Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Caracterización de Materiais e Biointerfases Código 610509302
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Castro Garcia, Socorro
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
Profesorado
Castro Garcia, Socorro
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura inclue unha descripción dos fundamentos e das aplicacións principais de varias técnicas de caracterización relacionadas coa Ciencia de Materiais e que (en moitos casos) non se impartiron no Grao en Química. Estes contidos son fundamentais para abordar outras asignaturas optativas do máster e, en particular, do módulo 5 – Nanoquímica e Novos Materiais.
Ademáis, tamén inclúe unha parte de técnicas computacionais na que se usarán programas informáticos que permitan a visualización de moléculas. Estes contidos son fundamentáis para calquer químico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse en “modalidade en liña”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asicrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titoriáis máis personalizadas...).

*Metodoloxías docentes que se modifican
As probas obxectivas serán probas en liña que se realizarán mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas a través da plataforma Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo.

4. Modificacións na avaliación
Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia en liña sincrónica sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial en aula.
O alumnado que non poda seguir as actividades en liña sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica.

*Observacións de avaliación:
Non hai.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno será capaz de usar programas informáticos que lle permitan visualizar moléculas; comprenderá os fundamentos dalgunhas técnicas básicas de análise do estado sólido; será capaz de interpretar os resultados das técnicas básicas mais comúns de caracterización de sólidos; será capaz de seleccionar as técnicas de caracterización do estado sólido que resulten mais adecuadas para a resolución de problemáticas concretas.

Contidos
Temas Subtemas
Unidade I. Visualización de moléculas
Unidade II. Análise térmico de materiais: termogravimetría (TGA), calorimetría diferencial de barrido (DSC), análise térmico diferencial (DTA), calorimetría de valoración isotérmica (ITC).
Unidade III. Técnicas de difración: difración de raios X en pó (XRPD).
Unidade IV. Técnicas microscópicas modernas: microscopía de efecto túnel (STM), microscopía de forzas atómicas (AFM).
Unidade V. Caracterización espectroscópica de superficies e interfases: resonancia plasmónica (SPR), espectroscopía Raman, espectroscopía fotoelectrónica de raios X (XPS) e espectroscopía Auger.
Unidade VI. Caracterización de dispersións coloidais: dispersión de luz láser (DLS) e potencial zeta.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 0 12
Seminario 4 0 4
Traballos tutelados 2 0 2
Prácticas a través de TIC 4 0 4
Solución de problemas 20 0 20
Análise de fontes documentais 0 26 26
Proba obxectiva 2 0 2
Prácticas de laboratorio 5 0 5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas por parte do profesor, interactivas, con participación activa do alumnado.
Seminario Seminarios realizados con profesorado de máster ou invitado, doutras institucións, así como con profesionais expertos na materia. Serán sesións interactivas.
Traballos tutelados Tutorías individuais ou en grupo reducido.
Prácticas a través de TIC Clases prácticas na aula de informática.
Solución de problemas Solución a problemas ou de proxectos curtos, propostos polo profesor, o polo propio alumno (se se considera oportuno).
Análise de fontes documentais Estudio persoal baseado nas fontes de información.
Proba obxectiva Realización dunha ou varias proibas para a verificación da obtención de coñecementos e de adquisición das hablilidades e actitudes propostas para esta materia.
Prácticas de laboratorio Prácticas de caracterización de materiais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
Titorías individuáis ou en grupo reducido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computarán conxuntamente 0
Sesión maxistral SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computarán conxuntamente 0
Solución de problemas SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computarán conxuntamente 45
Proba obxectiva (55% da calificación global) 55
 
Observacións avaliación

A avaliación farase
mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando
condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das
actividades docentes presenciais de asistencia obligatoria (clases
presenciais teóricas, seminarios e titorías).

O profesor verificará a asistencia ás clases
según o sistema de control de asistencias oficial establecido en cada Centro ou
Universidade. As ausencias deberán ser xustificadas documentalmente. As
ausencias xustificadas contabilizarán como asistencia ás actividades docentes,
a efectos de poder presentarse ao exame.


Fontes de información
Bibliografía básica

P. Atkins, J. de Paula: "Physical Chemistry", 10th ed.; Oxford University Press, 2014

I. N. Levine: "Principios de Fisicoquímica", 6ª ed.; McGraw-Hill, 2014

A.R. West: "Solid State Chemistry and its Applications"; 2nd ed.; Wiley, 2014

L.E. Smart, E.A. Moore: "Solid State Chemistry: An Introduction". 4th ed.; CRC Press, 2012

Bibliografía complementaria

- J.M. Hollas: "Modern Spectroscopy"; 4th ed.; John Wiley&Sons, 2004.

- S.R. Morrison: "The Chemical Physics of Surfaces"; 2nd ed.; Plenum Press, 1990.

- F. MacRitchie: "Chemistry at Interfaces"; Academic Press, 1990.

- D. Myers: "Surfaces, Interfaces and Colloids: Principles and Applications"; VCH, 1999.

- G. Cao: "Nanostructures and Nanomaterials: Syntesis, Properties and Applications". Imperial College Press, 2004.

- S.E. Lyshevski (ed.): "Dekker Encyclopedia of nanoscience and nanotechnology" (7 volumes), 3ª Edición. CRC Press, 2014.

- John P. Sibilia: “A guide to materials characterization and chemical analysis”. VCH Publishers, 1998.

- J. Bermúdez Polonio: "Métodos de difracción de rayos X. Principios y aplicaciones". Editorial Pirámide, 1981.

- C. Hammond: "The basics of Crystallography and Diffraction", 4th ed.; International Union of Crystallography, Oxford University Press, 2015.

- B. D. Cullity S.R. Stock: “Elements of X-Ray Diffraction” 3rd ed.; Prentice Hall 2014

- C. Giacovazzo (ed.): “Fundamentals of Crystallography” 3rd ed.; International Union of Crystallography, Oxford University Press, 2011.

Ademais recomendaranse para cada tema textos complementarios (artículos, páxinas web, textos específicos).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías