Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión de Proxectos Código 610509137
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia se inscribe dentro do segundo cuadrimestre do ultimo curso do grao de química. O obxectivo da mesma é dobre, por unha banda, pretendese que o alumnado teña coñecemento de tódolos pasos que leva á elaboración dun proxecto e, por outra, procurarase que o alumnado traslade eses coñecementos ó eido da química mediante a planificación e desenvolvemento dun proxecto de química dende un punto de vista técnico-económico-social.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A4 CE3 - Aplicar os materiais e as biomoléculas en ámbitos innovadores da industria e Enxeñaría Química
A5 CE5 - Avaliar axeitadamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado con produtos químicos especiais
A6 CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
A8 CE8 - Analizar e utilizar os datos obtidos de forma independente en experimentos de laboratorio complexos relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas axeitadas, incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B6 CG1 – Innovar en espazos e áreas do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito empresarial
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B8 CG3 – Avaliar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e da investigación química
B9 CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
B12 CG8 - Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo.
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C2 CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares.
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
C5 CT5 - Demostrar unha actitude de respecto polas opinións, valores, comportamentos e prácticas doutros

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de deseñar e planificar un proxecto AM1
AM2
AM5
AM6
AM8
AM9
BM2
BM4
BM6
CM1
CM3
Ter coñecementos dos procesos químicos industriais AM1
AM4
AM5
AM9
BM3
BM8
BM10
Capacidade de traballo en equipo. BM9
CM2
CM5
Elaborar e escribir memorias e informes de carácter científico e técnico AM1
CM1
CM3
CM4
Capacidade de indagar e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ó ben común. AM2
BM1
BM7
BM11
BM12

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Xeralidades dun proxecto. Concepto. Os proxectos en enxeñaría. Definición e obxectivos dun proxecto. Tipos de proxectos. Etapas de deseño. Ciclo de vida dun proxecto industrial. Aspectos organizativos dun proxecto.
2. Previsión de recursos. Previsión de recursos materiais, humáns e económicos. Tamaño dun proxecto. Economía de escala. Estudos previos de viabilidade.

3. Planificación e programación do proxecto.
Fases de iniciación, planificación, execución, comprobación e retroalimentación. Distribución óptima de recursos humáns e temporais: método do camiño crítico (CPM). Diagramas de Gantt. Análise PERT. Ferramentas informáticas
Tema 4. Orzamento e avaliación económica de proxectos. Tipos de custos e distribución, Avaliación económica de proxectos. Fluxos de caixa. Rentabilidad. VAN. TIR. Análise de sensibilidade
Tema 5. Documentación dun proxecto. Memoria descriptiva. Memoria justificativa: presentación de cálculos. Pliego de condicións. Definición e estrutura. Condicións xerais. Condicións particulares.
Tema 6. Proxectos de I D. Planificación, seguimiento e control de proxectos de I D. Técnicas de preparación de proxectos. Xustificación técnica e económica de proxectos de I D.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A5 A9 9 18 27
Proba mixta A1 B2 B4 B10 C1 3 0 3
Seminario A2 A4 A6 A8 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 12 27.6 39.6
 
Atención personalizada 5.4 0 5.4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais impartiranse ó grupo completo. Consistirán en leccións expositivas nas que se exporá de forma ordenada o temario da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o contido e obxectivos principais de dito tema. Asemesmo, ó final do tema farase un breve resumo dos contidos máis salientables. Para facilita-la labor de seguimento por parte do alumno das clases presenciais proporcionaráselle con antelación o material docente utilizado polo profesor. A exposición de cada un dos temas apoiárase en medios audiovisuais.
Proba mixta Os estudantes realizarán un exame con cuestións fundamentalmente teórico-prácticas que permitirá individualiza-la cualificación final.
Seminario Esta clase de metodoloxía ten por obxectivo profundizar nalgúns aspectos concretos da materia tratados cun carácter máis xeral nas clases de teoría. Para isto, traballarase na resolución de casos prácticos relacionados co desenvolvemento de proxectos e unidades de proceso. Tamén inclúe a realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Mestrado., exposición oral de traballos, informes, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Proba mixta
Descrición
Nos seminarios, a atención personalizada farase mediante titorías presenciais. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán realiza-los traballos tutelados en titorías personalizadas e/ou grupais en horario a convir cos profesores. As actividades a realizar nestas titorías serán similares ás dos alumnos en réxime ordinario e computarán para a avaliación final cun 20% da cualificación global.

A nivel individual o alumno poderá expor as súas dúbidas referentes ás cuestións de carácter práctico plantexadas na clase.

Nos traballos tutelados, a atención personalizada buscará resolve-las dificultades que se lle plantexen ó alumnado na formulación do proxecto, na elección das ferramentas e na análise da información e dos resultados acadados, así como a revisión dos sucesivos borradores do informe do traballo. Ademais do traballo de seguimento realizado nas sesións de titoría grupal, haberá unha titoría individual no horario establecido polos profesores.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A4 A6 A8 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 Durante a semana entregaran-se cuestións prácticas ó alumnado para que traballen na súa resolución. As cuestións resoltas deberán ser entregadas ó profesor antes da clase de resolución das mesmas. En outras ocasións, presentaranse ós alumnos, ó inicio da sesión, problemas para resolver na mesma aula, tendo que entrega-los resoltos ó fin da mesma. A entrega e resolución dos traballos resoltos computará, proporcionalmente, ate un máximo dun 20% da nota final.
45
Proba mixta A1 B2 B4 B10 C1 Os estudiantes realizarán un exame con cuestións fundamentalmente teórico-prácticas que permitirá individualiza-la cualificación final. 55
 
Observacións avaliación

Os estudiantes realizarán un exame con cuestións fundamentalmente teórico-prácticas que permitirá individualiza-la cualificación final. Será necesario acadar unha cualificación mínima do 40% da nota máxima (4 sobre 10) en cada unha das dúas partes da avaliación (continua e exame final). A materia superaráse cunha nota final mínima de 5.

No caso de non supera-la materia na Primeira Oportunidade, o estudiante será novamente avaliado da proba mixta na Segunda Oportunidade e manteráselle a nota dos seminarios.



Fontes de información
Bibliografía básica Canon, J.L. , Rebollar, R. e Saenz, M.J. (2003). Curso de gestión de proyectos. Manual del alumn. Asociación Española de Ingeniería de Proyectos (AEIP)
Corchuelo, B., Eguía, B. y Valor, M.T. (2006). Curso práctico de microeconomía. Delta publicaciones
Cepeda, I.; Lacalle, M.; Simón, J.R.; Romero, D. (2004). Economía para ingenieros. Thomson editores
Cabra Dueñas, L., de Lucas Martínez, A., Ruiz Fernández, F. e Ramos Marcos, M.J. (2010). Metodología del diseño aplicado y gestión de proyectos para ingenieros quiímicos. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha
Sapag Chain, N. y Sapag Chain, R. (2000). Preparación y Evaluación de Proyectos. Editorial McGraw-Hil
Cos Castillo, M. de (1997). Teoría General del Proyecto. Volumen I: Dirección de Proyectos. Editorial Síntesis
Plant Design and Economics for Chemical Engineers. M. S. Peters, K.D. Timmerhaus, R. E. West, Ed. McGraw Hill (2004)
http://www.micinn.es" www.micinn.es 
http://www.mineco.gob.es/portal/site/mineco/idi" http://www.mineco.gob.es/portal/site/mineco/idi 
http://www.cdti.es" www.cdti.es 
http://ec.europa.eu/research/fp7" http://ec.europa.eu/research/fp7 
http://ec.europa.eu/programmes/horizon2020/h2020-sections" http://ec.europa.eu/programmes/horizon2020/h2020-sections 
https://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/home.htmlhttps://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/home.html 

Bibliografía complementaria Corchuelo, B., Eguía, B. y Valor, M.T. (2006). Curso práctico de microeconomía. Delta Publicaciones
Vian, A. (1991). El Pronóstico Económico en Química Industrial. Editorial Eudema
Peters, M. S., Timmerhaus, K. D. y West, R. E. (2012). Plant Design and Economics for Chemical Engineers. Editorial McGraw-Hill




Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/610G01001
Matemáticas 2/610G01002
Física 1/610G01003
Física 2/610G01004
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010
Laboratorio de Química 2/610G01032
Enxeñaría Química/610G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías