Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Química Inorgánica 1 Código 610G01021
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Blas Varela, Andrés M. de
Correo electrónico
andres.blas@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Blas Varela, Andrés M. de
Platas Iglesias, Carlos
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
andres.blas@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
teresa.rodriguez.blas@udc.es
Web http://(En Construcción)
Descrición xeral Historicamente o estudo da Química dividiuse en grandes Áreas de Coñecemento una das cales é a Química Inorgánica, disciplina que aborda o estudo das propiedades, estrutura e reactividade de todos os elementos e os seus compostos exceptuando os hidrocarburos e a maioría dos seus derivados así como a interpretación teórica da ligazón e as propiedades dos mesmos. Por iso dous dos trazos máis característicos da Química Inorgánica na actualidade son por unha banda a súa gran diversidade e por outro o seu carácter interdisciplinar. Da súa relevancia dá idea o feito de que esta disciplina pasa os límites puramente académicos. Así, na nosa vida cotiá hai infinidade de produtos inorgánicos que utilizamos habitualmente e moitas especies inorgánicas están implicadas en aspectos ambientais relevantes que son parte importante da vida mesma tal como coñecémola.
No plan de estudos do actual Grao en Química da UDC a docencia da Química Inorgánica Xeral exponse no segundo curso a través de dúas materias:
Química Inorgánica 1 e Química Inorgánica 2, materias teórico-prácticas nas que a Universidade diversifica a materia troncal Química Inorgánica.
A Química Inorgánica 1 aborda o estudo dos elementos non metálicos e os seus compostos e desde un punto de vista académico das outras materias desta área de coñecemento que se imparten durante os seguintes cursos do Grao.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A2 Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer de maneira sistemática, a química descritiva dos elementos non metálicos, facendo fincapé non só en aspectos puramente académicos como formas de actuación, estado elemental, propiedades físicas, reactividade, estado natural ou métodos de obtención, senón tamén en aplicacións e temas de actualidade relacionados cos mesmos (problemas ambientais, novas fontes de enerxía, etc.). A1
A2
A3
A4
A6
A12
A14
A16
A21
A24
B1
B3
B4
C1
Construír unha "rede de ideas" que permitan racionalizar o comportamento dos diferentes elementos non metálicos en función da súa situación na táboa periódica. A1
A2
A3
A4
A6
A12
A14
A16
B1
B3
B4
C1
Racionalizar a química dos elementos non metálicos sobre a base das teorías e modelos vixentes, afianzando os coñecementos do estudante sobre os principios de estrutura e ligazón, termodinámica e reactividade (acedo-base, oxidación-redución, etc.), etc, establecidos noutras materias. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A12
A14
A16
A21
A24
B1
B3
B4
C1
Coñecer as posibilidades de combinación dos elementos non metálicos e o comportamento químico dos seus compostos derivados. A1
A2
A3
A4
A6
A12
A14
A16
A24
B1
B3
B4
C1
Coñecer e aplicar a metodoloxía de traballo científica. A20
A22
A23
A24
B1
B2
B3
B4
C1
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese (tales como a decantación, filtración, recristalización, destilación etc.) e desenvolver nel a destreza adecuada para a súa utilización. A17
A18
A20
A22
A23
A26
B1
B2
B3
B4
C1
Desenvolver a capacidade de observación e aprender a levar un rexistro adecuado dos feitos experimentais. A20
A21
A23
B1
B3
B4
C1
Racionalizar os feitos experimentais á luz dos coñecementos teóricos adquiridos. A20
A24
B1
B3
B4
C1
Coñecer a bibliografía para atopar solucións a un problema químico concreto. A16
B1
B3
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1.- O hidróxeno e os seus principais compostos. Tema 1.- O hidróxeno.
Tema 2.- Os hidruros. A auga, un hidruro especial..
Bloque 2.- Elementos do grupo 17 e os seus principais compostos. Tema 3.- Elementos do grupo 17.
Tema 4.- Haluros.
Tema 5.- Haluros de hidróxeno.
Tema 6.- Combinacións osixenadas dos halóxenos.
Bloque 3. - Elementos do grupo 16 e os seus principais compostos. Tema 7.- Elementos do grupo 16.
Tema 8.- Óxidos e sulfuros.
Tema 9.- Hidruros de xofre, selenio e teluro.
Tema 10.- Haluros e oxohaluros de xofre, selenio e teluro.
Tema 11.- Combinacións osixenadas de azufre, selenio e teluro.
Bloque 4.- Elementos do grupo 15 e os seus principais compostos. Tema 12.- Elementos do grupo 15.
Tema 13.- Hidruros dos elementos do grupo 15.
Tema 14.- Combinacións osixenadas dos elementos do grupo 15.
Bloque 5.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos. Tema 15.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos.
Bloque 6.- Química Inorgánica Experimental. Síntesis de elementos e compostos inorgánicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A23 2 0 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 A24 B3 C1 23 46 69
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 A24 B1 B2 B3 B4 C1 8 24 32
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 4 6 10
Prácticas de laboratorio A1 A3 A17 A18 A20 A21 A22 A24 A26 C1 18 18 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en clases presenciais onde se levará a cabo a exposición do temario por parte do profesor. Previamente, entregarase ao alumno, a través da plataforma Moodle, un esquema que reflicta os contidos de cada tema.
Baseándose neste e co fin de que o alumno poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá ler na bibliografía recomendada, os capítulos relacionados co tema a tratar antes de acudir á clase.
Solución de problemas As clases de resolución de problemas estarán dedicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas numéricos que, con suficiente antelación, terán sido publicados na páxina da materia.
Nestas clases os alumnos discutirán ante os seus compañeiros as respostas ás distintas cuestións e establecerase un debate.
Proba mixta Exame que poderá constar dunha serie de cuestións curtas, preguntas para desenvolver, problemas numéricos e preguntas de tipo test relacionados co programa da materia.
Prácticas de laboratorio Traballo de síntese e illamento de substancias inorgánicas baixo a supervisión do profesor. O alumno debe elaborar un caderno de laboratorio, que constará de tres partes:co a descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha elevada atención personalizada, co fin de guiar o estudante neste proceso. A través da interacción cos alumnos e das diferentes actividades de avaliación, o profesor determinará ata que punto o estudante está a alcanzar os obxectivos propostos e decidirá cando este precisa de atención personalizada a través de titorías individuais.
Polo tanto, periodicamente o profesor convocará os alumnos a titorías, que se celebrarán nos horarios máis convenientes para cada estudante, coa intención de que estes reciban a necesaria orientación.
Obviamente e a parte destas titorías propostas polo profesor, o estudante pode acudir a titoría, a petición propia, cantas veces desexe, no horario que lle resulte conveniente.
No caso das prácticas de laboratorio haberá a lo menos unha sesión individual antes de cada práctica con cada alumno para garantizar que poden realizar o traballo no laboratorio con seguridade.
Ademáis do dito en xeral para todos os alumnos, o seguimento das actividades propostas para os estudantes en réximen de estudos a tempo parcial se realizará mediante atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 Proba escrita que se levará a cabo, ao final do semestre, no horario aprobado en Xunta de Facultade. 90
Prácticas de laboratorio A1 A3 A17 A18 A20 A21 A22 A24 A26 C1 Avalíase o traballo no laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu emprego, habilidade manual, coecemento das operacións básicas de laboratorio e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio.
10
 
Observacións avaliación

Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións

  • Cualificación obtida nas Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 1 puntos.  
     
  • Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 9 puntos
  •  Os alumnos en réxime de estudos con dispensa académica por traballo ou por outros motivos xustificados seguirán o mesmo sistema de cualificación, se teñan algún tipo de dificultade deberán facer uso das tutorías para solventalo.

A cualificación final será a suma das anteriores. 

 Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación das Prácticas de laboratorio e un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta. En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial, para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades.

Para os alumnos que cumplan os requisitos antes citados,  e cunha participación nas clases de seminario superior ó 80% poderase correxir a o alza as sua cualificación final ate un máximo de un punto, en base á sua participacion activa nas clases de resolución de problemas e elaboración de traballos suxeridos nas clases de teoría.



Obterán a cualificación de Non Presentado, os alumnos que non realicen a proba mixta (Exame final)

As cualificacións das Prácticas de laboratorio conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio. 

 Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comeza de novo cada curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos que superasen as practicas no curso anterior cunha cualificación superior a que se estableza que, si o desexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da súa realización, estos alumnos poderán optar en todo caso por realizar de novo das prácticas.

No caso de detectarse a comisión de fraude nas probas ou actidades
de avaliación por parte de calquera alumno  aplicarase o establecido
no artigo 14 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacions dos estudos de Grao y Mestrado Universitario, ou a norma que lo sustitúa e implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na oportunidad correspondente.



Fontes de información
Bibliografía básica G.E.Rodger (1995). Químca inorgánica. . Madrid. McGRAW-HILLLL/INTERAMERICANA
C. E. Housecroft, A. G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid 2ª Ed. Prentice Hall
G. Rayner-Canham (2000). Química Inorgánica descriptiva. México, 2ª Ed. Pearson Educación

Para as prácticas:

  • G. Brauer. "Preparative Inorganic Chemistry", vols. I y II. Academic Press, Nueva York (1963 y 1965). Versión en castellano de la 2ª ed. alemana: "Química Inorgánica Preparativa", Reverté,Barcelona (1958)
  • G.C. Schlessinger. "Inorganic Laboratory Preparations". Chemical Pub. Co., Nueva York(1962). Versión en castellano: "Preparaciones de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio", Continental, México (1962)
  • Z. Szafran, R.M. Pike y M. Singh. "Microscale Inorganic Chemistry: A ComprehensiveLaboratory Experience". Wiley &; Sons, Nueva York (1991)
  • Szafran, Zvi. “Microscale general chemistry laboratory with selected macroscale experiments”: John Wiley and Sons, cop. (1993) New York

Outros libros de prácticas de interese:

· D.M. Adams, J.B. Raynor . Química inorgánica, práctica avanzada conjunto de ideas y experiencias comprobadas útiles para su desarrollo en un curso superior :1966

· R.J. Angelici, .Técnica y síntesis en química inorgánica : 1979

· R.E. Dodd, P.L .Robinson ; [versión española por J. López Meroño y J. Pérez Conesa] Doddy Robinson, Química inorgánica experimental una guía de trabajo de laboratorio: Dodd, R.E. 1965

· Heribert Grubitsch ; trad. Mª Teresa Toral. Química inorgánica experimental manual de prácticas de química inorgánical 1959

· Inorganic Synthesis: 1 a 24

· Jolly" Preparative Inorganic Reactions", 1 a 7

· G.Marr, B.W. Rockett, Practical inorganic chemistry. London : Van Nostrand Reinhold Company, 1972

· Ernesto H. Riesenfeld; traducción del prof. J. Martín Sauras. Tratado de química inorgánica. 1947

· Juan de Dios López González, Eloísa OrtegaCantero : López González, Prácticas de química inorgánica. 1998

· Carriedo Ule, Gabino A.La químicainorgánica en reacciones : 2008

· Carriedo Ule, Gabino A, Problemas ycuestiones en síntesis y reactividad inorgánica. 2015

· Francisco Javier Arnaiz García.. Experimentos para el laboratorio de química inorgánica verde . 2014

· Ed. Ruren Xu, Wenqin Pang, Qisheng Huo. Modern inorganic synthetic chemistry. 2011

Bibliografía complementaria
Para a parte teórica:
  • D.F. Shriver y P.W. Atkins "Química Inorgánica". 4ª Ed. Mc Graw Hill, México, D.F. (2008).
  • A.G. Sharpe "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1998).
  • E. Gutierrez Ríos "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1984).
  • S.M. Owen and A.T. Brooker " A Guide to Modern Inorganic Chemistry". Longman, Harlow, Essex (1991).
  • Y.D. Lee "Concise Inorganic Chemistry".5 th Ed. Chapman & Hall, London (1996).
  • N.N. Greenwood y A. Earnshaw "The Chemistry of the Elements". 2ª Ed. Butterworth Heinemann, Oxford (1997)
  • F.A. Cotton and G. Wilkinson "Advanced Inorganic Chemistry". 6 th Ed. Wiley & Sons, New York (1999). (Traducción de la 4ª Ed. en Castellano, Limusa-Wiley, México).

Para as prácticas:
  • D.R. Lide (ed.). "CRC Handbook of Chemistry and Physics". 81 Ed. CRC Press, Boca Ratón (2000-1)
  • J.C. Bailar Jr., H.J. Emeléus, R. Nyholm y A.F. Trotman-Dickerson (eds.). "Comprehensive Inorganic Chemistry", vols. I-V. Pergamon Press, Oxford(1973)
  • A.F. Wells. "Models in Structural Inorganic Chemistry". Oxford Univ. Press, Londres (1970)

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Inorgánica 2/610G01022
Química Inorgánica 3/610G01023
Química Inorgánica 4/610G01024
Química Inorgánica Avanzada/610G01025
Química Industrial/610G01039

Observacións
O alumno debe ter asentados os coñecementos básicos sobre: estrutura atómica, propiedades periódicas e teorías de enlace, termodinámica química, equilibrio químico e técnicas básicas de traballo no laboratorio, impartidos, todos eles nas materias de Química Xeral de primeiro curso.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías