Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Química Analítica Instrumental 2 Código 610G01014
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.c.prieto.blanco@udc.es
Profesorado
Gonzalez Castro, Maria Jose
Lejo Santiago, Jorge
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.j.gonzalez.castro@udc.es
jorge.lsantiago@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
Web
Descrición xeral Aprendizaxe dos fundamentos básicos, problemas, vantaxes e xestión dalgunhas técnicas analíticas instrumentais. Específicamente, abordaranse: técnicas electroanalíticas, técnicas cromatográficas (cromatografía de gases e de líquidos), electroforese capilar e análises enzimática e inmunoquímica.


Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Explicar de maneira axeitada fenómenos e procesos relacionados coas principais técnicas analíticas cromatográficas, electroquímicas, electroforéticas, imnunoquímicas e de análise térmico. - Comprender os sus principios, instrumentación, compoñentes e limitacións. - Adquirir, avaliar e empregar calqueira información bibliográfica e técnica relacionada coas técnicas de análise. A7
A15
A20
A21
A24
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C6
C7
- Adquirir destreza no traballo de laboratorio. Nomeadamente: - avaliar e empregar información bibliográfica relacionada coas técnicas de análise. - deseñar e desenvolver estratexias para a resolución de problemas. - interpretar os datos e expresar os resultados analíticos. - desenvolver unha actitude crítica no traballo experimental A15
A16
A17
A19
A20
A22
A23
A26
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Técnicas electroanalíticas Fundamentos das medidas potenciométricas
Fundamentos das voltametrías e da polarografía
Sensores electroquímicos
Exemplos
Exercicios numéricos
Tema 2: Técnicas cromatográficas Fundamentos da cromatografía de gases
Fundamentos da cromatografía de líquidos
Exemplos
Exercicios numéricos
Tema 3: Técnicas electroforéticas Fundamento das técnicas electroforéticas
Exemplos
Tema 4: Técnicas enzimáticas e inmunoquímicas Fundamentos das técnicas enzimáticas
Fundamentos das técnicas inmunoquímicas
Prácticas de Laboratorio Impartiranse 20 horas de laboratorio onde se realizarán prácticas que, dentro das disponibilidades de infraestructura da Facultade, abordarán os temas máis relevantes dos impartidos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 20 10 30
Proba mixta A7 A20 A21 A24 B2 C1 3 0 3
Seminario A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 7 21.56 28.56
Traballos tutelados A7 A16 B1 B2 B4 C1 0 2.94 2.94
Sesión maxistral A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 21 63 84
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio onde, dentro das disponibilidades de instrumentación e infraestructura da Facultade, se vexan aplicacións das técnicas analíticas estudadas. Elaborarase un diario de laboratorio, para o que, baixo ningún concepto permitirase o uso de follas soltas, sendo un forte factor de penalización na nota final desta parte.
Proba mixta Realizarase unha proba para avaliar os coñecimentos adquiridos e o seu manexo. Nesta proba haberá cuestións de tipo teórico e exercicios numéricos, as cales avaliarán os contidos das sesións maxistrais e seminarios.
Seminario Procederase á resolución dalgúns dos problemas numéricos entregados previamente aos alumnos e que deberán ter traballado de forma individual, personal e previa aos seminarios.
Traballos tutelados Actividades en grupo reducido (3-4 alumnos) baixo a tutela do profesor co gallo de promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Proporanse actividades relacionadas coas sesións de solución de problemas, que deben resolverse en grupo, estimulando deste xeito o traballo colaborativo, e explicar posteriormente ao profesor nunha titoría.
Sesión maxistral Presentaranse as bases conceptuais de cada unha das técnicas analíticas empregadas. Explicando os principios físicos, biolóxicos ou físico-químicos nos que se basean as medidas. Discutiranse os principios da instrumentación e problemas habituais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
As prácticas de laboratorio e os seminarios para a resolución numérica de problemas realizaranse baixo a supervisión das profesoras en horario de clases. Se é necesario realizaranse Titorías nas que se resolverán dúbidas e se revisará o traballo realizado, etc.
No caso dos traballos tutelados, programarase unha titoría para cada grupo de estudantes co gallo de discutir as actividades propostas e resolver dúbidas das mesmas. Deste xeito poderase tamén analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia aos seminarios, a resolución numérica de problemas será realizada polo alumno fora do horario académico establecido; o profesor/a resolverá as dúbidas e revisará o traballo realizado en réxime de horas de titorías (previa cita) que estableza co alumno. Será obrigatorio realizar as prácticas de laboratorio no horario académico establecido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A16 B1 B2 B4 C1 Valorarase a adecuada resolución das propostas de traballo, a participación activa de cada alumno na titoría e a presentación e claridade da discusión de cada actividade.
5
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 Avaliación diaria do traballo do alumno: actitude, orde, atención, corrección no traballo experimental.
Avaliación ao final das prácticas: avaliación do diario de laboratorio (respostas ás cuestión relacionadas coas prácticas).

20
Sesión maxistral A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 Actitude e participación na aula. Asistencia (polo menos ao 70%) ás clases 2
Seminario A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 Actitude e participación na aula. Demostración de que se ten feito o traballo individual antes do seminario. Asistencia (polo menos ao 70%) aos seminarios. Realización de actividades de auto-avaliación que se poideran asignar.
8
Proba mixta A7 A20 A21 A24 B2 C1 Resposta ás cuestións teóricas. Grao de concreción e corrección na resposta.
Realización correcta dos exercicios numéricos. Proceso de cálculo correcto e resultado final exacto.

65
 
Observacións avaliación

A
cualificación global da materia calcularase a partir da contribución das
actividades avaliables: proba mixta (ata un máximo de 6.5 puntos), prácticas de
laboratorio (ata un máximo de 2,0 puntos), traballos tutelados (ata un máximo
de 0,5 puntos) e sesión maxistral e seminarios (ata un máximo de 1 punto). Os
alumnos que non participen nas actividades relacionadas cos seminarios e traballos
tutelados obterán unha cualificación de 0 neste apartado.

A
realización das prácticas de laboratorio é un requisito básico para superar a
materia.

A proba mixta estará composta de dúas partes
correspondentes a dous bloques de contido: Bloque I (técnicas electroanalíticas)
e Bloque II (técnicas cromatográficas, electroforese capilar e análise
enzimática e inmunoquímica). En cada unha das partes haberá que resolver
cuestións teóricas e exercicios numéricos, constituíndo cada unha delas, unha
actividade avaliable. A cualificación da proba mixta será a media das
cualificacións obtidas en ámbalas dúas partes. Para poder compensar algunha das
partes haberá que acadar unha cualificación mínima de 4.5 puntos (sobre 10) nalgunha delas. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso
de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como
suspensa (4.5).

A cualificación de Non Presentado terana aqueles estudantes que non realizasen a proba mixta. Para superar a materia terán que facerse, e
superarse, as prácticas de laboratorio.

As
cualificacións das prácticas de laboratorio, traballo tutelado e seminarios conservaranse na segunda
oportunidade de xullo. No caso de suspender as prácticas pola baixa calidade do
informe, poderase mellorar a cualificación asociada con preguntas especiais na
segunda oportunidade.

As
cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás
obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño), cos mesmos criterios. 

Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa
totalidade na primeira oportunidade.

O
alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas
nas probas obxectivas (70%) e nas prácticas (30%). Isto aplicarase a ámbalas
dúas oportunidades.

Na
convocatoria adiantada de decembro aplicarase a normativa da guía docente
correspondente ao curso 2022-2023.

Na avaliación da materia
aplicarase o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e
responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e mestrados
da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica RUBINSON, K.A.; RUBINSON, J.J. (2001). Análisis instrumental. Madrid, Prentice Hall
HARRIS, D.C. (2007). Análisis químico cuantitativo. Barcelona, Reverté
SKOOK, D.A.; WEST, D.M.; HOLLER, F.J. (1996). Fundamentos de química analítica (volumen 2). Barcelona, Reverté
ANDRADE ET AL. (2017). Problems of Instrumental Analytical Chemistry. London, World Scientific Publication
CHRISTIAN, G.D. (2004). Química analítica (6a edición). México, McGraw Hill
CELA, R.; LORENZO, R.A.; CASAIS, M.C. (2002). Técnicas de separación en química analítica. Madrid, Síntesis

O libro "Análisis Químico Cuantitativo" "Análisis Químico Cuantitativo" of author Daniel C. Harris (Ed. Reverté SA) is available on the library´s website.

Bibliografía complementaria KELLNER, R (Editor) (2004). Analytical chemistry. Winheim, Willey
SKOOG, D.A.; HOLLER, F.J.; NIEMAN, T.A. (2001). Principios de análisis instrumental (5a edición). Madrid, McGraw Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010
Química Analítica 1/610G01011
Química Analítica 2/610G01012
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Laboratorio de Química 2/610G01032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015
Medio ambiente e calidade/610G01037

Observacións

Para evitar os erros indicados na avaliación, o estudante debería ter cursado, e superado, as materias (polo menos) de: QA1, QA2, Laboratorio de Química 2 e QAI1.

Sustentabilidade

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración ambiental da Facultade de Ciencias (2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel, non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a realización de borradores.

Perspectiva de Xénero

As profesoras desta materia traballan con recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade e con respecto cara os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías