Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Química Inorgánica 3 Código 610G01023
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Esteban Gomez, David
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
Profesorado
Esteban Gomez, David
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral A Química Inorgánica 3 é unha materia obrigatoria do primeiro semestre do terceiro curso do Grao en Química. Dita materia pertence ao módulo "Química Inorgánica" e está dedicada ao estudo dos Compostos de Coordinación e dos Sólidos Inorgánicos, tanto dende o punto de vista estrutural e da ligazón, como do da reactividade dos primeiros. As competencias adquiridas nesta materia resultan indispensables para a materia "Química Inorgánica 4", xunto coa cal conforma a materia denominada "Ampliación de Química Inorgánica". Para o estudo da devandita materia é imprescindible ter ben asentadas as competencias asociadas ás Químicas Inorgánicas 1 e 2 do segundo curso e ás Químicas Físicas 1 e 2, tamén de segundo curso. Á súa vez, as competencias da materia "Ampliación de Química Inorgánica" son necesarias para abordar as materias "Química Inorgánica Avanzada" e "Ciencias de Materiais" do cuarto curso.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A8 Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a estrutura e a natureza do enlace nos compostos de coordinación. A1
A3
A6
A8
A9
A14
A15
A16
A24
A25
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C2
C6
C7
C8
Coñecer os aspectos termodinámicos relacionados coa estabilidade dos compostos de coordinación. A1
A5
A9
A14
A15
A16
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C2
C6
C7
C8
Coñecer os mecanismos dos tipos de reaccións máis importantes dos compostos de coordinación. A1
A4
A9
A10
A14
A15
A16
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C2
C6
C7
C8
Coñecer a estrutura dos sólidos inorgánicos. A1
A3
A6
A9
A14
A15
A16
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C2
C6
C7
C8
Coñecer a microestrutura dos sólidos inorgánicos. A1
A6
A9
A14
A15
A16
A24
A25
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C2
C6
C7
C8
Coñecer a natureza do enlace dos sólidos inorgánicos. A1
A3
A5
A6
A8
A9
A14
A15
A16
A24
A25
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C2
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introdución á Química de Coordinación. Introdución.
2.- O enlace nos Compostos de Coordinación. - Teoría de enlace valencia.
- Teoría do campo cristalino.
- Teoría dos orbitáis moleculares.
3.- Estabilidade Termodinámica dos Compostos de Coordinación - Introdución: diferenza entre estabilidade/inestabilidade vs. inercia/labilidade.
- Constante de estabilidade.
- Factores dos que depende a constante de estabilidade.
4.- Mecanismo das Reaccións dos Compostos de Coordinación. - Reaccións de sustitución.
- Reaccións rédox.
5.- Introdución á Química do Estado Sólido. Introdución.
6.- Sólidos Ideais: Aspectos Estruturais e o enlace nos sólidos. - Estruturas de sólidos.
- Enlace nos sólidos: modelo iónico, modelo de bandas.
7.- Sólidos Reais: defectos en sólidos, exemplos de sólidos inorgánicos con propiedades relevantes. - Defectos nos sólidos.
- Exemplos de sólidos con propiedades relevantes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A25 B7 C2 C8 28 42 70
Obradoiro A5 A6 A8 A9 A10 A14 A16 B5 C2 7 21 28
Solución de problemas A3 A4 A15 A24 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C6 C7 7 24.5 31.5
Proba mixta A1 A3 B2 B3 B4 B7 C1 C2 4 15.5 19.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado.
Obradoiro Actividade formativa de carácter eminentemente práctico deseñada co obxectivo de incidir naqueles aspectos da materia de máis difícil comprensión.
Solución de problemas Estas sesións estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións dentro dunha metodoloxía expositiva da que o alumnado é o protagonista. Estes problemas facilitaranse secuenciados no tempo de acordo cos contidos tratados nas sesións maxistrais, e poranse á disposición do alumnado coa suficiente antelación para que poidan traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial.
Proba mixta As proba de conxunto que se realizarán no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxectivo é o de obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias acadados polo alumno, así como para avaliar a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudante, quen se converte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o mellor rendemento do seu esforzo, e co fin de guiar ao estudante neste proceso, é de extrema importancia acadar unha interacción estreita e constante alumno-profesor. A través de tal interacción, e das diferentes actividades de avaliación, o profesor poderá determinar ata que punto o estudante está a alcanzar os obxectivos propostos en cada unidade temática e orientalo a este respecto. Esta orientación levarase a cabo a través de entrevistas individuais que se celebrarán nas horas de titoría do profesor e/ou nos horarios máis convenientes para o alumnado. Obviamente, e a parte destas titorías propostas polo profesor, o alumnado poderá acudir a titorías a petición propia cantas veces desexe e nos horarios que lle resulten máis convenientes.

Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá de poder participar dunha metodoloxía formativa e actividades docentes asociadas que lle permitan acadar os obxectivos formativos e as competencias propias da materia. Para elo, este alumnado poderá participar dun sistema personalizado de titorías de orientación e avaliación que servirán por unha banda, para orientar o traballo autónomo do alumno e levar un seguimento da súa progresión durante o curso; e por outra, para avaliar o grao de desenvolvemento competencial acadado.
A porcentaxe de dispensa quedará prefixada nunha primeira entrevista co alumnado, unha vez coñecida a súa situación persoal. Deste xeito, fixarase un cronograma para as titorías de orientación, e determinarase o número de obradoiros de resolución de problemas que deberán ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecidos, ponderarase o seu número sobre o total dos mesmos e fixarase o número de titorías das que este alumnado deberá participar. Todas elas serán prefixadas co alumnado en función da súa dispoñibilidade, atendendo ao cronograma de contidos da materia e concretando os prazos de entrega do diferente material susceptible de ser avaliado (boletíns de problemas e cuestións). Este material seralle entregado previamente a través da plataforma Moodle segundo o cronograma acordado na entrevista inicial.
Durante as sesións de titoría trataranse aspectos asociados tanto aos contidos da materia como á revisión conxunta dos traballos entregados, así como á realización de pequenos test de avaliación para comprobar se o alumnado segue con aproveitamento estas actividades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 B2 B3 B4 B7 C1 C2 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ao final do cuadrimestre. Constará tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas tipo test e problemas que serán similares aos expostos ao longo do curso. 70
Solución de problemas A3 A4 A15 A24 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C6 C7 Cualificaranse tanto as respostas do alumnado como a súa participación individual ou de grupo nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente, e a requirimento do profesor, o alumno deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.
Este 30% engloba a cualificación de SOLUCION DE PROBLEMAS e de OBRADOIROS.
30
Obradoiro A5 A6 A8 A9 A10 A14 A16 B5 C2 Teranse en conta non so aspectos asociados ás actividades realizadas nos mesmos, senon tamén o nivel de participación e de coñecementos demostrado polo alumnado.
A avaliación de OBRADORIOS e de SOLUCIÓN DE PROBLEMAS farase de maneira conxunta.
0
 
Observacións avaliación

A cualificación final será a
suma das seguintes contribucións:

- Proba mixta, até un máximo 7 puntos.

- Clases de "Solución de problemas"
+ "Obradoiros", até un máximo de 3 puntos.

A proba mixta, constará de dous parciais, o
primeiro deles realizarase antes de rematar o primeiro cuadrimestre e a súa
data será fixada no calendario de coordinación da materia. A esta proba SÓ
PODERÁN PRESENTARSE AQUELES ALUMNOS QUE TEÑAN ASISTIDO E PARTICIPADO COMO
MÍNIMO A UN 80% DAS ACTIVIDADES DOCENTES (PORCETAXE APLICADA TANTO ÁS SESIÓNS
DE DOCENCIA EXPOSITIVA COMO ÁS DE SEMINARIO E OBRADOIROS). O segundo parcial
realizarase coincidindo coa primeira oportunidade. Ambos parciais liberan
materia e para superalos será necesario obter un mínimo de 3,15 puntos (sobre
un máximo de 7 puntos) en cada un deles. A nota da proba mixta será a media das
cualificacións obtidas en ambos parciais. Se o alumno non alcanza a nota mínima
de 3,15 puntos nalgún deles, a cualificación final será a obtida no parcial de
menor puntuación, e non se terá en conta a nota de clases de solución de
problemas e obradoiros. Tanto na primera como na segunda oportunidade o alumno poderase
examinar das probas parciais pendentes. A nota das clases de solución de problemas e obradoiros manterase para o cómputo da cualificación final na segunda oportunidade.

Con todo, para superar a materia será necesario acadar
polo menos 5 puntos entre a proba mixta e seminarios/obradoiros, sempre coa restrición
de ter obtido na proba mixta un mínimo de 3,15 puntos (sobre 7). 

Dado que a cualificación se basea no modelo de
avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo
de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto, que se poderá sumar á
cualificación final sempre que se teña superado o mínimo na proba mixta.

De acordo con esta metodoloxía de avaliación,
considerarase que o alumno se presentou á avaliación se participou activamente
en calquera das actividades de xeito que o grao de participación no seu
conxunto supoña máis do 20% da cualificación da materia.

Dentro do mesmo contexto de "avaliación continua"
e de acordo co contido do escrito "Probas de Avaliación e Actas de
Cualificación de Grao e Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de
xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de
realización da proba mixta. Por tanto, na devandita oportunidade realizarase de
novo a proba mixta, da que o estudante só se terá que examinar das probas
parciais pendentes, e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante
o curso nas outras actividades (proba parcial e clases de solución de problemas
e talleres). As porcentaxes serán as mesmas que na "primeira
oportunidade". As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente
aos alumnos que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se
outorgarán na chamada "segunda oportunidade" se o número máximo
daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.

Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de
titorías (entrega de boletíns, resultados obtidos nos test e nas titorías de
avaliación...) configurarán ata un máximo de 3 puntos na cualificación final, o
resto (ata un máximo de 7 puntos) corresponderá á nota obtida polo alumnado na
proba mixta. A porcentaxe de dispensa asociado ás titorías de avaliación
determinarase en función do número de talleres de resolución de problemas e
obradoiros que deban ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecido
o seu número, este ponderarase sobre o total dos mesmos e prefixarase o número
de titorías nas que ese alumnado deberá participar (cada dúas sesións de taller
ou obradoiro serán avaliados mediante 1 titoría). No caso de que este alumnado
non supere a materia na "primeira oportunidade", as cualificacións
obtidas mediante este sistema de titorías reservaranse para a "segunda
oportunidade", e sumaranse á nota obtida na proba obxectiva desa
convocatoria para determinar a cualificación final acadada.

A metodoloxía docente e as actividades que a
configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua
programado para un único curso académico, polo que non se contempla a
posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a
cursos sucesivos.


Fontes de información
Bibliografía básica J. Ribas Gispert (2008). "Coordination Chemistry" (versión en ingles de "Química de Coordinación"). Willey-VCH, Weinheim
M.T. Weller (1999). "Inorganic Materials Chemistry". Oxford University Press, Oxford
J. Rivas Gispert (2000). "Química de Coordinación". Ediciones Omega S.A.
P. W. Atkins, T. L. Overton, J. P. Rourke, M. T. Weller y F. A. Armstrong (2008). "Química Inorgánica de Shriver y Atkins" Versión en español de la 4ª edición de "Shriver and Atkins' Inorganic Chemistry". McGraw-Hill Interamericana
P. W. Atkins, T. L. Overton, J. P. Rourke, M. T. Weller and F. A. Armstrong. (2009). "Shriver and Atkins' Inorganic Chemistry" 5th ed. W. H. Freeman and company, New York
A.R. West (1984). "Solid State Chemistry and its Aplications". John Wiley & Sons, New York
L. Smart & E. Moore (1992). "Solid State Chemistry: an Introduction". Chapman & Hall, London
L. Smart & E. Moore (1995). “Una introducción a la química del estado sólido”, versión en español de "Solid State Chemistry: an Introduction". Ed. Reverté, Barcelona

Bibliografía complementaria S. F. A. Kettle (1998). "Physical Inorganic Chemistry. A Coordination Chemistry Approach". Oxford University Press
A.F. Wells (1978). “Química inorgánica estructural” Versión española de la 4ª Ed.. Ed. Reverté, Barcelona
A.F. Wells (1984). “Structural Inorganic Chemistry” 5th Ed.. Oxford Univesity Press, London


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Física 1/610G01016
Química Física 2/610G01017
Química Inorgánica 1/610G01021
Química Inorgánica 2/610G01022

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Inorgánica 4/610G01024
Química Inorgánica Avanzada/610G01025
Ciencia de Materiais/610G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías