Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Física 2 Código 610G01004
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física
Coordinación
Rilo Siso, Esther
Correo electrónico
esther.rilo.siso@udc.es
Profesorado
Rico Varela, Maite
Rilo Siso, Esther
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
esther.rilo.siso@udc.es
Web
Descrición xeral Proporciona os coñecementos de Física Xeral necesarios para a fundamentación das leis e fenómenos da Química. Trátase dunha materia que é o elo entre as Matemáticas e a Química no sentido de dar unha formulación formal das observacións científicas que permiten o establecemento de leis e resultados sen os que non é posible “pechar” o método científico. As leis da física proporcionan os ingredientes básicos nos que se apoian a maioría das ciencias, así como a instrumentación e técnicas de medida que se utilizan en todos os campos científicos, e moi especialmente na química. De aí a súa importancia e presenza no primeiro curso da titulación, xa que xunto coa Física 1 proporciona ó alumno a base conceptual que precisa para abordar as materias de outros módulos e cursos da titulación.

Preténdese introducir ó alumno no método científico, alcanzar a comprensión dos principios básicos da física fundamentalmente nos campos da electricidade, magnetismo e ondas. Chegar a saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais, e aprender a aplicar os coñecementos físicos ó campo da química.
Os descriptores son: concepto de campo e a súa aplicación ó campo gravitatorio e eléctrico, principios de electromagnetismo e ondas.

Proporciona los conocimientos de Física General necesarios para la fundamentación de la leyes y fenómenos de la Química. Se trata de una asignatura que es el nexo entre las matemáticas y la química en el sentido de dar una formulación formal de las observaciones científicas que permiten establecer leyes y resultados sin los que no es posible “cerrar” el método científico. Las leyes de la física proporcionan los ingredientes básicos en las que se apoyan la mayoría de las ciencias, así como la instrumentación y técnicas de medida que se utilizan en todos los campos científicos, y muy especialmente en la química. De ahí su importancia y presencia en el primer curso de la titulación ya que junto con la Física 1 proporciona al alumno la base conceptual que necesita para abordar las asignaturas de otros módulos y cursos de la titulación.

Se pretende introducir al alumno en el método científico, alcanzar la comprensión de los principios básicos de la física, fundamentalmente en los campos de la electricidad, magnetismo y ondas. Llegar a saber reducir los problemas reales a sus aspectos más esenciales, y aprender a aplicar los conocimientos básicos al campo de la química.
Los descriptores son: concepto de campo y su aplicación a los campos gravitatorio y eléctrico, principios de electromagnetismo y ondas.

Provides knowledge of General Physics required for substantiation of the laws and phenomena of chemistry. This is a subject that is the link between mathematics and chemistry in the sense of giving a formal formulation of scientific observations that establish laws and results without which you can not "close" the scientific method. The laws of physics provide the basic ingredients in which most sciences are supported, as well as instrumentation and measurement techniques used in all scientific fields, and especially in chemistry. Hence its importance and presence in the first year of the degree, since along with Physics 1 provides students with the necessary basis for understanding matters of other modules and courses of the degree.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A27 Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dispoñer dos fundamentos teóricos mínimos que permitan a comprensión dos aspectos da química relacionados coa mecánica de fluidos e cos fenómenos eléctricos e magnéticos. A1
A3
A12
A14
A25
C1
Saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais e aplicalos ó campo da química A14
A15
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C3
C6
Aplicar as técnicas básicas de laboratorio, incluindo os cálculos necesarios e expresando os resultados de manera axeitada. Utilizar o material e aplicar as normas básicas de seguridade para traballar nun laboratorio. A19
A20
A22
A23
A24
B1
B2
B3
B5
B7
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Teoría de Campos

Campos escalares e vectoriais
Gradiente, diverxencia e rotacional
Circulación dun vector, fluxo a través dunha superficie
Campos de forzas centrais
2. Fluidos Fluidos ideais
Fluidos reais
Fenómenos de superficie
3. Gravidade Campo gravitatorio
Enerxía potencial gravitatoria
4. Electricidade Campo e potencial eléctricos
Capacidade
Corrente eléctrica e circuitos de corrente continua
5. Magnetismo Campo magnético
Inducción magnética
Circuitos de corrente alterna
6. Oscilacións e ondas Oscilacións
Movemento ondulatorio
7. Luz Propiedades
Imaxes ópticas
Interferencia e difracción
Prácticas de Laboratorio



Determinacións da tensión superficial, densidade coa balanza hidrostática e co picnómetro, resistencia con un puente de Wheatstone, campo magnético en Bobinas de Hemholtz, medidas de corrente, resistencia e diferencia de potencial en circuitos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 A27 B1 B2 B3 C6 27 67.5 94.5
Solución de problemas A14 A15 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 9 13.5 22.5
Prácticas de laboratorio A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 15 15 30
Proba mixta A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante a sesión maxistral o profesor explicará o tema que corresponda incluíndo formatos diferentes (teoría, problemas e exemplos xerais...) facendo fincapé no máis relevante para o alumno, e en aqueles aspectos de máis dificultade. O alumno poderá preguntar todas as cuestión que se llle plantexen durante o deservolvemento da sesión.
Solución de problemas Clase teórico-práctica na que se plantexaran e resolverán problemas relacionados cos temas do programa que terán que resolver os estudantes baixo a supervisión da profesora, individualmente ou en grupos. Incluiranse nestas clases actividades que impliquen a participación das alumnas e alumnos, como poden ser saídas ó encerado, entrega de traballos ou exercicios...que contribuirán á avaliación continua. Desta maneira o profesor pode observar as dificultades de comprensión que cada alumno presenta na resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio O alumno realizará prácticas de laboratorio para a aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e de resolución de problemas. Con esta metodoloxía adquiren as habilidades propias dun laboratorio de Física, que inclúe o manexo de instrumentos de medida e o tratamento e análise de datos de propiedades e magnitudes físicas. Disporán do guión da práctica e do material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendidos en todo momento polo profesor.
Proba mixta É a proba para a avaliación dos coñecementos que permite á profesora a valoración do nivel de aprendizaxe do estudante.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As horas de atención personalizada (titorías) poñen ó profesor a disposición do alumno de forma personalizada para todas as cuestións que poidan xurdir durante a aprendizaxe da materia. Ademáis o profesor convocará, periódicamente, ós alumnos a titorías coa intención de que reciban a necesaria orientación.

Os alumnos chegan a esta materia con niveis de coñecementos e habilidades moi dispares debido ás diferentes opcións cursadas no bacharelato. As carencias que os alumnos arrastren de cursos anteriores non serán temas para desenvolver nestas horas pero se lle guiará no que debería facer para acadar o nivel que lle permita superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 A realización das prácticas é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación e entrega de resultados de cada sesión e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. Nesta actividade evaluaranse as competencias 15
Solución de problemas A14 A15 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 Valorarase ata un máximo de 0,5 puntos a asistencia. Avaliarase a participación na resolución dos problemas plantexados e poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. Nesta actividade evaluaranse as competencias 15
Proba mixta A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 Exame que computa o 70 % da nota final.
Durante o cuadrimestre realizarase unha proba parcial que permitirá eliminar parte da materia no caso de obter unha nota igual ou superior a 5 (sobre 10). Nesta actividade evaluaranse as competencias
70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba como no
resto de actividades avaliables, unha nota non inferior ó 4 (sobre 10), e
acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota
mínima de 5 (sobre 10). De non alcanzarse a dita puntuación mínima en
algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse
maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5).

A
avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos
criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda
oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de
éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira
oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos
seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda
oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á
obtida na proba de xuño.

Os alumnos que por razones xustificadas non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente acordado ca profesora.

As prácticas de laboratorio realizaranse según o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre.

Para
obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 25 % das actividades avaliables programadas.

Polo
que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso
académico, e polo tanto voltaría a comezar cun novo curso, incluidas
todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programadas
para o dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Fidalgo & Fernández (). Física General. Everest
Tippler & Mosca (). Física para la ciencia y la tecnología . Reverté
Sears, Zemansky, Young & Freedman (). Física Universitaria . Addison Wesley Longman

Bibliografía complementaria Lea & Burke (). Física, la naturaleza de las cosas. Paraninfo
Angel Franco García (2006). Prácticas de Física. http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/
Burbano de Ercilla, Burbano García & Gracia Muñoz (). Problemas de Física. Mira


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/610G01001
Física 1/610G01003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas 2/610G01002

Materias que continúan o temario

Observacións

É necesario ter coñecementos de física e matemáticas de bacharelato. Recoméndase asistir ó curso de nivelación que se imparte na Facultade de Ciencias no mes de setembro.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías