Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Química Orgánica 1 Código 610G01026
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Peinador Veira, Carlos
Correo electrónico
carlos.peinador@udc.es
Profesorado
Ojea Cao, Vicente
Peinador Veira, Carlos
Perez Sestelo, Jose
Ruiz Pita-Romero, Maria
Correo electrónico
vicente.ojea@udc.es
carlos.peinador@udc.es
jose.perez.sestelo@udc.es
maria.ruiz.pita-romero@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral A materia pretende proporcionar os coñecementos básicos de Química Orgánica ao alumno do Grao en Química.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender e coñecer os conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química Orgánica. A1
A4
A6
A9
A10
A14
A15
A21
B2
B3
B4
C1
Utilizar a terminoloxía en Química Orgánica incluíndo nomenclatura, convenios e unidades. A1
A6
A9
A14
B2
B3
C1
C3
Coñecer as características e propiedades dos compostos orgánicos. A1
A9
A14
A21
B2
B3
Adquirir a capacidade para a resolución de problemas estruturais e sintéticos en Química Orgánica mediante a análise dos grupos funcionais presentes e a aplicación dos coñecementos adquiridos sobre as propiedades e a reactividade destes. A1
A4
A9
A14
A15
A21
B2
B3
B4
C3
Coñecer os tipos principais de reaccións orgánicas, os seus mecanismos e as suas principais características e implicacións estereoquímicas. A1
A4
A6
A9
A10
A21
B2
B3
B4
C1
C3
Adquirir a capacidade para manexar bibliografía, así como para a busca de información específica en Química Orgánica. A6
A9
A14
B3
B4
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Reaccións orgánicas Características dos compostos orgánicos. Tipos de mecanismos de reacción.Tipos de reactivos: ácidos e bases, oxidantes e redutores electrófilos e nucleófilos. Clasificación das reaccións orgánicas. Estudo termodinámico e cinético das reaccións orgánicas. Control cinético e control termodinámico. Intermedios de reacción.
Tema 2. Alcanos e cicloalcanos Propiedades físicas. n-Alcanos: Barreiras de rotación. Isomería conformacional. Cicloalcanos: Tensión anular. Haloxenación. Pirólise. Cracking. Combustión.
Tema 3. Estereoisomería Actividade óptica. Quiralidad e enantiómeros. Nomenclatura. Diastereoisómeros. Estereoisomería en moléculas cíclicas.
Tema 4. Espectroscopia de RMN Principios básicos na RMN. Núcleos máis importantes en Química Orgánica. O desprazamento químico: factores que inflúen neste na RMN de próton. O acoplamento espín-espin: regra N+1. Recoñecemento dos grupos funcionais mediante RMN.
Tema 5. Haloxenuros de alquilo Estrutura e propiedades. Reaccións de substitución nucleófila. Factores que determinan o mecanismo da SN: substrato (estrutura do grupo alquilo e natureza do grupo saínte), nucleofilia do reactivo e influencia do disolvente. Reaccións de eliminación. Procesos competitivos da SN: Transposicións e eliminación. Compostos organometálicos. Redución dos derivados haloxenados.
Tema 6. Alcoholes Estrutura. Propiedades ácido-base. Reaccións do enlace O-H. Reaccións de enlace C-O. Oxidación. Tioles.
Tema 7. Éteres Estrutura. Rotura de éteres. Epóxidos. Tioéteres.
Tema 8. Aminas Estrutura e propiedades. Reaccións ácido-base. Alquilación de aminas. Eliminación de Hoffman. Oxidación: eliminación de Cope.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 4 0 4
Sesión maxistral A1 A4 A6 A9 A10 30 45 75
Prácticas a través de TIC A6 A9 A21 B2 B4 C3 10 10 20
Obradoiro A1 A4 A6 A9 A10 B2 B4 C1 10 40 50
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Prográmase 1 exame final, que permitirá avaliar obxectivamente o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumno. A proba mixta incluirá un único tipo de preguntas, que estarán relacionadas coa estrutura, a determinación estrutural, a reactividad e a síntese de compostos orgánicos, e que permitirán determinar se as respostas son correctas.
Sesión maxistral O profesor expoñerá os contidos fundamentais de cada tema que serán previamente subministrados aos alumnos co fin de que os preparen pola súa conta con anterioridade ao desenvolvemento da clase. Impartirase ao grupo grande.
Prácticas a través de TIC As prácticas estarán centradas fundamentalmente en dous aspectos:
1. A utilización de ferramentas informáticas para a representación tridimensional de compostos orgánicos e a súa aplicación á resolución de problemas de estereoquímica e análise conformacional.
2. A determinación estrutural de compostos orgánicos baseada en RMN de protón co apoio de programas de simulación de espectros.
Obradoiro O profesor asignará aos alumnos a preparación dalgúns problemas, que requirirán a integración de contidos de diferentes temas. Os alumnos deberán estudar os problemas e preparar unha solución por escrito, que deberá ser entregado con anterioridade ao desenvolvemento das clases en grupo reducido. Durante as clases, os alumnos presentarán oralmente algún dos problemas encomendados, e responderán ás cuestións que se formulen ao respecto.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Descrición
O alumno contará coa axuda do profesor para a resolución das dúbidas que se lle expoñan durante o estudo dos contidos e na elaboración do informe de laboratorio e as solucións escritas aos problemas dos obradoiros. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade a atención personalizada será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 Proba escrita. 75
Prácticas a través de TIC A6 A9 A21 B2 B4 C3 Ter superadas as prácticas é condición necesaria para alcanzar a cualificación de apto.
O seguimento e participación nas prácticas contribuirá cun 5% á avaliación.
Os alumnos elaborarán un informe sobre os resultados das prácticas que contribuirá con outro 5% á avaliación.
10
Obradoiro A1 A4 A6 A9 A10 B2 B4 C1 Avaliarase a calidade das solucións escritas aos problemas encomendados, que deberán entregarse de xeito previo, así como a asistencia e participación na actividade. Durante a presentación oral avaliarase o emprego da nomenclatura axeitada para os compostos e reaccións implicadas, e a claridade e concreción das explicacións e das respostas ás cuestións que se formulen. 15
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5 sobre 10. As cualificacións das prácticas e dos obradoiros conservaranse na segunda oportunidade dun curso académico. Para obtener a calificación de non presentado, os alumnos deberán ter participado en actividades que sumen menos do  75% da calificación final. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidad. 

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humans. O resto das actividades (seminarios e obradoiros) serán evaluadas na proba mixta.

O alumnado a tempo parcial será evaluado únicamente mediante a proba mixta que en su caso incluirá cuestións sobre as prácticas que computarán cun 10% na nota final da proba mixta.


Fontes de información
Bibliografía básica E. QUIÑOÁ y R. RIGUERA (2004). CUESTIONES Y EJERCICIOS DE QUÍMICA ORGÁNICA (2ª ed). Madrid, McGraw-Hill
T. W. G. Solomons, C. B. Fryhle (2008). Organic Chemistry. John Wiley & Sons
K.P.C. VOLLHARDT and N.E. SCHORE (2011). Organic Chemistry 6th eddition. WH Freeman and Company
L.G. WADE, Jr. (2004). QUÍMICA ORGÁNICA (5ª ed). Madrid, Pearson Educación

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Orgánica 2/610G01027
Ampliación de Química Orgánica/610G01028
Experimentación en Química Orgánica/610G01029
Química Orgánica Avanzada/610G01030

Observacións
Recoméndase o seguimento dos libros de texto (Wade, 2004 e Vollhardt, 2007) como lectura previa ás clases expositivas e como fonte de información precisa dos conceptos explicados.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías