Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Orgánica 2 Código 610G01027
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Perez Sestelo, Jose
Correo electrónico
jose.perez.sestelo@udc.es
Profesorado
García Romero, Marcos Daniel
Peinador Veira, Carlos
Perez Sestelo, Jose
Correo electrónico
marcos.garcia1@udc.es
carlos.peinador@udc.es
jose.perez.sestelo@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Química Orgánica 2 é unha continuación na enseñanza da Química Organica impartida en Química Orgánica 1. Nesta materia continuase o estudio da estructura e reactividade dos compostos orgánicos clasificados por grupos funcionais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as metodoloxías se adaptan ao modo non presencial é desenvólvense na aula virtual Moodle e Teams
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesións maxistrais: terá lugar a través da plataforma Teams e serán gravadas e aloxadas en Stream. O enlace estará dispoñible en Moodle.
Seminarios: realizáranse mediante Teams e tamén serán gravados e aloxados. O uso da plataforma Moodle e BACON mantense inalterado.
Talleres: os alumnos deberán entregar os exercicios escollidos a través da plataforma Moodle. Ademais deberán presentar explicacións aos exercicios encomendados mediante Teams ou explicacións orais (se non é posible a utilización dos vídeos).
Proba mixta: realizarase a través da plataforma Moodle
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Realizarase un seguimento das actividades mediante teams, moodle e correo electrónico
4. Modificacións na avaliación
No caso da suspensión das actividades presenciales a avaliación realizarase dacordo cas seguintes porcentaxes: Prácticas de laboratorio: 15 % Seminarios: 15 % Talleres: 30 % Proba mixta: 30%

*Observacións de avaliación: Manteñense as observacións a avaliación 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Recoméndase o uso da plataforma de libros electrónicos (elibro) na que se pode acceder a diferentes libros de Química Orgánica Xeral.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Utilizar a terminoloxía en Química Orgánica incluíndo nomenclatura, convenios e unidades.  A1
Coñecer os principais tipos de reaccións orgánicas, os seus mecanismos e as suas  principais características e implicaciones estereoquímicas A1
A4
A6
A9
A10
A14
B3
C1
Coñecer a estructura, propiedades e reactividade química dos productos orgánicos A1
A4
A6
A9
A14
B3
B4
B7
C1
Levar a cabo operacións estándar de laboratorio para a preparación, separación e purificación de compostos orgánicos, manexando de forma segura materiais, reactivos e residuos A1
A17
A19
A20
A21
A23
A26
B2
B3
B4
B7
C1
Coñecer os principais métodos de preparación dos compostos orgánicos e a sua aplicación na resolución de problemas sintéticos A1
A4
A6
A9
A14
A15
A21
B2
B3
B4
C1
Aplicar as técnicas espectroscópicas y espectrométricas na determinación da estrutura dos compostos orgánicos A1
A9
A15
B2
B3
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Alquenos e alquinos. Alquenos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Hidroxenación catalítica. Reaccións de adición electrófila. Adición de haluros de hidróxeno, halogenos, auga, oximercuriación, formación de halohidrinas, hidroboración. Epoxidación e hidroxilación de alquenos. Ruptura oxidativa de alquenos. Halogenación radicalaria. Polimerización.
Alquinos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Preparación mediante acetiluros e por reaccións de eliminación. Reaccións de adición electrófila e de redución.
Tema 2. Sistemas conxugados. Sistemas alílicos: formas resonantes, estrutura electrónica e reaccións de halogenación radicalaria e substitución nucleófila. Dienos: estrutura orbitálica, reaccións de adición electrófila.
Tema 3. Benceno e aromaticidad Compostos aromáticos: nomenclatura, propiedades e estrutura electrónica: regra de Hückel. Reaccións de substitución electrófila aromática (SEAr) sobre o benceno: halogenación, nitración, sulfonación, reaccións de Friedel-Crafts. Orientación na SEAr sobre derivados do benceno. Redución de compostos aromáticos. Reaccións de substitución nucleófila aromática sobre haluros de arilo.
Tema 4. Aldehídos e cetonas. Nomenclatura, estrutura e propiedades físicas. Reaccións de adición nucleófila ao grupo carbonilo: hidratación, formación de hemiacetales, acetales, tiocetales, iminas, enaminas e cianhidrinas. Adición de reactivos organometálicos. Reacción de Wittig. Redución de compostos carbonílicos. Oxidación de aldehídos e cetonas.
Tema 5. Ácidos carboxílicos. Nomenclatura, estrutura e propiedades. Reaccións de substitución nucleófila (mediante adición nucleófila ao carbonilo seguida de eliminación). Formación de ésteres, haluros de acilo, amidas e anhídridos carboxílicos. Reacción dos ácidos cos reactivos organometálicos. Redución de ácidos carboxílicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 20 14 34
Sesión maxistral A1 A4 A6 A9 A10 A14 17 34 51
Seminario A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B7 7 21 28
Obradoiro A1 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 8 24 32
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A15 A21 B2 B3 C1 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O alumno realizará no laboratorio procedementos experimentais relacionados cos contidos teóricos das materias Química Orgánica 1 e Química Orgánica 2, que lle permitiran adquirir destrezas nas técnicas de preparación, separación, purificación e determinación estrutural dos produtos orgánicos. Durante as prácticas o alumno deberá elaborar un cuaderno de laboratorio, onde recollerá os cálculos estequiométricos, os procedementos de reacción e de elaboración, a interpretación dos datos espectrales e as respostas ás cuestións expostas nos guións.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Os guións dos contidos e/ou as presentacións atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento das leccións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a participación dos alumnos, coa intención de que se formulen preguntas ou e-mails ao profesor antes ou despois da lección.
Seminario Ao final de cada tema haberá seminarios onde se resolverán exercicios. Os exercicios a resolver estarán dispoñibles na páxina web do tema (moodle) antes do desenvolvemento dos seminarios. Os estudantes deben traballar sobre os problemas dos boletíns antes do desenvolvemento dos seminarios. Proporase a resolución dun cuestionario en Moodle e o uso da plataforma BACON.
Obradoiro Os talleres constitúen sesións de traballo organizadas en grupos reducidos, onde os alumnos exporán oralmente (con apoio gráfico na pizarra) algúns problemas dos boletíns, sobre os que deberán elaborar previamente solucións escritas que deberán entregar ao profesor antes do inicio das sesións.
Proba mixta Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro) onde os alumnos deberán resolver cuestións e problemas sobre os contidos da materia, que serán análogos aos expostos durante as sesións presenciais (seminarios, obradoiros e prácticas de laboratorio)

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
O alumno contará coa axuda do profesor para a resolución das dúbidas que se lle expoñan durante o estudo dos contidos e na elaboración do informe de laboratorio e as solucións escritas aos problemas dos obradoiros. O seguimento farase de forma presencial y también a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valoraránse as destrezas experimentais, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
15
Obradoiro A1 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 A avaliación dos talleres será continua e valorarase a calidade das exposicións orais e as solucións escritas aos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao uso da nomenclatura adecuada para grupos funcionais e mecanismos de reacción, así como á claridade e especificidade das explicacións e respostas ás preguntas suscitadas nas sesións.

20
Seminario A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B7 Valorarase a resolución dos exercicios, así como a formulación de preguntas antes ou despois do desenvolvemento das clases e seminarios. En particular, o seguimento do tema a través das plataformas moodle e BACON mediante a realización de cuestionarios.

10
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A15 A21 B2 B3 C1 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.


55
 
Observacións avaliación

1.     A
realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para
superar a materia.

2.     Para
aprobar a materia será preciso obter no conxunto das actividades evaluables
unha calificación mínima de 5 e na proba mixta unha nota mínima de 4.5.

3.     A cualificación de non presentado aplicarase os/as estudiantes que teñan participado en actividades avaliables programadas que representen menos do 20% da cualificación final.

4.     As
cualificacións das prácticas de laboratorio e dos talleres da 1ª oportunidade
manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2ª oportunidade os alumnos poderán
realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá á obtida
na proba mixta da 1ª oportunidade.

5.     Os
alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o
número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa
totalidade na 1ª oportunidade.

6.     Os
estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados mediante as
prácticas de laboratorio e a proba mixta (dispénsaselles de asistencia aos
talleres, correspondente ao 15% da cualificación global). Por tanto, na 1ª e na
2ª oportunidade, os talleres serán avaliados mediante a proba mixta, que
representará o 85% da cualificación global.


Fontes de información
Bibliografía básica L. M. Harwood (2014). Experimental Organic Chemistry. Blacwell Science
L.G. Wade, Jr (2013). Organic Chemistry. Prentice Hall
K.P.C. Vollhardt and N.E.Schore (2011). Organic Chemistry: structure and function. W H Freeman
L.G. Wade, Jr (2004). Química Orgánica. Pearson
K.P.C. Vollhardt and N.E.Schore (2007). Química Orgánica: estructura y función. Omega
M. A. Martínez Grau, A. Csákÿ (2001). Técnicas experimentales en síntesis orgánica. Síntesis

Ademais da bibliografía recomendada, a maioría dos libros de Química Orgánica xeral son útiles para seguir os contidos da materia. Recoméndase aos alumnos que descargen e impriman as presentacións de contidos dispoñibles en moodle antes de asistir ás leccións maxistrais, coa intención de que poidan tomar notas das explicacións do profesor sobre os devanditos materiais.

Bibliografía complementaria J. Clayden, N. Greeves, S. Warren (2012). Organic Chemistry. Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010
Química Orgánica 1/610G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Laboratorio de Química 2/610G01032

Materias que continúan o temario
Ampliación de Química Orgánica/610G01028
Experimentación en Química Orgánica/610G01029

Observacións
1. Para poder cursar a asignatura con aproveitamento é necesario cursar primeiro a asignatura de Química Orgánica 1 que se imparte no primeiro semestre.
2. Os contidos e as competencias a adquirir nas prácticas de laboratorio das materias Química Orgánica 2 e Laboratorio de Química atópanse estreitamente relacionadas, polo que se recomenda encarecidamente aos alumnos que deben cursalas de maneira simultánea.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías