Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química Xeral 3 Código 610G01009
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Carlosena Zubieta, Alatzne
Correo electrónico
alatzne.carlosena@udc.es
Profesorado
Alonso Rodriguez, Elia
Carlosena Zubieta, Alatzne
Castro Romero, Jesús Manuel
Fernandez Solis, Jose Maria
Gonzalez Soto, Elena
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
alatzne.carlosena@udc.es
jesus.castro.romero@udc.es
jose.maria.fsolis@udc.es
elena.gsoto@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Química Xeral 3 pertence ao módulo de Química, do primeiro curso da titulación de Grao en Química. Nela estúdanse os aspectos máis relevantes dos equilibrios químicos en disolución, que constitúen a base de numerosos procesos da química inorgánica, orgánica, analítica e química física.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da nomenclatura, a estrutura e a reactividade dos grupos funcionais orgánicos. Coñecemento do equilibrio químico, entropía, enerxía libre, equilibrio ácido-base, equilibrio de formación de complexos, equilibrio de solubilidade, equilibrio redox e electroquímica. A1
A4
A5
A6
A7
A12
A21
A25
B2
B3
C1
C3
Resolución e exposición de problemas relativos á química dos grupos funcionais orgánicos, ao equilibrio químico e tipos de reaccións químicas (ácido-base, formación de complexos, solubilidade e redox). B2
B3
C1
C3
Destreza na busca bibliográfica de aplicacións reais e de investigación relacionados cos contidos da materia. Dispoñer de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os productos e o material habitual nun laboratorio. Interpretar os resultados obtidos no laboratorio. A7
A12
A16
A17
A19
A20
A23
B3
B4
B5
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. - Química dos grupos funcionais orgánicos. Introdución aos compostos orgánicos e as súas estruturas. Clasificación, nomenclatura e propiedades dos compostos orgánicos segundo grupo funcional. Reactividade e principais tipos de reaccións orgánicas. Estereoisomería.
Tema 2. - O equilibrio químico. Condición xeral de equilibrio. Constante de equilibrio. Equilibrios homoxéneos e heteroxéneos. Relación entre cinética e equilibrio químico. O cociente de reacción. Factores que afectan ao equilibrio químico. Principio de Le Chatelier. Equilibrio e enerxía libre de Gibbs.
Tema 3. - Equilibrio ácido-base. Acidez e basicidade: definición de Arrhenius, Brönsted e Lewis. Autoionización da auga. Concepto de pH. Forza de ácidos e bases. Constantes de ionización. Acidos polipróticos. Disolucións de sales: hidrólise. Efecto do ión común. Disolucións amortecedoras. Indicadores ácido-base. Valoracións ácido-base. Equilibrio ácido-base no medio non acuoso. Modelo de Pearson.

Tema 4. - Equilibrio de formación de complexos.
Consideracións xerais. Tipos de ligandos. Constantes de formación e disociación. Reaccións ácido-base dos ións complexos. Aspectos cinéticos. Aplicacións dos compostos de coordinación.
Tema 5. - Equilibrio de solubilidade. Solubilidade de sales e produto de solubilidade. Reaccións de precipitación e o cociente de reacción. Precipitación fraccionada. Factores que inflúen na solubilidade dos sales: efecto do ión común, efecto salino, pH e formación de complexos. Solubilidade e análise cualitativa.
Tema 6. - Equilibrio de oxidación-redución. Procesos de oxidación-redución en disolución acuosa. Potenciais normais de electrodo. Constantes de equilibrio dunha reacción redox. Potencial de cela e enerxía libre de Gibbs. Ecuación de Nernst. Equilibrios mixtos: influencia doutros equilibrios.
Tema 7. - Electroquímica. Fundamentos de electroquímica. Condución eléctrica. Electrodos. Celas electroquímicas. Potencial de cela e concentración. Aplicacións electroquímicas. Electrólise.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A7 A12 A16 A21 A25 B2 B3 B4 24 48 72
Seminario A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 8 24.8 32.8
Prácticas de laboratorio A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C1 C3 20 20 40
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A20 A21 A25 B3 C1 3 0 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor expoñerá os contidos fundamentais de cada un dos temas. Para o seu mellor aproveitamento, os alumnos dispoñerán con antelación ao desenvolvemento destas sesións dos materiais docentes axeitados para a súa preparación persoal. Todos os alumnos poderán consultar ao profesor calquer aspecto da materia no horario de tutorías establecido para tal efecto. Impartirase en grupo grande.
Seminario Sesións dedicadas á resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumnado. Impartirase en grupo pequeno.
Prácticas de laboratorio Nas sesións de laboratorio o alumno desenvolverá exemplos experimentais dos contidos teóricos expostos na aula. Será fundamental a realización dos prelaboratorios antes de realizar a práctica correspondente (senón o alumno non poderá realizar a devandita práctica), así como levar ao día a libreta de laboratorio, de acordo coas indicacións do profesor. Impartirase unha sesión inicial na aula en grupo grande para expor aos alumnos os contidos e dinámica das prácticas.
Proba mixta O alumno deberá realizar unha proba mixta que permita comprobar o grao de comprensión que adquiriu da materia. Nela incluiranse cuestións teóricas combinadas, exercicios numéricos e cuestións sobre as prácticas realizadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
Se convocará a los alumnos a dos sesiones de 1 hora de atención personalizada para resolver de forma individualizada posibles dúbidas do alumno e orientalo en relación cos contidos do curso.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A7 A12 A16 A21 A25 B2 B3 B4 Valorarase a participación dos alumnos na aula. Tamén realizaranse periodicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. Avaliase de meneira conxunta cos seminarios. 5
Prácticas de laboratorio A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C1 C3 Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc.
20
Seminario A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 Valorarase a participación do alumno, a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión. Tamén realizaranse periódicamente probas curtas nos seminarios e/ou nas sesións maxistrais para avaliar a evolución do alumno. Avalíase de maneira conxunta cas sesións maxistrais. 5
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A20 A21 A25 B3 C1 Terá dúas partes, nunha valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia e a outra consistirá na resolución de problemas ou exercicios numéricos.
70
 
Observacións avaliación

-Para superar a materia será necesario:

   1) A realización das prácticas de laboratorio
   2) Obter unha calificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas prácticas de laboratorio e en cada parte da proba mixta. E no caso de non alcanzar dita puntuación mínima
nalgunha destas actividades avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que a
cualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada
será de 4,5). A proba mixta incluirá un primer parcial para avaliar os contidos dos primeios temas da materia; e ten carácter eliminatorio, de tal forma que o alumno que pase dita proba non terá que examinarse desa parte no exame da convocatoria oficial.

-Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que
fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5, tendrán a
oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba
específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación
desta proba específica sustituírá á cualificación obtida nas
prácticas para a cualificación global.

-Os
alumnos que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e/ou maxistrales obterán unha cualificación de 0 neste
apartado (10 % nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda
oportunidade se manterá a cualificación obtida durante o curso para a nota global.

- O alumno obterá a cualificación de non
presentado cando non realice as prácticas de laboratorio e tampouco se
presente á proba mixta.
Polo que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
enseñanza-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un
curso académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso,
incluidas todas as actividades e procedimientos de avaliación que se
programe para dicho curso.

-Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos
avaliados na segunda oportunidade sólo poderán optar á matrícula de
honra se o número máximo destas para o correspondiente curso non se
cubrió na súa totalidade na primeira oportunidade.

Alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

A
realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será
facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de
coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraránse
exentos das sesións maxistrales e se lles facilitará a
asistencia ao maior número posible de seminarios. De non
poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo titorizado.
Esto aplicarase a ambas oportunidades.


Fontes de información
Bibliografía básica Petrucci, R.H.; Herring, F.G.; Madura, J.D.; Bissonnette, C. (2011). Química General: principios y aplicaciones modernas. 10ª Ed., Prentice Hall, Madrid.

-Tamén existen edicións anteriores do libro de texto recomendado Petrucci. Por exemplo na biblioteca disponse de exemplares da 8ª Ed., con referencia: QX-240.

Bibliografía complementaria (). .
Atkins, P.; Jones, L. (2012). Principios de Química. Los caminos del descubrimiento. 5ª Ed., Madrid: Ed. Médica Panamericana.
Reboiras, M.D. (2007). Problemas resueltos de Química. Madrid, Thomson Paraninfo, S.A.
Chang, R. L. (2013). Química. 11ª Ed., México: Mc Graw Hill.
Reboiras, M.D. (2006 ). Química. La ciencia básica . Madrid, Thomson Paraninfo, S.A.

En xeral calquera libro de texto de química xeral serve como guía de estudo para a materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Laboratorio de Química 1/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Xeral 2/610G01008

Materias que continúan o temario
Química Analítica 1/610G01011
Química Física 1/610G01016
Química Inorgánica 1/610G01021
Química Orgánica 1/610G01026
Laboratorio de Química 2/610G01032

Observacións

Co fin de superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno teña unha serie de coñecementos previos de química e de matemáticas, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas, cálculos estequiométricos, identificación carácter ácido-base de compostos comúns, obtención de estados de oxidación dos elementos nas especies químicas, manexo de logaritmos, expoñentes, etc.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías