Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Aplicacións dos Nanomateriais e Novos Materiais Código 610509316
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Castro Garcia, Socorro
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
Profesorado
Castro Garcia, Socorro
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso pretende proporcionar unha visión xeral das aplicacións dos nanomateriais e novos materiais, relacionando o resto das materias deste módulo entre si e contextualizando os aspectos máis importantes. Tamén poñerá en contexto e relacionará nanomateriais e novos materiais coas outras disciplinas coas que interactúa, dado que o seu estudo só ten sentido nun campo interdisciplinar, entendendo que a súa razón de ser é a comprensión e desenvolvemento de nanomateriais e novos materiais, para optimizar e acadar novas propiedades, de xeito que sexan aplicables en campos tan variados como biomedicina, electrónica, optoelectrónica, óptica, enerxía, catálise, alimentos, cosméticos, téxtiles, medio ambiente, enxeñería, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse en “modalidade en liña”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asicrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titoriáis máis personalizadas...).

*Metodoloxías docentes que se modifican
As probas obxectivas serán probas en liña que se realizarán mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas a través da plataforma Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo.

4. Modificacións na avaliación
Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia en liña sincrónica sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial en aula.
O alumnado que non poda seguir as actividades en liña sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica.

*Observacións de avaliación:
Non hai.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A4 CE3 - Aplicar os materiais e as biomoléculas en ámbitos innovadores da industria e Enxeñaría Química
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B6 CG1 – Innovar en espazos e áreas do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito empresarial
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante adquirirá unha visión panorámica das aplicacións máis relevantes e actuais de Nanomateriais e Novos Materiais, as súas principais áreas de actividade, logros, limitacións, obxectivos e perspectivas de futuro. O estudante coñecerá as principais estratexias de busca, deseño e desenvolvemento de Nanomateriais e Novos Materiais. O alumno comprenderá a relación composición-estrutura-microstructura-enlace-propiedades e aplicacións de Nanomateriais e Novos Materiais. O alumno obterá unha visión xeral das novas tendencias en metodoloxías sintéticas, de caracterización e reactividade de Nanomateriais e Novos Materiais. AM1
AM4
AM9
BM1
BM2
BM4
BM6
BM7
BM10
CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Unidade I • Introdución. Tendencias en nanomateriais e novos materiais.
• Clasificación de Nanomateriais e Novos Materiais.
• Retos en Nanomateriais e Novos Materiais.
• As aplicacións de Nanomateriais e Novos Materiais no contexto das perspectivas actuais de Investigación e Industria.
Unidade II • Aplicacións de Nanomateriais e Novos Materiais:
- Aplicacións en biomedicina
- Aplicacións en electrónica, optoelectrónica e fotónica.
- Aplicacións enerxéticas.
- Aplicacións en catálise heteroxénea.
- Aplicacións en alimentos, cosméticos e téxtiles.
- Aplicacións ambientais.
- Aplicacións estruturais.
- Aplicacións en arte e outras tendencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A9 B1 C4 12 0 12
Seminario B2 B4 B6 B7 B10 C1 7 0 7
Traballos tutelados A1 C1 C3 C4 2 0 2
Solución de problemas B2 C1 C3 0 18 18
Análise de fontes documentais B10 B7 C3 0 20 20
Proba obxectiva A1 A4 B1 B2 B4 B10 C4 1 15 16
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas por parte do profesor, interactivas, con participación activa do alumnado.
Seminario Seminarios realizados con profesorado de máster ou invitado, doutras institucións, así como con profesionais expertos na materia. Serán sesións interactivas.
Traballos tutelados Tutorías individuais ou en grupo reducido.
Solución de problemas Solución a problemas ou de proxetos curtos, propostos polo profesor, ou polos propios alumnos (se se considera oportuno).
Análise de fontes documentais Estudio personal baseado nas diferentes fontes de información.
Proba obxectiva Realización dunha ou varias probas para a verificación da obtención de coñecementos e de adquisición das hablilidades e actitudes propostas para esta materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Solución de problemas
Descrición
Titorías individuais ou en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A4 B1 B2 B4 B10 C4 Computurá o 55% da calificación global 60
Solución de problemas B2 C1 C3 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computurán conxuntamente (45% da calificación global) 40
Sesión maxistral A1 A4 A9 B1 C4 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computurán conxuntamente (45% da calificación global) 0
Seminario B2 B4 B6 B7 B10 C1 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computurán conxuntamente (45% da calificación global) 0
 
Observacións avaliación



A
avaliación desta materia farase mediante unha avaliación continua e a
realización dun exame final, quedando condicionado o acceso ao exame á participación
polo menos no 80% das actividades de asistencia presencial obrigatoria (clases
teóricas presenciais, seminarios e titorías).


O profesor verificará a asistencia a clase segundo
o sistema oficial de control de asistencia establecido en cada centro ou
universidade. As ausencias deben documentarse. As ausencias desculpadas
contarán como asistencia ás actividades docentes, para poder participar no
exame.

PLAN
DE CONTINXENCIA:


En función da evolución da crise sanitaria de
COVID 19, distínguense 3 escenarios:


- ESCENARIO 1: normalidade adaptada:


A avaliación constará de dúas partes:


a) Avaliación continua cun peso do 40%,
correspondente a seminarios, titorías, exercicios entregados ao profesor.


b) Exame final da materia: 60%


O exame final será presencial.


- ESCENARIO 2: distanciamento (restrición parcial
a asistencia física):


A avaliación realizarase como no escenario 1.


O exame final será preferentemente non presencial.


- ESCENARIO 3: peche das instalacións:


A avaliación realizarase como nos escenarios 1 e
2, agás que o exame final non será necesariamente presencial.


En calquera dos tres escenarios, no caso de non
superar a avaliación continua, realizarase un exame final cun peso do 100%.


A segunda oportunidade, en calquera dos tres
escenarios, consistirá en facer un exame final cun peso do 100% (presencial no
caso do escenario 1, non presencial en 3, e preferentemente non presencial en
2).


Indicación referida ao plaxio e ao uso inadecuado
das tecnoloxías no desenvolvemento de tarefas ou probas: "En casos de
realización fraudulenta de exercicios ou probas, o disposto no Regulamento de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de valoracións
"


Fontes de información
Bibliografía básica

- D. Vollath. "Nanomaterials: an introduction to synthesis, properties and applications". Wiley-VCH, 2013.

- G. Cao: "Nanostructures and Nanomaterials: Synthesis, Properties and Applications". Imperial College Press, 2004.

- A.R. West: "Solid State Chemistry and its Applications". Wiley, 2014.

- R. Tilley: "Understanding solids: the science of materials". Wiley, 2004.

- L.E. Smart, E.A. Moore: "Solid State Chemistry: An Introduction". CRCPress, 2012.

- J.A. Schwarz, C.I. Contescu, K. Putyera (Editores): "Dekker Encyclopedia of nanoscience and nanotechnology" (5 vols.). Marcel Dekker, 2004.

Bibliografía complementaria

Revistas periódicas de máximo impacto nas áreas de "nanomateriais" e "novos materiais" accesibles a través de bibliotecas universitarias (Nature Review Materials, Nature Materials, Nature Nanotechnology, Advanced Materials, Materials Today, Nano Today, etc.)
Ademais, recomendaranse textos complementarios (artigos, páxinas web, textos específicos) para cada tema no momento en que se imparta a materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías