Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Química Inorgánica 2 Código 610G01022
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Lopez Torres, Margarita
Correo electrónico
margarita.lopez.torres@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Esteban Gomez, David
Lopez Torres, Margarita
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
david.esteban@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web http://(En construcción)
Descrición xeral Históricamente, o estudo da Química dividiuse en grandes Áreas de Coñecemento, sendo unha delas a Química Inorgánica. Esta materia trata a investigación experimental e a interpretación teórica das propiedades e reactividade de tódolos elementos da táboa periódica, así como a de todos os compostos derivados deles. Polo que podemos dicir que dous dos aspectos máis característicos da Química Inorgánica son, por unha banda, a súa grande diversidade e, por outra, o seu carácter interdisciplinar.
O significado desta materia supera as fronteiras puramente académicas. Así, na nosa vida cotián, atopamos unha grande variedade de produtos inorgánicos que son comunmente empregados, destacando moitos deles pola súa importante implicación en procesos industriais e tecnolóxicos que contribúen decisivamente ao desenvolvemento da sociedade.
No plan de estudos do Grao en Química da UDC, e de acordo con criterios de organización académica, o ensino da Química Inorgánica Xeral prográmase no segundo curso a través de dúas materias de carácter teórico-práctico, Química Inorgánica 1 e Química Inorgánica 2. A Química Inorgánica 2 trata o estudo sistemático e a síntese dos elementos dos grupos 13 e 14 e dos elementos metálicos, así como o estudo da síntese e propiedades dos principais compostos derivados destes elementos.
Dende o punto de vista académico, asenta as bases para o estudo de materias avanzadas dentro da Área de Química Inorgánica, así como para a maioría das materias doutras áreas de coñecemento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A2 Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e racionalizar o comportamento químico dos elementos e dos seus principais compostos derivados, así como as súas propiedades individuais e posibilidades de combinación, de acordo con modelos e teorías axeitadas, relacionándoo coa súa situación na táboa periódica. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A12
A14
A16
A21
B1
B3
B4
C1
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese de Química Inorgánica e desenvolver a destreza axeitada para a súa utilización. A17
A18
A20
A21
A22
A23
A26
B1
B2
B3
B4
C1
Relacionar de xeito crítico os coñecementos teóricos adquiridos cos feitos experimentais observados. A14
A20
B1
B3
B4
C1
Coñecer os medios bibliográficos empregados na Química Inorgánica. A16
B1
B3
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Metais: Xeralidades. 1.1. Características xerais dos metais.
1.2. Estrutura e enlace.
1.3. Propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa. Acuocatións: Formación e comportamento ácido. Diagramas de Pourbaix.
1.4. Métodos xerais de obtención. Diagramas de Ellingham.
Tema 2. Química da Coordinación. 2.1. Consideracións xerais: Definición e terminoloxía.
2.2. Tipos de ligandos.
2.3. O enlace nos complexos.
2.4. Números e poliedros de coordinación.
2.5. Isomería na Química da coordinación.
2.6. Topoloxía de ligandos.
Tema 3. O grupo 14 (C, Si, Ge, Sn, Pb). 3.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
3.2. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
3.3. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
3.4. Principais compostos.
Tema 4. O grupo 13 (B, Al, Ga, In, Tl). 4.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
4.2. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
4.3. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
4.4. Principais compostos.
Tema 5. Grupos 1, 2 e 3. 5.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. A relación diagonal entre Li e Mg, e entre Be e Al.
5.2. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
5.3. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
5.4. Principais compostos.
Tema 6. Metais de Transición: 1ª Serie. 6.1. Elementos de Transición: Características xerais e clasificación.
6.2. Estrutura electrónica dos átomos da 1ª Serie e formas de actuación. Estados de oxidación mais habituais.
6.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
6.4. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
6.5. Principais compostos.
Tema 7. Metais de Transición: 2ª e 3ª Series. 7.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. Estados de oxidación más habituais.
7.2. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
7.3. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
7.4. Principais compostos.
Tema 8. Elementos de transición interna. 8.1. Lantánidos.
8.2. Actínidos.
8.3. Postactínidos.
Tema 9. Química Inorgánica Experimental. Síntese de elementos e compostos inorgánicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 B3 23 46 69
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 8 24 32
Traballos tutelados A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 1 14 15
Prácticas de laboratorio A22 A21 A20 A18 A17 A14 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 18 0 18
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B3 B2 C1 4 8 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Sesión maxistral Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar.
Solución de problemas Clases en grupos reducidos ou moi reducidos, que están concibidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Estarán adicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente lles foran entregados. Nestas clases os alumnos discutirán ante seus compañeiros as respostas as distintas cuestións e se establecerá un debate. Durante algunhas destas clases realizaranse tamén, probas intermedias de respostas curtas ou de tipo test, que axudarán, ao alumno e ao profesor a comprobar se se comprenderon os temas tratados en clases anteriores.
Traballos tutelados Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que levar a cabo, un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos como teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes de comezar as prácticas de laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poida proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
Prácticas de laboratorio Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. O alumno debe de elaborar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles.
Proba mixta Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza:
- de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo.
- de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais.
- de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos.
- de elección entre respostas múltiples.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao alumno, entendida coma un apoio no proceso de ensino-aprendizaxe, realizarase nas horas de titoría do profesorado que participa na materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 O profesor valorará tanto as respostas ás cuestións do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros.
Valoraranse tamén as probas de respostas curtas ou probas de tipo test realizadas durante estas clases.
15
Prácticas de laboratorio A22 A21 A20 A18 A17 A14 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de:
- organización e seguridade
- coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso
- habilidade manual e,
- especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes:
1-Resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados).
2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio).
3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B3 B2 C1 A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia.
50
Traballos tutelados A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 Mediante as tutorías asociadas aos traballos tutelados, o profesor, ademais de orientar ao alumno, avalía todos os aspectos relativos á preparación teórica das prácticas e aspectos experimentais ou de seguridade no traballo.
Dada a súa importancia, o alumno non poderá comezar o traballo no laboratorio ata que realice de forma adecuada esta preparación previa.
15
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos, debéndose cumprir ao mesmo tempo a condición de obter un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta e un mínimo dun 40% da suma das cualificacións dos apartados Traballos Tutelados + Prácticas de laboratorio. No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto é superior ou igual a 50 puntos a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

A avaliación non poderá ser positiva se non se asistiu a todas as clases de laboratorio e a un 85% do resto das actividades.

O alumno terá unha cualificación de non presentado cando realice menos dun 25% das actividades académicas programadas e non se presente a proba mixta.

A "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, soamente repetirase a proba mixta, a cal suporá, igual que na "primeira oportunidade", o 50% da cualificación. Á devandita nota sumaráse as cualificacións obtidas nas demais actividades realizadas durante o curso

Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".

Unicamente no caso de circunstancias moi excepcionais e justificadas, o coordinador da materia poderá eximir a algún membro do alumnado da súa participación en parte das actividades que conforman o proceso de avaliación continua. O alumnado que se atopase nesa situación deberá superar unha proba obxectiva específica que permita comprobar a consecución das competencias asociadas á materia.

A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a cursos sucesivos.


Fontes de información
Bibliografía básica E.C. Housecroft y A.G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid, Pearson 2ª Ed. (en inglés 4ª Ed 2012)
D.F. Shriver, P.W. Atkins, T.L. Overton, J.P. Rourke, H.T. Weller y F.A. Armstrong (2008). Química Inorgánica. México, McGraw-Hill 4ª Ed. (en inglés 6ª Ed. 2014)

Bibliográfía de Prácticas:

G. Brauer. "Preparative Inorganic Chemistry", vols. I y II. Academic Press, Nueva York (1963 y 1965). Versión en castellano de la 2ª ed. alemana: "Química Inorgánica Preparativa", Reverté, Barcelona (1958)

G.C. Schlessinger. "Inorganic Laboratory Preparations". Chemical Pub. Co., Nueva York (1962). Versión en castellano: "Preparaciones de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio", Continental, México (1962)

Z. Szafran, R.M. Pike y M. Singh. "Microscale Inorganic Chemistry: A Comprensive Laboratory Experience". Wiley & Sons, Nueva York (1991)

Bibliografía complementaria S.M. Owen y A.T. Brooken (1991). A Guide to Modern Inorganic Chemistry. Harlow. Longman
F.A. Cotton, G. Wilkinson, C.A. Murillo y M. Bochman (1999). Advanced Inorganic Chemistry. New York, Wiley&Sons 6th Ed. [en castellano: 4ª Ed., 1986]
J.D. Lee (1996). Concise Inorganic Chemistry. London, Chapman&Hall 6th Ed.
G.E. Rodgers (2002). Descriptive Inorganic Coordination and Solid State Chemistry . Melbourne, Thomson Learning 2ª Ed. [en castellano: 1ª Ed., 1995]
E. Gutiérrez Ríos (1984). Química Inorgánica . Barcelona, Reverté 2ª Ed.
G. Rayner-Canham y T. Overton (2000). Química Inorgánica Descriptiva. Mexico, Pearson, 2ª Ed. [en inglés: 6ª Ed., 20014]
N.N. Greenwood y A. Earnshaw (1997). The Chemistry of the Elements. Oxford, Butterworth Heinemann 2nd Ed.

Bibliografía de teoría e prácticas de laboratorio enfocada cara á Química Inorgánica en xeral, a disposición pública na Biblioteca da Facultade de Ciencias.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química 1/610G01007
Química 2/610G01008
Química 3/610G01009
Química 4/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Inorgánica 1/610G01021

Materias que continúan o temario
Química Inorgánica 3/610G01023
Química Inorgánica 4/610G01024
Química Inorgánica Avanzada/610G01025
Química Industrial/610G01039

Observacións

Como complemento ás clases presenciais e ao material bibliográfico porase á disposición do alumno (mediante os medios establecidos en cada caso) a documentación relativa aos contidos das sesións maxistrais, boletíns de exercicios e problemas, documentos guía para as prácticas de laboratorio e/ou cuestionarios de diversa natureza.

NOTA: Aconséllase a asistencia a todas as clases, así como a participación activa en todas as actividades.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías