Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química Analítica 1 Código 610G01011
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Gonzalez Castro, Maria Jose
Correo electrónico
m.j.gonzalez.castro@udc.es
Profesorado
Beceiro Gonzalez, Maria Elisa
Gonzalez Castro, Maria Jose
Correo electrónico
elisa.beceiro.gonzalez@udc.es
m.j.gonzalez.castro@udc.es
Web
Descrición xeral Introduce ao alumno na Química Analítica aplicando os equilibrios químicos á análise cualitativa e cuantitativa, asentando as bases da discipliña para os vindeiros cursos académicos. Polo tanto desempeña un papel básico no conxunto do Grao.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar os fundamentos dos equilibrios químicos aos métodos clásicos de análise A4
A7
A16
A24
B1
B2
B4
C1
C6
Aprender a tratar os datos e expresar os resultados analíticos A7
A16
A20
B1
B2
B4
C1
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos da análise A4
A7
A20
A21
A24
B1
B2
B4
C1
C6
Adquirir a destreza básica no laboratorio de Química Analítica (operacións básicas da análise química clásica) A7
A16
A17
A19
A20
A21
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Química Analítica Definición e obxectivos
Análise cualitativa e cuantitativa
O proceso analítico
Clasificación de métodos e técnicas
Tema 2: Métodos volumétricos de análise Conceptos básicos, reacción volumétrica e tipos de volumetrías
Patróns primarios, disolucións patrón e disolucións valoradas
Punto de equivalencia e detección do punto final
Curvas de valoración
Erros dos métodos volumétricos

Tema 3: Volumetrías Acido-Base Teoría das volumetrías ácido-base. Curvas de valoración
Indicadores para as valoracións ácido-base e a súa elección
Valoracións de ácido forte/base forte e viceversa
Valoración de ácido débil/base forte e viceversa
Valoracións de ácidos ou bases polipróticos e as súas sales
Valoracións de mesturas de ácidos ou bases
Volumetrías ácido-base en disolventes non acuosos
Aplicacións
Tema 4: Volumetrías Oxidación-Redución Curvas de valoración
Indicadores redox e a súa elección
Axentes oxidantes e redutores previos
Valoracións con axentes oxidantes
Valoracións con axentes redutores
Determinación de compostos orgánicos e inorgánicos
Tema 5: Volumetrías de formación de complexos Compostos de coordinación de interese na análise volumétrica
Curvas de valoración e factores que as afectan
Indicadores metalocrómicos
Valoracións con ácidos poliaminocarboxílicos
Tema 6: Volumetrías de Precipitación Reaccións de precipitación de interese na análise volumétrica
Curvas de valoración
Valoración de mesturas
Detección do punto final: métodos de Mohr, Volhard e Fajans
Tema 7: Métodos gravimétricos de análise Introducción á análise gravimétrica
Etapas e clasificación dos métodos gravimétricos
Proceso de formación dun precipitado e propiedades dos mesmos
Gravimetrías por precipitación química. Tratamento dos precipitados
Gravimetrías de volatilización e absorción
Cálculos na análise gravimétrica

Tema 8: Avaliación dos datos analíticos Definición de termos
Tratamento estatístico de erros indeterminados
Intervalos de confianza
Rexeitamento de datos anómalos
Auxiliares estatísticos de probas de hipótese
Presentación dos datos analíticos
Tema 9: Análise cualitativa Aplicación das reaccións químicas á análise cualitativa
Características analíticas dunha reacción química (sensibilidade, selectividade e seguridade)
Reactivos xerais e específicos
Características analíticas e reactivos dos elementos metálicos
Características analíticas e reactivos dos anións
Módulo: Prácticas laboratorio Valoracións ácido-base
Valoracións redox
Valoracións complexométricas
Valoracións de precipitación
Determinación gravimétrica
Análise cualitativa. Reaccións de identificación. Marcha analítica.
Avaliación dos datos analíticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A7 A21 B1 24 36 60
Solución de problemas A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 8 20 28
Seminario A7 A20 2 0 2
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 18 18 36
Proba de resposta breve A4 A7 A21 B4 0 0.5 0.5
Proba mixta A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 3 20 23
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa da materia. Para un total aproveitamento das mesmas, o alumno haberá de preparar previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar, empregando tanto o material docente (esquema que reflicte os contidos de cada tema) como a bibliografía recomendada relacionada co tema, que se proporcionan ao alumno coa suficiente antelación a través da plataforma Moodle.
Solución de problemas Clases en grupos reducidos concebidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar de xeito directo. Estas clases están adicadas á resolución dos boletíns de problemas, que previamente terán sido proporcionados ao alumno a través da plataforma Moodle, e que deberán realizar de forma autónoma para a súa posta en común nestas clases. Ademáis, tamén se resolverán dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas sesións maxistrais.
Seminario Como actividade inicial antes de comezar as prácticas, prográmase 1 sesión de 2 horas de duración nun grupo único na que se exporá aos alumnos a metodoloxía docente que se vai empregar nas prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio 6 sesións de laboratorio de 3 horas de duración, nas que o alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos estudados na aula.
Cada práctica leva vencellado un guión e un prelaboratorio que serán proporcionados ao alumno (a través de Moodle) con antelación ás sesións prácticas. A realización dos prelaboratorios antes de realizar as prácticas é obrigatoria. Os guións terán cuestións que deberán ser respostadas e entregadas unha vez rematadas as prácticas.
Durante as sesión de laboratorio, e de xeito simultáneo á realización dos experimentos, o alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, que recolla os cálculos e os procedementos experimentais. O profesor revisará o caderno de laboratorio de cada alumno en cada práctica
Proba de resposta breve Realizaranse dúas probas nas que se avaliará a aprendizaxe do alumno, mediante preguntas de resposta breve, sobre dous dos temas da materia. Esta proba realizarase empregando a plataforma Moodle.
Proba mixta Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das dúas convocatorias oficiais de xaneiro/xullo. Nunha delas avaliarase a aprendizaxe do alumno mediante preguntas de teoría e de teoría aplicada e na outra proba avaliarase a aprendizaxe mediante a resolución de problemas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As clases de solución de problemas e prácticas de laboratorio están concebidas coma actividades en grupos reducidos nas que o alumno participa directamente. Deste xeito realízase unha atención personalizada dos alumnos permitindo un mellor seguimento e orientación.

Os alumnos poderán facer uso do horario de titorías para realizar calquera consulta ou dúbida acerca da materia. Ademáis, ao longo do cuadrimestre programarase unha titoría de aproximadamente media hora de duración. Nesta titoría o profesor resolverá as dúbidas que o alumno atope no estudo da materia e poderá analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita). A realización das prácticas de laboratorio e a asistencia ás sesións de solución de problemas serán facilitadas dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos, as respostas ás cuestións das devanditas prácticas (que se deberán entregar) e a elaboración da libreta de laboratorio.
20
Solución de problemas A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 Valorarase o traballo realizado antes e durante as sesións, así coma a actitude e participación activa do estudante na aula. 10
Proba mixta A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das convocatorias oficiais: unha proba constará de preguntas de teoría e teoría aplicada e a outra proba constará de exercicios enfocados á resolución de problemas.
65
Proba de resposta breve A4 A7 A21 B4 Probas realizadas a través da plataforma Moodle sobre dous dos temas da materia mediante preguntas de resposta breve. Ámbolos dous temas non serán avaliados na proba mixta.
5
 
Observacións avaliación
Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos:

1.- A realización das prácticas de laboratorio é condición obrigatoria para poder aprobar a materia.

2.-Acadar unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) tanto nas prácticas de laboratorio coma en cada unha das probas mixtas das que consta cada convocatoria. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura estará suspensa e figurará unha cualificación de 4.5.

Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que realizaren as prácticas e obtivesen menos dun 5, terán a oportunidade de realizar, ademáis das probas mixtas, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituirá á cualificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global.

Os alumnos que non participen nas actividades desenvolvidas nas sesións de solución de problemas ou na proba de resposta breve, obterán unha cualificación de 0 nestes apartados.

Cualificarase cun Non Presentado aos alumnos que non realicen as prácticas de laboratorio e tampouco realicen a proba mixta.

No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta e de proba específica de prácticas de laboratorio. Polo tanto, para as prácticas de laboratorio (excepto para aqueles alumnos que non tivesen acadado un mínimo de 5), solución de problemas e proba de resposta breve manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, namentres que a cualificación da proba mixta e de proba específica de prácticas de laboratorio obtida na segunda oportunidade substituirá ás obtidas na primeira oportunidade.

Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial, aplicaranse os mesmos criterios de avaliación.

Para os estudantes con dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Por outra banda, facilitaráselles a asistencia ao maior número posible de sesións de solución de problemas; de non poder asistir ás devanditas sesións, o alumno realizará un traballo titorizado. Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (65%), na proba de resposta breve (5%) e nas sesión de resolución de problemas (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.

Fontes de información
Bibliografía básica SKOOG D.A., WEST D.M., HOLLER F.J. y CROUCH S.R. (2005). Fundamentos de Química Analítica . Madrid, Ed. Paraninfo
SKOOG D. A., WEST D.M. y HOLLER F. J (1997). Fundamentos de Química Analítica . Barcelona, Ed. Reverté

Bibliografía complementaria HARRIS, DANIEL C (2007). Análisis Químico Cuantitativo . Barcelona, Ed. Reverté
GUITERAS J. RUBIO R. y FONRODONA G. (2003 ). Curso Experimental en Química Analítica . Madrid, Ed. Síntesis
SILVA M. y BARBOSA J. (2002 ). Equilibrios iónicos y sus Aplicaciones Analíticas . Madrid, Ed. Síntesis
LÓPEZ CANCIO J.A. (2005). Problemas Resueltos de Química Analítica . Madrid, Ed. Paraninfo
YÁÑEZ-SEDEÑO P., PINGARRÓN J.M. y MANUEL DE VILLENA F.J. (2003 ). Problemas Resueltos de Química Analítica . Madrid, Ed. Síntesis
BURRIEL MARTI F., LUCENA CONDE F., ARRIBAS JIMENO S. y HERNÁNDEZ MÉNDEZ J. (2001 ). Química Analítica Cualitativa . Madrid, Ed. Paraninfo
HARVEY D. (2002). Química Analítica Moderna . Madrid, Ed. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Analítica 2/610G01012
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Química Analítica Instrumental 2/610G01014
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015

Observacións
Non se recomenda matricularse nesta materia sen ter aprobada a materia "Química 3"


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías