Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química Orgánica 1 Código 610G01026
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Ruiz Pita-Romero, Maria
Correo electrónico
maria.ruiz.pita-romero@udc.es
Profesorado
Ojea Cao, Vicente
Pazos Chantrero, Elena
Ruiz Pita-Romero, Maria
Correo electrónico
vicente.ojea@udc.es
elena.pazos@udc.es
maria.ruiz.pita-romero@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral A materia pretende proporcionar os coñecementos básicos de Química Orgánica ao alumno do Grao en Química.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender e coñecer os conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química Orgánica. A1
A4
A6
A9
A10
A14
A15
A21
B2
B3
B4
C1
Utilizar a terminoloxía en Química Orgánica incluíndo nomenclatura, convenios e unidades. A1
A6
A9
A14
B2
B3
C1
C3
Coñecer as características e propiedades dos compostos orgánicos. A1
A9
A14
A21
B2
B3
Adquirir a capacidade para a resolución de problemas estruturais e sintéticos en Química Orgánica mediante a análise dos grupos funcionais presentes e a aplicación dos coñecementos adquiridos sobre as propiedades e a reactividade destes. A1
A4
A9
A14
A15
A21
B2
B3
B4
C3
Coñecer os tipos principais de reaccións orgánicas, os seus mecanismos e as suas principais características e implicacións estereoquímicas. A1
A4
A6
A9
A10
A21
B2
B3
B4
C1
C3
Adquirir a capacidade para manexar bibliografía, así como para a busca de información específica en Química Orgánica. A6
A9
A14
B3
B4
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Estructura e reaccións dos compostos orgánicos Características, estrutura e enlace dos compostos orgánicos: grupos funcionais, estruturas de Lewis, orbitais atómicos híbridos, resonancia. Reaccións orgánicas: clasificación, tipos de reactivos, tipos de mecanismos de reacción. Estudio termodinámico e cinético das reaccións orgánicas. Control cinético e control termodinámico. Intermedios de reacción.
Tema 2. Estereoisomería Nomenclatura, propiedades e isomería de los alcanos. Isomería constitucional e estereoisomería. Isomería conformacional: análise conformacional dos alcanos e cicloalcanos, proxeccións de Newman. Isomería óptica, quiralidad e simetría. Enantiómeros e diastereoisómeros: nomenclatura, proxección de Fischer Resolución de racémicos.
Tema 3. Espectroscopia de RMN Principios básicos na RMN. Núcleos máis importantes en Química Orgánica. O desprazamento químico: factores que inflúen neste na RMN de próton. O acoplamento espín-espin: regra N+1. Recoñecemento dos grupos funcionais mediante RMN.
Tema 4. Alcanos Haloxenación. Pirólise. Cracking. Combustión.
Tema 5. Haloxenuros de alquilo Nomenclatura, estrutura e propiedades. Reaccións de substitución nucleófila. Factores que determinan o mecanismo da SN: substrato (estrutura do grupo alquilo e natureza do grupo saínte), nucleofilia do reactivo e influencia do disolvente. Reaccións de eliminación. Procesos competitivos da SN: Transposicións e eliminación. Compostos organometálicos. Redución dos derivados haloxenados.
Tema 6. Alcoholes Nomenclatura, estrutura e propiedades. Comportamiento ácido-base. Reaccións do enlace O-H. Reaccións do enlace C-O. Oxidación. Tioles.
Tema 7. Éteres Nomenclatura, estrutura e propiedades. Rotura de éteres. Epóxidos. Tioéteres.
Tema 8. Aminas Nomenclatura estrutura e propiedades. Reaccións ácido-base. Alquilación de aminas. Eliminación de Hofmann. Oxidación: eliminación de Cope.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A6 A9 A10 20 30 50
Seminario A1 A4 A6 A9 A10 10 25 35
Obradoiro A1 A4 A6 A9 A10 B4 B2 C1 10 30 40
Prácticas a través de TIC A6 A9 A21 B2 B4 C3 10 10 20
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos fundamentais de la materia que se facilitarán previamente aos alumnos para preparalos por conta propia antes do desenvolvemento da clase. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deben preparar as clases antes da súa impartición. Alentarase a participación dos alumnos, coa intención de que se fagan preguntas durante a lección (ou antes ou despois a través do correo electrónico).
Seminario Sesións dedicadas á resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumno. Os boletíns de problemas que se resolverán estarán dispoñibles na plataforma Moodle antes do desenvolvemento dos seminarios. Os estudantes deben traballar sobre os problemas dos boletíns antes do desenvolvemento dos seminarios.
Obradoiro Os talleres son sesións de traballo organizadas en pequenos grupos. O profesor asignará aos alumnos a preparación dalgúns problemas, que poden requirir a integración de contidos de diferentes temas. Os alumnos deben preparar e entregar solucións para os problemas que se encomendan antes do desenvolvemento dos talleres. Durante as sesións de taller os alumnos presentarán os problemas e responderán ás preguntas que xurdan.
Prácticas a través de TIC As prácticas centraranse fundamentalmente en dous aspectos: (1) a representación bi e/ou tridimensional de compostos orgánicos mediante o uso de ferramentas informáticas, dirixidas á análise e resolución de problemas de estereoquímica; (2) a determinación estrutural de compostos orgánicos baseados en RMN de protón co apoio de programas de simulación espectral.
Proba mixta Está previsto un exame final para a avaliación obxectiva do grao de asimilación e capacidade para aplicar o contido da materia polo alumno. A proba obxectiva incluirá cuestións e problemas análogos aos resoltos nas sesións de seminario e taller durante o curso, relacionados coa nomenclatura, estrutura, determinación estrutural, reactividade e síntese de compostos orgánicos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Descrición
O alumno contará coa axuda do profesor durante as titorías (ademais das actividades presenciais) para a resolución de dúbidas e preguntas que poidan xurdir durante o estudo dos contidos, na elaboración das solucións aos problemas que se expoñen nos obradoiros ou na preparación e elaboración do informe de prácticas de laboratorio. O seguimento farase persoalmente e tamén por correo electrónico.
Para estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 Levarase a cabo durante o período de exame oficial, nas datas establecidas pola Xunta de Facultade. A proba consistirá nun exercicio escrito con problemas e temas análogos aos resoltos no seminario, no taller e nas sesións prácticas. 75
Prácticas a través de TIC A6 A9 A21 B2 B4 C3 O seguimento e participación nas prácticas contribuirá cun 5% á avaliación.
Os alumnos elaborarán un informe sobre os resultados das prácticas que contribuirá con outro 5% á avaliación.
10
Obradoiro A1 A4 A6 A9 A10 B4 B2 C1 Avaliarase a calidade das solucións escritas aos problemas encomendados, que deberán entregarse de xeito previo, así como a asistencia e participación na actividade. Durante a presentación oral avaliarase o emprego da nomenclatura axeitada para os compostos e reaccións implicadas, e a claridade e concreción das explicacións e das respostas ás cuestións que se formulen. 15
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzarse a puntuación mínima na proba mixta a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación media fose igual ou maior que 5 (nese caso a cualificación na acta será de 4,5). Os alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta recibirán a cualificación de Non Presentado.

As cualificacións das prácticas a través de TIC e dos talleres manteranse na segunda oportunidade. Por tanto, na segunda oportunidade os alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial seran avaliados cos criterios expostos anteriormente.

Os estudantes con dispensa académica están exentos da asistencia aos
talleres (15% da cualificación global) e poderán ser avaliados únicamente
mediante as prácticas a través de TIC e a proba mixta, tanto na primeira como na
segunda oportunidade. Para os alumnos que se acollan a dispensa de asistencia
aos talleres, a proba mixta contribuirá ao 90% da cualificación global. A
realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para
superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da flexibilidade
que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No
caso de circunstancias excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o coordinador de QO1 podería eximir a algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas a través de TIC. O
estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e
competencias propias da materia (correspondente ao 100% da cualificación).


Fontes de información
Bibliografía básica E. QUIÑOÁ y R. RIGUERA (2004). CUESTIONES Y EJERCICIOS DE QUÍMICA ORGÁNICA (2ª ed). Madrid, McGraw-Hill
T. W. G. Solomons, C. B. Fryhle (2008). Organic Chemistry. John Wiley & Sons
K.P.C. VOLLHARDT and N.E. SCHORE (2011). Organic Chemistry 6th eddition. WH Freeman and Company
L.G. WADE, Jr. (2004). QUÍMICA ORGÁNICA (5ª ed). Madrid, Pearson Educación
K. P. C. Vollhardt, N. E. Schore (2007). Química Orgánica: estructura y función. Omega

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Orgánica 2/610G01027
Ampliación de Química Orgánica/610G01028
Experimentación en Química Orgánica/610G01029
Química Orgánica Avanzada/610G01030

Observacións
Recoméndase o seguimento dos libros de texto (Wade, 2004 e Vollhardt, 2007) como lectura previa ás clases expositivas e como fonte de información precisa dos conceptos explicados.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías