construción naval, industria espacial, industria da defensa, turismo, comercio electrónico e servizos destinados ás empresas, produtos alimenticios. Industria química e clasificación da normativa: produtos químicos, calidade e seguridade industrial, medio ambiente.
Tema 3. Lei de procedemento administrativo. Responsabilidade administrativa. Responsabilidade civil. Os instrumentos represivos. A disciplina e a inspección. O Dereito sancionador.
Tema 4. Produtos químicos. Marco regulamentario de xestión das substancias químicas (REACH), Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos. Comercio internacional de produtos químicos perigosos e Convenio de Róterdan. Os deterxentes. Estratexia comunitaria en materia de alteradores endocrinos. Estratexia comunitaria sobre o mercurio. Exportación e almacenamento de mercurio. Praguicidas e biocidas. Os abonos.
Tema 5. A industria e a tecnoloxía na política europea de seguridade e defensa. A política de seguridade e defensa da Unión Europea: misións e capacidades. Novos actores e regras de xogo. A incipiente política europea de armamento. O sector industrial da defensa en Europa. O novo marco da investigación e desenvolvemento. A transformación da industria. Retos e oportunidades.
Tema 6. Saúde, hixiene e seguridade no traballo. Saúde e seguridade no lugar de traballo: normas xerais e estratexia comunitaria. Equipos, sinalización e cargas. Protección de grupos específicos de traballadores. Lugares de traballo. Axentes químicos, físicos e biolóxicos. Exposición: amianto, campos electromagnéticos, ruído, vibracións mecánicas, atmosferas explosivas, axentes químicos, radiacións ionizantes, radiacións ópticas artificiais, axentes carcinógenos e mutágenos. Sistema europeo para o rexistro dos transportistas de materiais radioactivos. Calidade industrial e normas.
Tema 7. Dereito ambiental. Orixe e fontes do Dereito Ambiental. Os instrumentos de tutela ambiental. Instrumentos preventivos. Instrumentos económicos e voluntarios de tutela ambiental. Instrumentos complementarios. Instrumentos represivos. A tutela sectorial do medio. Aplicación á industria. A prevención e o control integrados da contaminación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A5 B4 C3 2 2 4
Estudo de casos A2 B6 B8 B9 B10 2 2 4
Análise de fontes documentais B11 B12 C1 C2 2 2 4
Proba oral B5 1 38 39
Sesión maxistral C4 12 12 24
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Realizaranse unha combinación de leccións maxistrais para explicar a teoría, intercalando supostos prácticos, comentarios de normas e de noticias da actualidade para ilustrar vos contidos teóricos e titorías obrigatorias. Para o seguimento das clases facilitaráselles aos alumnos selección de normas, noticias, documentación e estatísticas que se utilizan como material de apoio á docencia teórica.
Estudo de casos As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
Análise de fontes documentais As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
Proba oral O exame será final e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa.
Sesión maxistral Docencia expositiva sobre os contidos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Proba oral
Descrición
Na avaliación global tamén se terá en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, nas titorías e nas demais actividades que se desenvolvan durante o curso, de tal modo que o profesor poida levar a cabo un seguimento personalizado do estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral C4 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. 10
Solución de problemas A5 B4 C3 As actividades dirixidas representarán o 50% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 20
Estudo de casos A2 B6 B8 B9 B10 As actividades dirixidas representarán o 50% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 5
Análise de fontes documentais B11 B12 C1 C2 As actividades dirixidas representarán o 50% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 15
Proba oral B5 O exame final da materia supoñerá o 40% da nota total, e realizarase ao final do cuadrimestre, sobre a base da docencia impartida durante o curso e con apoio da bibliografía e da documentación relativa aos contidos da guía docente.
O exame será oral ou escrito e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa.
50
 
Observacións avaliación
A cualificación do alumno, tanto na primeira como na segunda oportunidade, é unha media ponderada entre o rendemento do mesmo nas dúas partes que se avalían: exame e rendemento na aula (participación, traballo cooperativo e de investigación). A repartición da puntuación será en función dos rendementos obtidos no exame (40% da cualificación) e da súa participación en actividades e traballos propostas na aula (50%). Valorarase a asistencia e participación activa nas clases que se avaliará mediante un informe final do profesor (10%).

Fontes de información
Bibliografía básica LOZANO CUTANDA, B. (). Derecho Ambiental Administrativo. Madrid: Dyckinson
ÁLVAREZ, N. (2000). Hacia una nueva política industrial. DIANA Y CENTRO DE INVESTIGACIÓN PARA EL DESARROLLO A.C.
CESEDEN (2008). La industria y la tecnología en la política europea de seguridad y defensa.
OANTA, G.A. (2007). La Política de seguridad alimentaria en la Unión Europea. Valencia: Tirant lo Blanch
MUÑOZ MACHADO, A. (2013). La política industrial: Un reto de nuestro tiempo. Ediciones Díaz de Santos
ORTEGA GÓMEZ, M. (ED.) (2016). Las políticas de la Unión Europea en el siglo XXI. Barcelona: Bosch Editor
CALVA, J.L. (2007). Política Industrial manufacturera.
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público, Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho internacional público, Derecho de la Unión Europea y Derecho internacional de los espacios. Valencia: Tirant lo Blanch

D.G. de Economía y D.G. de Industria, Comunidad de Madrid https://bit.ly/2L0F1JK , Libro blanco de la política industrial, 2005 http://www.comunidad.madrid/publicacion/1132042984210 , Diario Oficial de Galicia https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia , Servidor do Boletín Oficial do Estado http://www.boe.es/index.php?lang=gl , Portal de derecho de la Unión Europea https://eur-lex.europa.eu/homepage.html?locale=es , Consulta Diario Oficial, jurisprudencia…. Página da Dirección General de Medio Ambiente de la Unión Europea https://ec.europa.eu/info/departments/environment_es , Página sobre a ecoetiqueta comunitaria para productos http://ec.europa.eu/environment/ecolabel/ , Página sobre o sistema comunitario de gestión y auditorías ambientales (EMAS) http://ec.europa.eu/environment/emas/index_en.htm , Servidor de la Consellería de Medio ambiente http://cmaot.xunta.gal/ ,  Servidor do Ministerio de Medio Ambiente http://www.mapama.gob.es/es/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías