Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Química Inorgánica 2 Código 610G01022
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
d.vazquezg@udc.es
Profesorado
Fernandez Lopez, Alberto A.
Fernandez Sanchez, Jesus Jose
Lopez Torres, Margarita
Platas Iglesias, Carlos
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
alberto.fernandez@udc.es
jesus.fernandezs@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web http://(En construcción)
Descrición xeral Históricamente, o estudo da Química dividiuse en grandes Áreas de Coñecemento, sendo unha delas a Química Inorgánica. Esta materia trata a investigación experimental e a interpretación teórica das propiedades e reactividade de tódolos elementos da táboa periódica, así como a de todos os compostos derivados deles. Polo que podemos dicir que dous dos aspectos máis característicos da Química Inorgánica son, por unha banda, a súa grande diversidade e, por outra, o seu carácter interdisciplinar.
O significado desta materia supera as fronteiras puramente académicas. Así, na nosa vida cotián, atopamos unha grande variedade de produtos inorgánicos que son comunmente empregados, destacando moitos deles pola súa importante implicación en procesos industriais e tecnolóxicos que contribúen decisivamente ao desenvolvemento da sociedade.
No plan de estudos do Grao en Química da UDC, e de acordo con criterios de organización académica, o ensino da Química Inorgánica Xeral prográmase no segundo curso a través de dúas materias de carácter teórico-práctico, Química Inorgánica 1 e Química Inorgánica 2. A Química Inorgánica 2 trata o estudo sistemático e a síntese dos elementos dos grupos 13 e 14 e dos elementos metálicos, así como o estudo da síntese e propiedades dos principais compostos derivados destes elementos.
Dende o punto de vista académico, asenta as bases para o estudo de materias avanzadas dentro da Área de Química Inorgánica, así como para a maioría das materias doutras áreas de coñecemento.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
No caso desta materia non hai modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes. Aquelas actividades que se levaban a cabo de modo presencial, pasarán a realizarse virtualmente nas plataformas de traballo empregadas pola UDC. No caso de que parte do alumnado non puidese continuar coa docencia presencial, utilizaranse medios asincrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, material multimedia específico...)
"No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio"

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai modificacións
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mediante o emprego de ferramentas como a Plataforma Microsoft Teams, correo electrónico institucional da UDC ou Moodle, a petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite en horario a convir.
4. Modificacións na avaliación
- A avaliación será realizada empregando plataformas como Moodle, ferramentas do paquete Office 365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet.
- Toda as actividades avaliables e o peso na cualificación das mesmas non varían.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A2 Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e racionalizar o comportamento químico dos elementos e dos seus principais compostos derivados, así como as súas propiedades individuais e posibilidades de combinación, de acordo con modelos e teorías axeitadas, relacionándoo coa súa situación na táboa periódica. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A12
A14
A16
A21
B1
B3
B4
C1
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese de Química Inorgánica e desenvolver a destreza axeitada para a súa utilización. A17
A18
A20
A21
A22
A23
A26
B1
B2
B3
B4
C1
Relacionar de xeito crítico os coñecementos teóricos adquiridos cos feitos experimentais observados. A14
A20
B1
B3
B4
C1
Coñecer os medios bibliográficos empregados na Química Inorgánica. A16
B1
B3
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Metais: Xeralidades. 1.1. Características xerais dos metais.
1.2. Estrutura e enlace.
1.3. Propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa. Acuocatións: Formación e comportamento ácido. Diagramas de Pourbaix.
1.4. Métodos xerais de obtención. Diagramas de Ellingham.
Tema 2. Química da Coordinación. 2.1. Consideracións xerais: Definición e terminoloxía.
2.2. Tipos de ligandos.
2.3. O enlace nos complexos.
2.4. Números e poliedros de coordinación.
2.5. Isomería na Química da coordinación.
2.6. Topoloxía de ligandos.
Tema 3. O grupo 14 (C, Si, Ge, Sn, Pb). 3.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
3.2. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
3.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
3.4. Principais compostos.
Tema 4. O grupo 13 (B, Al, Ga, In, Tl). 4.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
4.2. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
4.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
4.4. Principais compostos.
Tema 5. Grupos 1, 2 e 3. 5.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. A relación diagonal entre Li e Mg, e entre Be e Al.
5.2. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
5.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
5.4. Principais compostos.
Tema 6. Metais de Transición: 1ª Serie. 6.1. Elementos de Transición: Características xerais e clasificación.
6.2. Estrutura electrónica dos átomos da 1ª Serie e formas de actuación. Estados de oxidación mais habituais.
6.3. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
6.4. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
6.5. Principais compostos.
Tema 7. Metais de Transición: 2ª e 3ª Series. 7.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. Estados de oxidación más habituais.
7.2. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
7.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
7.4. Principais compostos.
Tema 8. Elementos de transición interna. 8.1. Lantánidos.
8.2. Actínidos.
8.3. Postactínidos.
Tema 9. Química Inorgánica Experimental. Síntese de elementos e compostos inorgánicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 2 0 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 C1 22 44 66
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 B2 B3 B4 C1 8 16 24
Prácticas de laboratorio A14 A16 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 21 20 41
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 0 0 0
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 0 5 5
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 4 8 12
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se levará a cabo ao comezo do curso e onde se presentará a meteria comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Sesión maxistral Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar.
Obradoiro Clases nas que se realizarán diversas actividades nas que o alumno debe participar activamente.
- Nesta actividade resolveranse boletíns de preguntas e problemas, que previamente se entregaron aos alumnos e que, unha vez na clase, os alumnos debaterán cos seus compañeiros as respostas ás distintas preguntas, establecendo un debate.
- Nos talleres tamén se levarán a cabo probas intermedias que combinan preguntas de tipo resposta múltiple, ordenación, resposta curta, para completar, etc., o que axudará ao alumno e ao profesor a comprobar que se comprenderon os temas tratados nas clases anteriores. .
- Antes de asistir ao obradoiro e para participar e ser avaliado nel, o alumno deberá entregar o boletín a través da plataforma en liña dispoñible para a materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio centraranse na síntese e illamento de substancias inorgánicas.
- Antes de iniciar as prácticas, o alumno deberá realizar un estudo inicial que inclúa aspectos preparatorios e teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Os resultados e conclusións deste traballo autónomo deberán presentarse nunha entrevista persoal co profesor responsable antes de iniciar as prácticas reais no laboratorio, para determinar se o grao de coñecemento adquirido é suficiente para que poidan realizalos con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
- Durante o desenvolvemento dos experimentos, o alumno debe demostrar unha actitude responsable respecto ás normas de seguridade, así como as características rigorosas e eficientes do método científico.
- O alumno deberá redactar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante o estudo inicial), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio) e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles.
Proba de resposta múltiple Ao finalizar os contidos de cada tema nas Sesións Maxistrais, empregando plataformas como Moodle, ferramentas de paquetes de Office 365 e / ou aplicacións dispoñibles en Internet, realizarase unha proba para avaliar a aprendizaxe dos devanditos contidos. Para iso, faranse preguntas en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionen posibles solucións, das que só unha delas é válida, vendo así o grao de asimilación do alumno dos temas impartidos.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que mediante o uso de documentos audiovisuais e / ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias actuais, fotografías, artigos, etc.) postos a disposición do estudante a través das plataformas en liña dispoñibles para a materia, axudará ao alumno a traballar contidos relevantes para a materia, con actividades deseñadas especificamente nas devanditas plataformas para a súa análise.
Proba mixta Proba escrita que pode consistir nunha serie de preguntas curtas, preguntas para desenvolver, problemas numéricos e preguntas de opción múltiple relacionadas co programa da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
A atención personalizada ao alumno, entendida coma un apoio no proceso de ensino-aprendizaxe, realizarase no horario máis conveniente para o alumno e o profesor.

Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
A petición do alumno e nun horario da súa conveniencia, proporáselle traballo específico en forma de boletíns de problemas representativos das competencias da materia. O alumno resolverá devanditos boletíns de forma individual e, de novo, acudirá a tutoría para resolución de dúbidas e corrección dos mesmos.
O alumno disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos traballos tutelados previos as prácticas de laboratorio antes da entrevista co profesor (ver metodoloxía de traballos tutelados).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A14 A16 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de:
- organización e seguridade
- coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso
- habilidade manual e,
- especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes:
1-Resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados).
2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio).
3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia, dacordo co indicado no apartado de Metodoloxía.
60
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 B2 B3 B4 C1 Para ser avaliado no taller, como se indica na sección de Metodoloxía, o alumno deberá entregar o boletín a través da plataforma en liña dispoñible para a materia.
Durante o taller o profesor valorará tanto as respostas ás preguntas do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros.
Tamén se avaliarán as probas intermedias de resposta múltiple ou de resposta curta, que se realizarán periódicamente nos talleres, de acordo co indicado na sección de Metodoloxía.
10
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 Periódicamente realizaranse probas curtas de tipo test de resposta múltiple a través de plataformas online, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 5
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 Periódicamente, como se indica no apartado de metodoloxía, haberá actividades nas que en base a documentos audiovisuais e/ou bibliográficos, o alumno debe contestar, a través das plataformas online dispoñibles na asignatura, preguntas relacionadas cos contidos da materia. 5
 
Observacións avaliación

Os estudantes serán avaliados mediante o
seguinte sistema de cualificación:



- C1:
Cualificación da proba mixta: para superar o curso, o alumno deberá obter un
mínimo do 50% da nota máxima neste apartado.



- C2:
Cualificación das prácticas de laboratorio: para aprobar o curso, o alumno
deberá obter un mínimo do 45% da nota máxima desta sección.



- C3:
Cualificación dos talleres, probas de elección múltiple e análise de fontes
documentais.



- C4:
Cualificación da evolución global da progresión do alumno

O alumno aprobará o curso se obtén un mínimo de 5 puntos na seguinte suma: 0,6
(C1) + 0,20 (C2) + 0,20 (C3)
. A cualificación da evolución global da
progresión do estudante (C4) farase
unha vez feitas as restantes cualificacións (C1, C2 e C3), e só para aqueles
estudantes que superaron a materia, e poderán ser avaliadas cun máximo dun
punto, que se pode engadir á nota final. No caso de que un alumno supere, na
suma total de todas as cualificacións, os dez puntos, asignarase unha nota de
10,0 puntos.

No caso de que a nota do curso sexa inferior á suma de
0,80 (C1) + 0,20 (C2), a nota substituirase polo valor desta suma.

 - Se a nota final supera os 5 puntos pero
non alcanza o 50% da nota na sección C1 e o 45% da nota na sección C2, a nota
que aparecerá na acta será de 4,5 (suspenso).



- Se o alumno asiste ás prácticas de
laboratorio, non poderá obter a nota de "Non presentado".



- A cualificación obtida na "primeira
oportunidade" (convocatoria de febreiro), se é positiva (igual ou superior
a 5), ??é definitiva.



- A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación implicará directamente a nota de fallo '0' na materia
na correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida
en todas as actividades de avaliación da convocatoria.

 - O
baremo de cualificación da "segunda
oportunidade"
será a mesma que a descrita para a "primeira
oportunidade", coa excepción de que a nota mixta da segunda oportunidade
substituirá á nota mixta da primeira oportunidade. Se o alumno non alcanza o
45% da nota máxima na sección de prácticas de laboratorio na primeira
oportunidade, poderá realizar un traballo relacionado cunha nova práctica de
laboratorio. Os estudantes avaliados na "segunda oportunidade" só
poderán obter matrícula se o número máximo destes no curso, de acordo coa
normativa académica, non se cubriu totalmente na "primeira
oportunidade".

 -
Aqueles estudantes que se acollan ao "recoñecemento
da dedicación a tempo parcial e a exención académica da exención de
asistencia"
segundo a normativa da UDC, só estarán obrigados a asistir
ás clases prácticas de laboratorio. A nota final destes alumnos constará de
dúas partes: a nota obtida nas prácticas de laboratorio, que contribuirá cun
20% á nota final, e a nota da proba mixta, que contará para o 80% restante.
Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse a ambas as oportunidades. A
cualificación de "non presentado" outorgarase a aqueles alumnos
admitidos no mencionado réxime de exención a condición de que non se presenten
á proba mixta.

 - Todo
o proceso de ensino-aprendizaxe descrito nesta guía, incluída a avaliación,
refírese única e exclusivamente ao curso académico actual.

 


Fontes de información
Bibliografía básica E.C. Housecroft y A.G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid, Pearson 2ª Ed. (en inglés 4ª Ed 2012)
D.F. Shriver, P.W. Atkins, T.L. Overton, J.P. Rourke, H.T. Weller y F.A. Armstrong (2008). Química Inorgánica. México, McGraw-Hill 4ª Ed. (en inglés 6ª Ed. 2014)

Bibliográfía de Prácticas:

G. Brauer. "Preparative Inorganic Chemistry", vols. I y II. Academic Press, Nueva York (1963 y 1965). Versión en castellano de la 2ª ed. alemana: "Química Inorgánica Preparativa", Reverté, Barcelona (1958)

G.C. Schlessinger. "Inorganic Laboratory Preparations". Chemical Pub. Co., Nueva York (1962). Versión en castellano: "Preparaciones de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio", Continental, México (1962)

Z. Szafran, R.M. Pike y M. Singh. "Microscale Inorganic Chemistry: A Comprensive Laboratory Experience". Wiley & Sons, Nueva York (1991)

Bibliografía complementaria S.M. Owen y A.T. Brooken (1991). A Guide to Modern Inorganic Chemistry. Harlow. Longman
F.A. Cotton, G. Wilkinson, C.A. Murillo y M. Bochman (1999). Advanced Inorganic Chemistry. New York, Wiley&Sons 6th Ed. [en castellano: 4ª Ed., 1986]
J.D. Lee (1996). Concise Inorganic Chemistry. London, Chapman&Hall 6th Ed.
G.E. Rodgers (2002). Descriptive Inorganic Coordination and Solid State Chemistry . Melbourne, Thomson Learning 2ª Ed. [en castellano: 1ª Ed., 1995]
E. Gutiérrez Ríos (1984). Química Inorgánica . Barcelona, Reverté 2ª Ed.
G. Rayner-Canham y T. Overton (2000). Química Inorgánica Descriptiva. Mexico, Pearson, 2ª Ed. [en inglés: 6ª Ed., 20014]
N.N. Greenwood y A. Earnshaw (1997). The Chemistry of the Elements. Oxford, Butterworth Heinemann 2nd Ed.

Bibliografía de teoría e prácticas de laboratorio enfocada cara á Química Inorgánica en xeral, a disposición pública na Biblioteca da Facultade de Ciencias.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Inorgánica 1/610G01021

Materias que continúan o temario
Química Inorgánica 3/610G01023
Química Inorgánica 4/610G01024
Química Inorgánica Avanzada/610G01025
Química Industrial/610G01039

Observacións

Como complemento ás clases presenciais e ao material bibliográfico porase á disposición do alumno (mediante os medios establecidos en cada caso) a documentación relativa aos contidos das sesións maxistrais, boletíns de exercicios e problemas, documentos guía para as prácticas de laboratorio e/ou cuestionarios de diversa natureza.

NOTA: Aconséllase a asistencia a todas as clases, así como a participación activa en todas as actividades.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías