Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Química 4 Código 610G01010
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
d.vazquezg@udc.es
Profesorado
Esteban Gomez, David
Fernandez Lopez, Alberto A.
Lopez Torres, Margarita
Ojea Cao, Vicente
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
alberto.fernandez@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
vicente.ojea@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web
Descrición xeral - No primeiro curso do actual Grao en Química hai un módulo denominado "Química", de carácter "básico da rama de ciencias", que no seu conxunto aborda os conceptos fundamentais e básicos da química. Este módulo contén 4 asignaturas: "Química 1", "Química 2", "Química 3" e "Química 4". Sendo esta última a única asignatura esencialmente experimental de todo o módulo. Nela abórdanse os conceptos fundamentais e básicos do traballo nun laboratorio de química.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos. A1
A12
A17
A18
A23
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Adquirir habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. A7
A12
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A23
A25
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Aprender a elaborar un caderno de laboratorio. A1
A12
A16
A20
A21
A24
B2
B3
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Introdución Tema 1. Conceptos básicos sobre seguridade e traballo nun laboratorio químico.
Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico Práctica 1. Seguridade no laboratorio.

Práctica 2. Material de laboratorio e operacións básicas.

Práctica 3. Consideracións xeráis sobre os datos de laboratorio.

Práctica 4. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio.

Prácticas 5 y 6. Preparación de mesturas e disolucións.

Prácticas 7 y 8. Cristalización.

Práctica 9. Sublimación.

Práctica 10. Extracción líquido-líquido.

Práctica 11. Destilación.

Práctica 12. Cromatografía en papel.

Práctica 13. Preparación dunha corrente de gas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Sesión maxistral A1 A16 A18 A20 A21 A25 B2 B3 B6 C1 C3 3 0 3
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 6 75 81
Prácticas de laboratorio A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A12 A7 A1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 42 12 54
Seminario A1 A21 A24 A25 B2 B3 B5 B7 C1 3 0 3
Proba mixta A1 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 3 3 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno. Por outra banda, o persoal da biblioteca impartirá un curso no que explicará os recursos e manexo básico na biblioteca.
Sesión maxistral Sesión de aula que terá lugar durante os primeiros días do curso. Nela abordarase en grupo grande o tema do bloque da Introdución sobre a Seguridade e o Traballo nun laboatorio Químico.
Obradoiro Na maioría das prácticas de laboratorio o alumno debe traballar unha serie de conceptos que son básicos para entender o fundamento das mesmas, e que lle serán especificados no guión de laboratorio de cada práctica. Nesta actividade, que se levará a cabo en grupo reducido no propio laboratorio antes de comenzar coa realización da práctica, os alumnos levarán a cabo unha exposición e debate, dirixida e supervisada polo profesor, para avaliar o grao de comprensión do fundamento de dita práctica.
Prácticas de laboratorio Sesións de laboratorio en grupo reducido nas que se realizarán prácticas de procesos básicos e experimentos relacionados coas técnicas fundamentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se aprenderá a elaborar un caderno de laboratorio. Cada práctica levará asociado un guión que deberá ser estudado con antelación polos alumnos. Este guión conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos de cada práctica, nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade, e no análise de resultados e conclusións.
Seminario O finalizar o período de prácticas levarase a cabo un seminario en grupo reducido, onde o profesor propón os alumnos un traballo relativo a unha parte específica da materia, para repasar e afianzar conceptos, e que posteriormente será discutido en grupo e co profesor.
Proba mixta Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito ónde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Descrición
(Xa descrito para cada metodoloxía).
Para comprobar e orientar o traballo do alumno (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A12 A7 A1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 Avaliación mediante o seguimento continuo do traballo no laboratorio. Avaliarase tamén o caderno de laboratorio.
60
Proba mixta A1 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas.
30
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 Avaliación dos conceptos previos que o alumno debe traballar para cada unha das prácticas, previa a realización das mesmas. 10
 
Observacións avaliación

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso obter en cada unha das partes avaliables un mínimo de 4 (sobre 10) da puntuación máxima posible para esa parte, e acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, proba mixta e obradoiros) un mínimo de 5 (sobre 10). No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha
delas, se a suma do conxunto é superior ou igual a 50 puntos a materia
figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

- En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballos tutelados conservaranse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

- Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados, nin realizar a proba mixta.

- Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso.

- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total
ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de
avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia
deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a
consecución das competencias propias da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica PETRUCCI, R. H.; HARWOOD, W. S.; HERRING, F. G (2003). Química General. Madrid, 8ªEd, Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis
  • GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición dos alumnos a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
  • http://www.udc.es/dep/qf/es/Qi/docencia/sintesis/index.htm

As ligazóns sobre MATERIAL, OPERACIÓNS BÁSICAS e NORMAS DE SEGURIDADE que contén esta páxina Web elaborada por profesorado da área de Química Inorgánica da UDC inclúen imaxes e vídeos moi ilustrativos.

  • http://www.ub.edu/oblq/

Esta páxina Web elaborada por profesorado da Universidad de Barcelona sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO contén información moi completa sobre prácticamente tódolos aspectos que se van tratar nesta materia. Tamén conta cun soporte de imaxes moi útil.

Bibliografía complementaria (). .
J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M.Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química 1/610G01007

Materias que continúan o temario
Química 2/610G01008
Química 3/610G01009

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías