Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Economía e empresa Código 610509134
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.rfernandez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.rfernandez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Economía e Empresa" forma parte do módulo M7, especialidade en Química e Economía Industrial. Esta especialidade é obrigatoria para o alumnado que curse a orientación profesionalizante. Deste xeito, a maioría das materias desta especialidade abordan diferentes aspectos técnicos dos procesos químicos no ámbito industrial. Con todo, esta materia e "Recursos humanos" permiten que o alumnado se familiarice con coñecementos de índole máis transversal vinculados co funcionamento das organizacións empresariais. Así, tanto os coñecementos técnicos dos procesos químicos, así como aqueles vinculados coas dinámicas organizativas, son de suma relevancia para un correcto desempeño profesional.
A materia "Economía e Empresa" permitirá ao alumnado coñecer o funcionamento das organizacións empresariais, así como as funcións do proceso directivo. Coñecementos relevantes para desenvolver a súa actividade profesional no ámbito de empresas do sector químico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Si a situación vigente permite o desenvolvemento normal das clases e actividades de avaliación continua de forma presencial, o sistema de avaliación e as metodoloxías a empregar serán as descritas nos apartados correspondentes (escenario 1: 10% solución de problemas, 15% presentación oral, 20% traballos tutelados e 55% exame final). Todas estas actividades terán lugar no aula física (ou, no caso de que a Facultade deseñe un sistema híbrido no que ás veces os estudantes teñan actividades/clase presencial e, outras en liña, tamén se empregará este esquema de avaliación sempre que sexa posible celebrar o exame en modo presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Si non fose posible polas circunstancias, celebrar o exame de modo presencial e instaurásese un sistema remoto de ensino, eliminaríase o exame final manténdose as restantes metodoloxías.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico a diario: de uso para facer consultas, dar avisos, resolver dúbidas, solicitar reunións virtuales e seguimiento dos traballos tutelados. Moodle semanalmente: iranse colgando nesta plataforma os materiais necesarios para o seguimiento da materia. Teams a diario para a explicación de contidos teóricos da materia, tutorías individuais e seguimiento dos traballos tutelados.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:
Si non fose posible polas circunstancias, celebrar o exame de modo presencial e instaurásese un sistema remoto de ensino, entón o sistema de avaliación pasaría a axustarse ao seguinte esquema (Escenario 2):
Solución de problemas: 20%
Presentación oral: 25%
Traballos tutelados: 55%
Neste caso (escenario 2) todas as metodoloxías e actividades pasarán á modalidade on-line e os estudantes enviaranas a través da plataforma Moodle ou a plataforma Teams, seguindo as indicacións do profesor. As clases tamén terán lugar tamén a través da plataforma Teams no mesmo horario que se estableceu para as clases presenciales. Esta estrutura (xa sexa o escenario 1 ou o 2) empregarase tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non se farán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 CE5 - Avaliar axeitadamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado con produtos químicos especiais
A6 CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 – Innovar en espazos e áreas do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito empresarial
B8 CG3 – Avaliar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e da investigación química
B9 CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
B12 CG8 - Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo.
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C2 CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares.
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
C5 CT5 - Demostrar unha actitude de respecto polas opinións, valores, comportamentos e prácticas doutros

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer de forma clara a estrutura dunha organización empresarial. Asimilar o coñecemento do que supón a xestión da produción. Adquirir os coñecementos básicos de economía empresarial que permitan elaborar, manexar e interpretar: orzamentos, balances, analisis de custos, etc. E coñecer as técnicas de control de custos e márketing. AM5
AM6
AM9
BM4
BM5
BM6
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Organización empresarial. Concepto e funcionamiento O sistema organizativo.
Directivos e niveles directivos
Introdución á administración de organizacións empresariais
Funcións do proceso de administración. Introdución ao proceso directivo.
Planificación
Organización
Dirección
Control


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A6 A9 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 12 0 12
Solución de problemas A8 16 0 16
Traballos tutelados A5 A6 A9 28 0 28
Proba obxectiva A1 A2 A3 A7 A8 B8 1 12 13
Presentación oral A12 B4 C1 1 3 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases presenciales teóricas
Solución de problemas Evaluación continua del alumno mediante preguntas y cuestiones orales durante el curso. Resolución de problemas y casos prácticos
Traballos tutelados Realización de trabajos e informes escritos
Proba obxectiva Examen final
Presentación oral Exposición oral (trabajos, informes, problemas y casos prácticos)

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
As titorías servirán para aclarar dúbidas e facer un seguimento dos traballos tutelados. Realizaranse na plataforma Teams no horario publicado na páxina web da Facultade.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A8 Evaluación continua del alumno mediante preguntas y cuestiones orales durante el curso. Resolución de problemas y casos prácticos 10
Proba obxectiva A1 A2 A3 A7 A8 B8 Examen final 55
Presentación oral A12 B4 C1 Exposición oral de trabajos, informes, problemas o casos prácticos. 15
Traballos tutelados A5 A6 A9 Realización de trabajos e informes escritos 20
 
Observacións avaliación

Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados e realice todas as actividades suscitadas polo profesorado.

Notas para a segunda oportunidade

Para a segunda oportunidade (xullo), o estudante que non supere a materia na primeira oportunidade debe realizar o exame na data establecida e pode revisar e mellorar as actividades dos outros tres compoñentes da avaliación. No caso de que só sexa posible a modalidade online, o sistema de avaliación será o descrito no escenario 2; o estudante entregará a través de Teams/Moodle os tres compoñentes da avaliación e realizará a presentación en Teams seguindo as indicacións do profesor (para o que, deberá contactar co profesor para establecer día e hora)


Fontes de información
Bibliografía básica

Curto Rodríguez, E.; García Chas, R.; Castro Casal, C. (Coord.) (2012). Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.

Díez De Castro, J; Redondo López, C.; Barreiro Fernández, B.; López Cabarcos, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirigir en la sociedad del conocimiento. Pirámide.

Robbins, S.; Coulter, M. (2014). Administración (12º edición). Pearson-Prentice Hall.

Robbins, S.; DeCenzo, D.A. (2009): Fundamentos de administración. Conceptos esenciales y aplicaciones. Pearson-Prentice Hall.

Bibliografía complementaria

Moyano Fuentes, J.? Bruque Cámara, S.? Maqueira Marín, J.? Fidalgo Bautista, F. y Martínez Jurado, P. (2011). Administración de empresas. Un enfoque teórico-práctico. Pearson.

González Domínguez, F. y Ganaza Vargas, J. (Coord.) (2007). Principios y fundamentos de gestión de empresas. Pirámide.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Non se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.

Web do Máster:

http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/master.html



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías