Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química Analítica 2 Código 610G01012
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.turnes@udc.es
Profesorado
Moreda Piñeiro, Jorge
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
jorge.moreda@udc.es
isabel.turnes@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura afonda nos fundamentos da Química Analítica do primeiro cuatrimestre. Baséase na toma de mostra e a sua preparación para a análise, abrange tamen as técnicas de separación e introduce o alumno na Análise Instrumental.
Por isto pódese considerar que ten un papel básico no conxunto do grao.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir e aplicar as metodoloxías e a problemática asociadas á toma de mostra e o seu tratamento A7
A16
B2
B3
C1
C6
Aplicar as principais técnicas analíticas de separación A7
A15
A21
B2
B3
C1
C6
Adquirir destreza no laboratorio químico A17
A18
A19
A20
A22
A23
B4
C1
C6
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química Analítica A7
A24
A25
B3
C1
C8

Contidos
Temas Subtemas
Toma de mostra e preparación para a sua analise Toma de mostra
Tratamentos previos da mostra
Preparación da mostra para a sua analise
Técnicas de separación Separacións por precipitación
Separacións por volatilización e destilación
Separacións por extracción
Separaracións por intercambio iónico
Separacións por electroforese e electrodeposición
Separacións cromatográficas
Técnicas electroanalíticas Técnicas conductimétricas
Técnicas potenciométricas
prácticas de laboratorio Preparación de mostras de mexilon para a determinación de metais.
Determinación de graxas en alimentos
Concentración de trazas de Ni na auga
Determinación de cafeina en bebidas de cola
Determinación de cloroplastos vexetais por cromatografía en capa fina e en columna
Valoracións conductimétricas: determinación de ácido acetilsalicílico en Aspirina, determinación da composición dunha mistura de ácidos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 20 20 40
Seminario A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 8 20 28
Sesión maxistral A7 A16 A21 A22 A24 A25 B3 24 54.48 78.48
Proba mixta A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 3 0 3
 
Atención personalizada 0.52 0 0.52
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Faranse en grupos reducidos nas datas sinaladas nos calendarios de coordinación.
O alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos vistos o longo do curso e ira collendo a destreza manual propia das técnicas obxeto de estudo. Deberá entregar unha memoria das prácticas realizadas e responder una serie de cuestións plantexadas.
Seminario Intercalados ó longo do curso, da cotío tras un tema ou bloque de temas relacionados. Faranse en grupos reducidos. Neles o profesor insistirá nos aspectos esenciais dos temas tratados, fomentará a discusión entre os alumnos de solucións a problemas reais. Tamén se plantexarán exercicios numéricos, o profesor explicará o procedemento xeral, segundo os conceptos científicos explicados, que os alumnos aplicarán posteriormente no seu traballo persoal para a resolución dos demais exemplos propostos. O longo do curso faranse cuestionarios de autoevaluación ou problemas (presenciais ou en entorno virtual) para que o alumno poida ir adaptado o seu proceso de aprendizaxe.
Sesión maxistral Recoméndase que o alumno faga unha lectura previa comprensiva de cada tema seguindo as directrices bibliográficas dictadas polo profesor da asignatura uns días antes do inicio do tema
Proba mixta Farase un examen final para evaluar o grado de aprendizaxe o longo do cuatrimestre. A data do mesmo está indicada no calendario de exámenes do grao.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Os seminarios e prácticas de laboratorio están organizados como actividades en grupos reducidos nas que o alumno participa directamente. De este modo realizarase unha atención personalizada dos alumnos permitindo un mellor seguimento e orientación de todos os aspectos relacionados coa docencia
Programaranse o longo do cuatrimestre tutorías individuais de aproximadamente media hora de duración. Nestas tutorías o profesor resolverá as dubidas que atope o alumno no estudo da asignatura e poderá analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.
Os alumnos poderán facer uso do horario de tutorías para calquera consulta ou dúbida acerca da materia.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 O traballo do alumno irase avaliando o longo dos seminarios. Terase en conta se é o caso, a resolución de cuestións ou problemas plantexados polo profesor.
10
Prácticas de laboratorio A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 Avaliarase de modo continuado o traballo desenvolto polo alumno no laboratorio: destreza, interpretación dos datos experimentais, a correcta realización dos cálculos e das cuestións propostas. Tamén se terá que entregar unha memoria final 20
Proba mixta A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 Realizase nas datas oficiais aprobadas polo centro.
Servirá para podera avaliar o grado de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do alumno. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas e resolución de problemas numéricos.
70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia deben darse os seguintes requisitos básicos:
 

-As prácticas de laboratorio son obrigatorias. 

-Acadar unha cualificación final de 5 puntos sobre dez tanto nas prácticas como na proba mixta. 

- A cualificación obtida en seminario so se sumará no caso de aprobar a proba mixta. Os alumnos que non participasen nalgunha actividade desenvolvida nas sesión de seminario, obterán unha cualificación de 0 nese apartado (10% da cualificación global) nas dúas oportunidades.

 As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade.

 Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixesen as prácticas e a sua cualificación fose inferior a 5 puntos, terán a oportunidade de realizar, ademais da proba mixta, unha proba específica relacionada cas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá a calificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global.

 O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

 Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se esgotou na súa totalidade na primeira oportunidade. 

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente.

Os alumnos con dispensa académica de exención de asitencia, ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos dispoñibles. Considéranse exentos das sesións maxistrais se ben se lles facilitará a asistencia a o maior número posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo tutorizado Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (70%) e nas actividades desenvolvidas nos seminarios (ou traballo tutorizado) (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.


Fontes de información
Bibliografía básica HARRIS DANIEL C (2007). Análisis Químico Cuantitativo. Barcelona, Ed. Reverté, 3ª Edición
SKOOG, D.; WEST, D.N.; HOLLER, F.J.; CROUCH, S.R. (2005). Fundamentos de Química Analítica . Madrid, Ed. Thomsom, 8ª edición
CÁMARA, C.; FERNÁNDEZ, P.; MARTÍN-ESTEBAN, A; PÉRZ-CONDE, C.; MIQUEL VIDAL (2002). Toma y Tratamiento de Muestra. Madrid, Ed. Síntesis

Bibliografía complementaria VALCARCEL, M. & GÓMEZ, A. (1988). Técnicas Analíticas de Separación. Barcelona, Ed. Reverté
HARVEY, D. (2002). Química Analítica Moderna. Madrid, Ed. McGraw-Hii
GAVIRA VALLEJO, J.M. HERNANZ GISMERO, A. (2007). Técnicas Físicoquímicas en Medio Ambiente. Madrid, Ed.Libreria UNED


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 3/610G01009
Química Analítica 1/610G01011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Laboratorio de Química 2/610G01032

Materias que continúan o temario
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Química Analítica Instrumental 2/610G01014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías