Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Laboratorio de Química 1 Código 610G01010
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Esteban Gomez, David
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Esteban Gomez, David
Jimenez Gonzalez, Carlos
Martínez Calvo, Miguel
Martinez Cebeira, Montserrat
Pazos Chantrero, Elena
Riveiros Santiago, Ricardo
Sarandeses Da Costa, Luis Alberto
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
david.esteban@udc.es
carlos.jimenez@udc.es
miguel.martinez.calvo@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
elena.pazos@udc.es
ricardo.riveiros@udc.es
luis.sarandeses@udc.es
Web
Descrición xeral - No primeiro curso do actual Grao en Química hai un módulo denominado "Química", de carácter "básico da rama de ciencias", que no seu conxunto aborda os conceptos fundamentais e básicos da química. Este módulo contén 4 asignaturas: "Química 1", "Química 2", "Química 3" e "Laboratorio de Química 1". Sendo esta última a única asignatura esencialmente experimental de todo o módulo. Nela abórdanse os conceptos fundamentais e básicos do traballo nun laboratorio de química.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse en “modalidade en liña”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asicrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titoriáis máis personalizadas...).

*Metodoloxías docentes que se modifican
As probas obxectivas serán probas en liña que se realizarán mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas a través da plataforma Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo.

4. Modificacións na avaliación
Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia en liña sincrónica sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial en aula.
O alumnado que non poda seguir as actividades en liña sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica.

*Observacións de avaliación:
Non hai.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos. A1
A12
A17
A18
A23
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Adquirir habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. A7
A12
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A23
A25
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Aprender a elaborar un caderno de laboratorio. A1
A12
A16
A20
A21
A24
B2
B3
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Conceptos previos.

Práctica 1. Seguridade no laboratorio.

Práctica 2. Material de laboratorio.

Práctica 3. Consideracións xeráis sobre os datos de laboratorio.

Práctica 4. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio.
Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico. Práctica 5. Preparación de disolucións.

Práctica 6. Destilación.

Práctica 7. Cromatografía.

Práctica 8. Extracción líquido-líquido.

Práctica 9. Separación dunha mestura de sólidos.

Práctica 10. Purificación dun sólido por cristalización.

Práctica 11. Preparación dunha corrente de gas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A25 B5 B6 B7 C3 2 0 2
Sesión maxistral A1 A16 A18 A20 A21 A25 B2 B3 B6 C3 C1 3 0 3
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C3 C1 12 48 60
Prácticas de laboratorio A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 40 32 72
Proba mixta A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 3 9 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumnado.
Sesión maxistral Sesións de aula nas que durante os primeiros días do curso, abordaranse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo reducido, requerirase nelas a participación activa do alumnado.
Obradoiro Os obradoiros son sesións de traballo en grupo reducido que se planifican para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, e que terán lugar antes de comezar coa realización das prácticas no laboratorio. Cada práctica deste bloque levará asociado un guión que conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos teóricos de cada experimento, e dos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade a considerar. Estes aspectos serán traballados con antelación polos estudantes e recollidos nun Traballo Previo, que será avaliado mediante unha proba de resposta múltiple previa á sesión presencial de Obradoiro correspondente a cada experimento. Nestas sesións de Obradoiro, discutiranse diferentes aspectos relacionados con cada práctica, e o profesor fará principal fincapé naquelas carencias detectadas trala revisión conxunta dos resultados das probas de resposta múltiple. Deste xeito, o profesorado determinará se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que podan acceder ao laboratorio e proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental.
O rematar o período de prácticas, levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo reducido para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso que será realizado baixo a supervisión do profesor.
Durante algúns destes obradoiros realizaranse probas intermedias de resposta curta, cálculos numéricos ou de tipo test, co obxectivo de comprobar que se comprenderon e asimilaron os contidos tratados en sesións anteriores.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio, que se imparten en grupo reducido, os estudantes traballarán contidos do Bloque I e do Bloque II a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como exercicios e experimentos.
Nas referidas ao Bloque I, o alumnado levará á práctica os contidos que se impartiron con anterioridade nas sesións maxistrais. O traballo feito durante estas sesións quedará reflexado en informes que terán o formato de Fichas.
Nas prácticas do Bloque II, o alumno realizará procesos básicos nun laboratorio químico. Todo o traballo feito nas prácticas deste segundo bloque quedará reflexado no Caderno de Laboratorio.
Proba mixta Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado, que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza, que poden ser de desenvolvemento medio-longo ou de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais dunha práctica, de resolución de problemas numéricos ou de elección entre respostas múltiples.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
(Xa descrita para cada unha das metodoloxías)
Para comprobar e orientar o traballo do alumnado (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
Aquel alumnado que se acolla ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporá de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
- Este alumnado disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos contidos das prácticas do Bloque I e do Seminario (ver metodoloxías).
- Igualmente, e cando así o solicite, este alumnado recibirá axuda titorial complementaria para orientación e resolución de dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 Durante a realización das prácticas de laboratorio, levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumnado, o grao de comprensión das prácticas, a actitude e a racionalización dos experimentos. Igualmente, avaliaranse tanto o contido, como o formato do Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
40
Proba mixta A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado en todas as actividades realizadas.
30
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C3 C1 Avaliación do Traballo Previo que o alumnado debe elaborar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. Esta actividade será avaliada mediante probas test de resposta múltiple que se realizarán secuencialmente ao longo de todo o proceso de aprendizaxe.
Tamén serán avaliadas as probas intermedias realizadas durante estes obradoiros, de acordo co indicado no apartado de metodoloxía.
No obradoiro de repaso que se realizará ao rematar as prácticas, avaliarase tamén a participación activa do alumnado e os conceptos finais adquiridos.
30
 
Observacións avaliación

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso acadar, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba mixta), un mínimo de 5 puntos (sobre 10), sendo tamén condición imprescindible obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na cualificación da Proba mixta, e un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio. No caso de que o alumnado non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de todas as actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos, a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

- No caso de non superar a materia na primeira oportunidade:

1) A cualificación dos obradoiros conservarase na segunda oportunidade de xullo. 

2) A cualificación das prácticas de laboratorio substituirase pola obtida nun exame práctico, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10). Igualmente, será condición imprescindible obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio. 

3) A cualificación da proba mixta da segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na puntuación da proba mixta para poder superar a materia.

- Para obter a cualificación de non presentado, o alumnado non poderá ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta.

- De acordo coa normativa académica, o alumnado que sexa avaliado na "segunda oportunidade", só poderá optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- No referente a cursos académicos sucesivos, o alumnado deberá realizar de novo todas as actividades metodolóxicas programadas para ese curso e volverá a ser avaliado. Non se conservarán cualificacións de actividades realizadas en cursos anteriores.

- Ao tratarse dunha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, polo que para aquel alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación anteriormente descrito.

- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe lugar a dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica R. H. Petrucci, W.S.Harwood, F.G. Herring (2003). Química General. Madrid, 8ª Ed., Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis
  • GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
  • http://www.ub.edu/oblq/

Esta páxina Web sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO, elaborada por profesorado da Universidad de Barcelona, contén información moi completa sobre practicamente todos os aspectos que se van tratar nesta materia. Igualmente, conta co soporte dun banco de imaxes que resulta moi útil como ferramenta de consulta.

Bibliografía complementaria J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M. Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Xeral 1/610G01007

Materias que continúan o temario
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009

Observacións

Para poder superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno posúa unha serie de coñecementos previos de química, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas e cálculos estequiométricos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías