Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Laboratorio de Química 1 Código 610G01010
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Martinez Cebeira, Montserrat
Correo electrónico
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Blanco Gomez, Arturo
Brea Fernández, Roberto Javier
Martinez Cebeira, Montserrat
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
arturo.blanco.gomez@udc.es
roberto.brea@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
teresa.rodriguez.blas@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web
Descrición xeral No primeiro curso do actual Grao en Química hai un módulo denominado "Química", de carácter "básico da rama de ciencias", que no seu conxunto aborda os conceptos fundamentais e básicos da química. Este módulo contén 4 asignaturas: "Química 1", "Química 2", "Química 3" e "Laboratorio de Química 1". Sendo esta última a única asignatura esencialmente experimental de todo o módulo. Nela abórdanse os conceptos fundamentais e básicos do traballo nun laboratorio de química.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos. A1
A12
A17
A18
A23
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Adquirir habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. A7
A12
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A23
A25
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Aprender a elaborar un caderno de laboratorio. A1
A12
A16
A20
A21
A24
B2
B3
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Conceptos previos.

Práctica 1. Seguridade no laboratorio.

Práctica 2. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio.

Práctica 3. Material de laboratorio.

Práctica 4. Consideracións xeráis sobre os datos de laboratorio.
Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico. Práctica 5. Preparación de disolucións.

Práctica 6. Destilación.

Práctica 7. Cromatografía.

Práctica 8. Extracción líquido-líquido.

Práctica 9. Separación dunha mestura de sólidos e purificación de un sólido por cristalización.

Práctica 10. Preparación dunha corrente de gas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A25 B5 B6 B7 C3 2 0 2
Sesión maxistral A1 A16 A18 A20 A21 A25 B2 B3 B6 C1 C3 3 0 3
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 10 48 58
Prácticas de laboratorio A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 40 32 72
Proba de resposta breve A1 A7 A18 A20 A21 A24 B2 B3 C1 2 0 2
Proba mixta A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 3 9 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade en grupo grande ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumnado.
Sesión maxistral Sesións de aula en grupo intermedio nas que, abordaranse parte dos contidos do Bloque I que requiren a participación activa do alumnado.
Obradoiro Sesións en grupo intermedio nas que traballaranse os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico. Cada práctica levará asociado un guión con cuestións de comprensión dos fundamentos teóricos, posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade a considerar. Estes aspectos serán traballados con antelación polos estudantes e recollidos nun Traballo Previo que será revisado polo profesorado nos obradoiros. O rematar o período de prácticas, levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo intermedio para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso.

Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio, que se imparten en grupo intermedio, os estudantes traballarán contidos do Bloque I e do Bloque II a través da realización de actividades de carácter práctico. Todo o traballo feito nas prácticas quedará reflexado no Caderno de Laboratorio.
Proba de resposta breve Ao finalizar cada práctica realizaranse probas de resposta curta, cálculos numéricos ou de tipo test, co obxectivo de comprobar que se comprenderon e asimilaron os contidos das prácticas traballadas.
Proba mixta Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado, que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza, que poden ser de desenvolvemento medio-longo ou de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais dunha práctica, de resolución de problemas numéricos ou de elección entre respostas múltiples.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
(Xa descrita para cada unha das metodoloxías)
Para comprobar e orientar o traballo do alumnado (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
Aquel alumnado que se acolla ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporá de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
- Este alumnado disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos contidos do Bloque I e dos contidos do Bloque II que se traballarán nos talleres previos as clases prácticas de laboratorio, así como do Seminario posterior as mesmas (ver metodoloxías).
- Igualmente, e cando así o solicite, este alumnado recibirá axuda titorial complementaria para orientación e resolución de dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 Durante a realización das prácticas de laboratorio, levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumnado, o grao de comprensión das prácticas, a actitude e a racionalización dos experimentos. Igualmente, avaliaranse tanto o contido, como o formato do Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
40
Proba mixta A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado en todas as actividades realizadas.
30
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 Avaliación do Traballo Previo que o alumnado debe elaborar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. Esta actividade será avaliada mediante a participación activa do alumnado e os conceptos adquiridos na preparación do Traballo Previo. 10
Proba de resposta breve A1 A7 A18 A20 A21 A24 B2 B3 C1 Ao finalizar cada práctica do Bloque II, levarase a cabo unha proba de resposta curta e/ou cálculo relacionadas cos contidos e aspectos relevantes da práctica realizada para evaluar a racionalización dos fundamentos teóricos coa experimental. 20
 
Observacións avaliación

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso acadar, sumadas as cualificacións de todas as actividades de evaluación continuada (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba de resposta breve), un mínimo de 5 puntos (sobre 10) e obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na cualificación da Proba mixta. No caso de que o alumnado non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de todas as actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos, a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

- No caso de non superar a materia na primeira oportunidade:

1) A cualificación dos obradoiros e as probas de resposta breve conservarase na segunda oportunidade de xullo. 

2) A cualificación das prácticas de laboratorio substituirase pola obtida nun exame práctico, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10). Igualmente, será condición imprescindible obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio. 

3) A cualificación da proba mixta da segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na puntuación da proba mixta para poder superar a materia.

- Para obter a cualificación de non presentado, o alumnado non poderá ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta.

- De acordo coa normativa académica, o alumnado que sexa avaliado na "segunda oportunidade", só poderá optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Ao tratarse dunha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, polo que para aquel alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación anteriormente descrito.

- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe lugar a dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.

Implicacións do plaxio na cualificación:

A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida para a avaliación da materia implicará directamente a cualificación de suspenso (0,0 ptos) na convocatoria correspondente, conforme se recolle no Estatuto do Estudantado da UDC (artigo 35, punto 3, https://www.udc.es/es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado/index.html).

Convocatoria
adiantada de decembro:

A ponderación na avaliación das diferentes actividades
docentes do alumnado que participe na convocatoria adiantada de decembro será
adaptada ás novas porcentaxes de avaliación recollidas na presente guía, no
caso de que estas difiran entre si en ámbolos dous cursos académicos.


Fontes de información
Bibliografía básica R. H. Petrucci, W.S.Harwood, F.G. Herring (2003). Química General. Madrid, 8ª Ed., Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis
  • GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
  • http://www.ub.edu/oblq/

Esta páxina Web sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO, elaborada por profesorado da Universidad de Barcelona, contén información moi completa sobre practicamente todos os aspectos que se van tratar nesta materia. Igualmente, conta co soporte dun banco de imaxes que resulta moi útil como ferramenta de consulta.

Bibliografía complementaria J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M. Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Xeral 1/610G01007

Materias que continúan o temario
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009

Observacións

Para poder superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno posúa unha serie de coñecementos previos de química, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas e cálculos estequiométricos.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da " Declaración Ambiental da Facultade de Ciencia (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías