Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química Analítica Instrumental 2 Código 610G01014
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.c.prieto.blanco@udc.es
Profesorado
Alonso Rodriguez, Elia
Andrade Garda, Jose Manuel
Gonzalez Castro, Maria Jose
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Sánchez Piñero, Joel
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
jose.manuel.andrade@udc.es
m.j.gonzalez.castro@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
joel.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Aprendizaxe dos fundamentos básicos, problemas, ventaxas e xestión dalgunhas técnicas analíticas instrumentais. Específicamente, abordaranse: técnicas electroanalíticas, técnicas cromatográficas (cromatografía de gases e de líquidos), electroforesis capilar, análises enzimática e inmunoquímica.

Aprendizaje de los fundamentos básicos, problemas, ventajas y gestión de algunas técnicas analíticas instrumentales. Específicamente, se abordarán: técnicas electroanalíticas, técnicas cromatográficas (cromatografía de gases y de líquidos), electroforesis capilar, análisis enzimático e inmunoquímico.

The basics, advantages and typical limitations, as well as normal working protocols on several analytical techniques are to be presented. In particular: electroanalytical, chromatographic (gases and liquids), capillary electrophoresis, and enzymatic and immunologic analyes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Explicar de maneira axeitada fenómenos e procesos relacionados coas principais técnicas analíticas cromatográficas, electroquímicas, electroforéticas, imnunoquímicas e de análise térmico. - Comprender os sus principios, instrumentación, compoñentes e limitacións. - Adquirir, avaliar e empregar calqueira información bibliográfica e técnica relacionada coas técnicas de análise. A7
A15
A20
A21
A24
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C6
C7
- Adquirir destreza no traballo de laboratorio. Nomeadamente: - avaliar e empregar información bibliográfica relacionada coas técnicas de análise. - deseñar e desenvolver estratexias para a resolución de problemas. - interpretar os datos e expresar os resultados analíticos. - desenvolver unha actitude crítica no traballo experimental A15
A16
A17
A19
A20
A22
A23
A26
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Técnicas electroanalíticas Fundamentos das medidas potenciométricas
Fundamentos das voltametrías e da polarografía
Sensores electroquímicos
Exemplos
Exercicios numéricos
Tema 2: Técnicas cromatográficas Fundamentos da cromatografía de gases
Fundamentos da cromatografía de líquidos
Exemplos
Exercicios numéricos
Tema 3: Técnicas electroforéticas Fundamento das técnicas electroforéticas
Exemplos
Tema 4: Técnicas enzimáticas e inmunoquímicas Fundamentos das técnicas enzimáticas
Fundamentos das técnicas inmunoquímicas
Prácticas de Laboratorio Impartiranse 20 horas de laboratorio onde se realizarán prácticas que, dentro das disponibilidades de infraestructura da Facultade, abordarán os temas máis relevantes dos impartidos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 20 10 30
Proba mixta A7 A20 A21 A24 B2 C1 3 0 3
Seminario A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 7 24.5 31.5
Sesión maxistral A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 21 63 84
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio onde, dentro das disponibilidades de instrumentación e infraestructura da Facultade, se vexan aplicacións das técnicas analíticas estudadas. Elaborarase un diario de laboratorio, para o que, baixo ningún concepto permitirase o uso de follas soltas, sendo un forte factor de penalización na nota final desta parte.
Proba mixta Realizarase unha proba para avaliar os coñecimentos adquiridos e o seu manexo. Nesta proba haberá cuestións de tipo teórico e exercicios numéricos, as cais avaliarán os contidos das sesións maxistrais e seminarios. Ao finalizar os primeiros temas farase unha proba que permitirá ao alumno liberar materia (caso de que a supere) na primeira proba oficial.
Seminario Procederase á resolución dalgúns dos problemas numéricos entregados previamente aos alumnos e que deberán ter traballado de forma individual, personal e previa aos seminarios
Sesión maxistral Presentaranse as bases conceptuais de cada unha das técnicas analíticas empregadas. Explicando os principios físicos, biolóxicos ou físico-químicos nos que se basean as medidas. Discutiranse os principios da instrumentación e problemas habituais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
O alumno poderá resolver as dúbidas tanto durante as clases maxistrais como durante os seminarios. nembargantes, temén hay periodos de titorías personalizadas, adicionalmente ás horas lectivas.

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 Avaliación diaria do traballo do alumno: actitude, orde, atención, corrección no traballo experimental.
Avaliación ao final das prácticas: avaliación do diario de laboratorio (respostas ás cuestión relacionadas coas prácticas).

30
Sesión maxistral A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 Actitude e participación na aula. Asistencia (polo menos ao 70%) ás clases 2.5
Seminario A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 Actitude e participación na aula. Demostración de que se ten feito o traballo individual antes do seminario. Asistencia (polo menos ao 70%) aos seminarios
2.5
Proba mixta A7 A20 A21 A24 B2 C1 Resposta ás cuestións teóricas. Grao de concreción e corrección na resposta.
Realización correcta dos exercicios numéricos. Proceso de cálculo correcto e resultado final exacto.

65
 
Observacións avaliación

Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos: (i) asistencia a tódalas actividades avaliables e (ii) acadar unha cualificación mínima nas actividades avaliables (5 puntos sobre 10). As probas mixtas consistirán en dúas partes, unha con cuestións teóricas e outra con exercicios numéricos, cada unha delas constitúe unha actividade avaliable. Xa que logo, de non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa (4).

Unha vez rematados os primeiros temas farase unha proba mixta voluntaria co obxectivo de que os alumnos que a superen podan reducir a cantidade de materia da que se examinarán na primeira oportunidade.

O alumno obterá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades avaliables. Para superar a materia terán que facerse, e superarse, as prácticas de laboratorio.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse na segunda oportunidade de xullo. No caso de suspender as prácticas pola baixa calidade do informe, poderase mellorar a cualificación asociada con preguntas especiais na segunda oportunidade.

As cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño), cos mesmos criterios. Polo que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refirese a un curso académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado únicamente mediante as cualificacions obtidas nas probas obxectivas (75%) e nas prácticas (25%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades


Fontes de información
Bibliografía básica RUBINSON, K.A.; RUBINSON, J.J. (2001). Análisis instrumental. Madrid, Prentice Hall
HARRIS, D.C. (2007). Análisis químico cuantitativo. Barcelona, Reverté
SKOOK, D.A.; WEST, D.M.; HOLLER, F.J. (1996). Fundamentos de química analítica (volumen 2). Barcelona, Reverté
ANDRADE ET AL. (2017). Problems of Instrumental Analytical Chemistry. London, World Scientific Publication
CHRISTIAN, G.D. (2004). Química analítica (6a edición). México, McGraw Hill
CELA, R.; LORENZO, R.A.; CASAIS, M.C. (2002). Técnicas de separación en química analítica. Madrid, Síntesis

Bibliografía complementaria KELLNER, R (Editor) (2004). Analytical chemistry. Winheim, Willey
SKOOG, D.A.; HOLLER, F.J.; NIEMAN, T.A. (2001). Principios de análisis instrumental (5a edición). Madrid, McGraw Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010
Química Analítica 1/610G01011
Química Analítica 2/610G01012
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Laboratorio de Química 2/610G01032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015
Medio ambiente e calidade/610G01037

Observacións

A asignatura non será aprobada se o alumno mostra erros na formulación e cálculos químicos básicos (estequiométricos, axuste de equilibrios, ecuación de equilibrio, ecuación de Nernst, etc.).

Para evitar eses erros o alumno debería ter cursado, e superado, as asignaturas (alo menos) de: QA1, QA2, Laboratorio de Química e QAI1.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías